Al­go máis que un­ha ár­bo­re

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - DEZA-TABEIRÓS - Xo­sé Ma­ga­ri­ños

AEs­tra­da vén de que­dar sen un dos ba­luar­tes do seu par­ti­cu­lar sky li­ne, o que pro­por­cio­na­ba o mag­ni­fi­co e fer­mo­so Ce­drus li­ba­ni si­tua­do no ba­rrio do Cru­cei­ro.

Des­co­ñe­zo por com­ple­to as ra­zóns que le­va­ron aos pro­pie­ta­rios des­ta vi­da (que era acu­bi­llo dou­tra moi­ta) a to­mar a drás­ti­ca de­ci­sión de cor­ta­la; pe­ro si sei que a res­pon­sa­bi­li­da­de de pro­te­xe­la era da Ad­mi­nis­tra­ción. Nun­ca en­ten­de­rei o pou­co ape­go que se lle ten a es­te ti­po de ma­ra­bi­llas na­tu­rais, sem­pre se ven co­mo un pe­ri­go e non co­mo un­ha fon­te de ins­pi­ra­ción e so­se­go nun mun­do no que pri­man o tem­po e o be­ne­fi­cio ma­te­rial in­me­dia­to.

Ni­ño de re­cor­dos

Con es­ta ár­bo­re mar­cha­ron in­fi­ni­da­de de re­cor­dos aso­cia­dos á súa pre­sen­za, tan­to no­sos co­mo da no­sa vi­la; po­la mi­ña par­te, lem­bro o pra­cer que sen­tía ao ob­ser­va­la des­de a ca­sa dos meus avós pa­ter­nos e as his­to­rias que me con­ta­ban os meus tíos so­bre ela, en es­pe­cial a da­que­las «aguias» que che­ga­ran de lon­xe pa­ra fa­cer alí o seu ni­ño.

A súa des­apa­ri­ción aca­ba de trans­for­ma­la nun sim­ple re­cor­do pa­ra os que te­mos un­ha cer­ta ida­de e nun­ha fo­to­gra­fía pa­ra os máis no­vos que ve­ñen atrás.

O ce­dro do Cru­cei­ro re­uni­ra­se con ou­tras cou­sas im­por­tan­tes que fo­mos dei­xan­do per­der ao lon­go dos anos, co­mo a an­ti­ga igre­xa, va­rios sa­na­to­rios ou al­gun­has ca­sas es­pec­ta­cu­la­res do cas­co ur­bano... ta­mén dei­xa­re­mos que a To­rre de Gui­ma­rei si­ga o seu ca­mi­ño?

Non o sei, os es­tra­den­ses pa­re­ce­mos ca­rac­te­ri­zar­nos po­lo no­so pou­co ape­go ao «ve­llo», in­de­pen­den­te­men­te da súa va­lía.

De­rra­dei­ro desexo

Pa­ra re­ma­tar, que­ro trans­mi­tir a sen­sa­ción de de­rro­ta e frus­tra­ción que me pro­du­ce o fei­to de non ter po­di­do pro­te­xer es­ta mag­ní­fi­ca ár­bo­re aín­da sen­do Con­ce­llei­ro da cor­po­ra­ción es­tra­den­se.

O meu de­rra­dei­ro desexo pa­ra ela é que a súa ma­dei­ra non se­xa pas­to do lu­me e sir­va, po­lo me­nos, pa­ra fa­cer al­gún mo­ble que per­pe­túe o seu re­cor­do na ca­sa de al­guén que va­lo­re a im­por­tan­cia dun­ha ár­bo­re co­mo al­go máis que ma­te­ria pri­ma.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.