Un es­ca­pa­ra­te de mo­da pa­ra even­tos, a fa­vor da biop­sia lí­qui­da

O Círcu­lo de Re­creo aco­lle­rá ma­ñán un des­fi­le de ca­tro ten­das de Lalín con re­ca­da­ción a fa­vor de On­co­met

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - AGENDA - AMELIA FERREIROA R. AMADO

Co­la­bo­rar coa cam­pa­ña de mi­cro­me­ce­na­do da biop­sia lí­qui­da, im­pul­sa­da den­de On­co­met, é o ob­xec­ti­vo da ce­le­bra­ción ma­ñán a par­ti­res das 19.30 ho­ras dun des­fi­le que te­rá lu­gar no Círcu­lo de Re­creo de Lalín. Un even­to que co­rre­rá a car­go de tres ten­das da vi­la: Co­lo­rín Co­lo­ra­do, Ka­ren, C& C e El ga­to pre­su­mi­do que amo­sa­rán ao pú­bli­co «as no­vi­da­des que te­mos ca­da un de nós nos es­ta­ble­ce­men­tos pa­ra es­ta tem­pa­da e pen­san­do es­pe­cial­men­te nas vin­dei­ras ce­le­bra­cións», se­gun­do apun­tou Ka­ren Fer­nán­dez.

Un des­fi­le no que se po­de­rán ollar tra­xes de pri­mei­ra co­mu­nión, pren­das de sport e de ves­tir e non fal­ta­rán os pa­ses con ves­ti­dos cor­tos, lon­gos, de noi­va e un am­plo sur­ti­do de za­pa­tos e san­da­lias. Un des­fi­le O Lalín Are­na ta­mén aco­lleu des­fi­les so­li­da­rios.

que dá con­ti­nui­da­de á cam­pa­ña que se es­tá a le­var a ca­bo na vi­la, coa mes­ma fi­na­li­da­de, e na que co­la­bo­ran es­ta­ble­ce­men­tos so­cios da Aso­cia­ción de Em­pre­sa­rios de Deza que man­te­ñen ur­nas nas que os ci­da­dáns po­den fa­cer as súas doa­zóns pa­ra a biop­sia lí­qui­da. «Aque­les que nos quei­ran acom­pa­ñar no des­fi­le des­te do­min­go e poi­dan apor­tar un­ha axu­da se­rá ben­vi­da e aos que non poi­dan es­tar que sai­ban que as ur­nas se van man­ter uns días máis pa­ra re­co­ller do­na­ti­vos», ex­pli­ca un­ha emo­cio­na­da

Ka­ren Fer­nán­dez que lo­grou re­unir na súa ten­da ata a da­ta máis de 300 eu­ros. «Ca­da quen que fa­ga a apor­ta­ción que poi­da. O im­por­tan­te é co­la­bo­rar. Eu só te­ño pa­la­bras de agra­de­ce­men­to pa­ra os meus clien­tes e mes­mo un­ha mu­ller apor­tou 50 eu­ros, que é moi­to di­ñei­ro», ex­pli­cou.

Des­fi­le des­te do­min­go que con­ta­rá coa música en di­rec­to de Ga­lín e pa­ra o que o «Ca­fé Ca­sino se com­pro­me­teu ta­mén a ce­der pa­ra a biop­sia lí­qui­da o 10 % das ven­das de­sa xor­na­da».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.