A Fei­ra dos Car­ba­lli­ños in­clui­rá un es­pa­zo de es­pa­re­xe­men­to in­fan­til

A pou­co máis dun mes pa­ra a súa ce­le­bra­ción a or­ga­ni­za­ción xa ten ata­da a maior par­te da pro­gra­ma­ción

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - AGENDA - AMELIA FERREIROA M.S.

Co­mo ca­da se­gun­do do­min­go de maio Vi­la­tu­xe vol­ta­rá aos anos se­sen­ta pa­ra es­ce­ni­fi­car aque­las fei­ras que se ce­le­bra­ban na pa­rro­quia. Un­ha Fei­ra dos Car­ba­lli­ños, na súa séptima edi­ción que man­te­rá as li­ñas mes­tras «do que eran as fei­ras de an­tano», lem­bra o pre­si­den­te da Aso­cia­ción de Ve­ci­ños de Vi­la­tu­xe Ge­rar­do López Co­bas. Un even­to no que co­bra­rá es­pe­cial pro­ta­go­nis­mo nes­ta oca­sión a «pre­sen­za de ani­mais e a tra­ta de gan­do que era o máis ha­bi­tual nas fei­ras da­que­les anos». Os or­ga­ni­za­do­res po­rán ta­mén es­pe­cial én­fa­se na ves­ti­men­ta con­vi­dan­do a ve­ci­ños e vi­si­tan­tes «a que aco­dan ves­ti­dos de épo­ca».

Un even­to pa­ra o que se pe­cha­rán uns seis­cen­tos me­tros de es­tra­da na que se asen­ta­rán O car­ba­llo non cu­bi­lla­rá ac­to nin­gún ao ti­ra­lo o ven­to.

os máis de cen postos ex­po­si­ti­vos. «Ha­be­rá ar­te­sáns che­ga­dos den­de dis­tin­tos pun­tos de Ga­li­cia e ta­mén os no­sos pro­du­to­res lo­cais, ao igual que es­ti­ve­ron pre­sen­tes en anos an­te­rio­res». Un­ha Fei­ra dos Car­ba­lli­ños que vol­ta­rá a apos­tar po­las re­crea­cións his­tó­ri­cas, das que se fan car­go un bo pu­ña­do de ve­ci­ños da pa­rro­quia, «e mes­mo in­ten­ta­re­mos fa­cer al­go es­pe­cial co­mo ta­mén es­ta­mos a ul­ti­mar al­gun­has no­vi­da­des pa­ra es­ta vin­dei­ra edi­ción co­mo se­rá o con­tar cun es­pa­zo de es­pa­re­xe­men­to

pa­ra os ra­pa­ces pa­ra que poi­dan dis­fru­tar de va­rios ta­lle­res ao lon­go do día».

A ba­rra­ca de Ba­rri­ga Ver­de, agru­pa­cións de gai­tei­ros e pan­de­re­tei­ras e a Ban­da de Música de Vi­la­tu­xe se­rán al­gun­has das for­ma­cións que ame­ni­za­rán un­ha xor­na­da na que os vi­si­tan­tes te­rán ta­mén a po­si­bi­li­da­de de ollar un­ha am­pla mos­tra ex­po­si­ti­va de co­ches an­ti­gos da Es­cu­de­ría O To­xo así co­mo os ve­llos co­ches da fei­ra da em­pre­sa Cuí­ña que sus­ci­tan to­dos os anos o in­tere­se do pú­bli­co.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.