Un­ha vo­ca­ción moi tem­pe­rá

«Pre­fe­rín cam­biar as ga­ra­ba­tas po­los ga­ra­ba­tos e con ape­nas 12 anos co­me­cei a fa­cer ur­ba­nis­mo»

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - DEZA-TABEIRÓS - CARLOS H. FER­NÁN­DEZ CO­TO

Na mi­ña fa­mi­lia sem­pre hou­bo cu­ras —co­mo en cal­que­ra fa­mi­lia que se pre­za­ra— pe­ro ta­mén mon­xas e fra­des, así gran par­te dos car­tos que vi­ñe­ron de Cu­ba fo­ron pa­rar ao pa­tri­mo­nio ecle­siás­ti­co, sen ne­ce­si­da­de de mar­car o ca­dra­di­ño da Igre­xa na de­cla­ra­ción.

Den­de o mo­men­to no que na­cín, o meu avó Enrique (sen H) em­pe­ñou­se en que ti­ña que es­tu­dar pa­ra no­ta­rio, que era moi­to máis pro­vei­to­so que a ca­rrei­ra es­pi­ri­tual e de máis pres­ti­xio so­cial, pe­ro saín­lle ra. Den­de que ti­ven uso de ra­zón le­vei­lle a con­tra­ria, por­que aqui­lo de ves­tir­se de ga­ra­ba­ta pa­ra ler pro­to­co­los sem­pre me pa­re­ceu abu­rri­do, con to­do o res­pec­to pa­ra os meus ami­gos no­ta­rios.

Sem­pre pre­fe­rín cam­biar as ga­ra­ba­tas po­los ga­ra­ba­tos e con ape­nas do­ce anos co­me­cei a fa­cer ur­ba­nis­mo: rap­tá­ba­lle á mi­ña nai aque­les ca­len­da­rios gran­des pa­ra dar­lle a vol­ta ás fo­llas, pe­ga­las con cin­ta ad­he­si­va e pin­tar plans ur­ba­nís­ti­cos —can­do aín­da non se co­ñe­cían— e lo­go re­cor­ta­ba do xor­nal as mar­cas co­mer­ciais e pe­gá­ba­llas.

O cer­ne do fu­tu­ro

Que­ro su­po­ñer que aque­la afec­ción foi o cer­ne do meu fu­tu­ro pro­fe­sio­nal, por­que can­do pre­gun­ta­ron no ins­ti­tu­to que que­ria­mos ser de maio­res eu sem­pre apun­ta­ba «en­xe­ñei­ro». Non o ti­ña moi cla­ro —ou si— por­que os que deseñan as ci­da­des non de­be­rían ser os en­xe­ñei­ros, se­nón os ar­qui­tec­tos. A reali­da­de de­mos­trou que a maior par- te dos pla­nea­men­tos es­tán asi­na­dos por en­xe­ñei­ros.

Pe­se a es­tu­dar nun cen­tro pú­bli­co, da mi­ña cla­se saí­ron per­so­na­xes co­mo o dou­tor Gar­cía Co­ta ou Juan Jo­sé Du­rán Hermida, ho­xe no cu­me. Con to­do, o meu pai acep­tou adian­tar­me un cur­so e así po­der en­trar na uni­ver­si­da­de con de­za­seis anos, o máis mo­zo da Es­co­la de Ar­qui­tec­tu­ra.

Al­ter­na­ti­va­men­te, ofre­cé­ron­me un tra­ba­llo na ban­ca, no que po­de­ría che­gar moi al­to, pe­ro re­xei­teino de plano por­que aque­les ho­mes ta­mén an­da­ban sem­pre de ga­ra­ba­ta e ese ar­te­fac­to só o uso can­do o pro­to­co­lo non per­mi­te evi­ta­lo. Ser ar­qui­tec­to —da­que­la— era ta­mén si­nó­ni­mo de pres­ti­xio so­cial e de ga­ñar moi­tos car­tos, pe­ro a mi­ña vo­ca­ción nun­ca me per­mi­tiu ali­ñar­me ao sis­te­ma, sem­pre fun a con­tra co­rren­te, fe­liz­men­te, por­que a pro­du­ción in­mo­bi­lia­ria ga­le­ga non é pa­ra pre­su­mir.

Du­ran­te a ca­rrei­ra tam­pou­co fun un alumno co­mún, xa que tra­ba­llei co­mo deseña­dor grá­fi­co —da­que­la con ro­tu­la­do­res— pa­ra le­var un­ha vi­da máis fol­ga­da, in­clu­so che­guei a ga­ñar va­rios pre­mios. Un­ha fa­mo­sa fá­bri­ca de pin­tu­ras ar­tei­xá foi a que me deu a pri­mei­ra opor­tu­ni­da­de no deseño.

Pa­ra os mo­zos de ago­ra, po­de ser un­ha pe­lí­cu­la de fic­ción sa­ber que can­do re­ma­tei a ca­rrei­ra de­ci­dín ins­ta­lar­me en Olei­ros, bus­quei un lo­cal moi co­mer­cial e un axu­dan­te, e pre­sen­tei­me ao di­rec­tor do ban­co que es­ta­ba fron­te a ese lo­cal pa­ra pe­dir­lle car­tos cun fi­nal fe­liz: pres­tá­ron­me os car­tos que pre­ci­sa­ba, sen me co­ñe­cer de na­da, sen ter pro­pie­da­des. Eran ou­tros tem­pos.

Re­cor­do á per­fec­ción que o

Fer­nán­dez Co­to di que, den­de os de­za­seis anos, non pui­do afas­tar­se máis das on­das do mar.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.