DNI

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - DEZA-TABEIRÓS - CARMELA QUEJEIRO

meu pri­mei­ro pro­xec­to foi un­ha ca­si­ña uni­fa­mi­liar en Car­ba­llo, pe­ro non de­be­ron cons­truí­la por­que non re­cor­do na­da de­la.

Sín­to­me moi or­gu­llo­so da mi­ña pro­du­ción ar­qui­tec­tó­ni­ca co­ru­ñe­sa e da pe­ga­da que na ci­da­de her­cu­li­na dei­xei. Che­guei a chan­tar un edi­fi­cio efé­me­ro no me­dio e me­dio de María Pi­ta pa­ra pro­mo­cio­nar a To­rre de Hér­cu­les co­mo pa­tri­mo­nio da hu­ma­ni­da­de.

Dez anos des­pois de me ins­ta­lar en Olei­ros de­ci­dín dar­me un des­can­so da­que­la fre­né­ti­ca vi­da bri­gan­ti­na e tras­la­dar­me á Ría de Arou­sa, con ano e me­dio sa­bá­ti­co por me­dio na illa­da vi­la ma­ri­ñei­ra de Por­to do Son.

Ca­se que de xei­to au­to­má­ti­co, pa­sei de ma­dru­gar cos be­rros das gai­vo­tas e co chei­ro a pei­xe fres­co a me ins­ta­lar na Pra­za da Quin­ta­na, no co­ra­zón do mun­do —ga­le­go—, pu­ra pe­dra e na­da Carlos Hen­ri­que Fer­nán­dez Co­to. Na­ceu na Es­tra­da en 1960. Es­tu­dou ar­qui­tec­tu­ra na Co­ru­ña e fi­xo o Mes­tra­do en Reha­bi­li­ta­ción Ar­qui­tec­tó­ni­ca. Ten, ta­mén, o tí­tu­lo de Axen­te da Pro­pie­da­de In­mo­bi­lia­ria. Den­de o 2009 di­ri­xe a Ofi­ci­na de Reha­bi­li­ta­ción de Rian­xo, pe­ro an­tes, du­ran­te dez anos, foi se­cre­ta­rio téc­ni­co do Co­le­xio Ofi­cial de Ar­qui­tec­tos de Ga­li­cia en San­tia­go, e ta­mén ar­qui­tec­to mu­ni­ci­pal na Po­bra. Co­mo ar­qui­tec­to li­bre, des­ta­can del tra­ba­llos co­mo ABN PIPE, Son­deos del Nor­te, Ca­ra­me­lo, a reha­bi­li­ta­ción do edi­fi­cio mo­der­nis­ta de San An­drés (foi La Ba­se), to­dos eles na Co­ru­ña. Ten obras en San­tia­go, Vi­go, Bar­ban­za, Me­di­na del Cam­po, Eus­ka­di e Can­ta­bria. Se­lec­cio­na­ron un pro­xec­to seu pa­ra a ter­cei­ra Bie­nal de Ve­ne­cia. De­rón­lle o pri­mei­ro pre­mio das Bur­gas de Ou­ren­se (con Xo­sé Ma­nuel Ca­sa­be­lla). Fó­ra da ac­ti­vi­da­de pro­fe­sio­nal, pre­si­de a Aso­cia­ción pa­ra a De­fen­sa do Pa­tri­mo­nio Cul­tu­ral Ga­le­go e le­va va­rias re­des so­ciais de con­cien­cia­ción so­bre o mal­tra­to da pai­sa­xe. Che­gou a pre­sen­tar­lle ao pre­si­den­te da Xun­ta «10 me­di­das pa­ra aca­bar co mal­tra­to» e di­ri­xiu un­ha ini­cia­ti­va en Chan­ge que re­ma­tou coa pe­ti­ción a Fei­joo de que de­cla­ra­sen BIC as obras de ar­te das ve­llas cai­xas de afo­rros ga­le­gas, «con éxi­to to­tal». Es­cri­be en La Voz de Car­ba­llo so­bre ur­ba­nis­mo, ar­qui­tec­tu­ra, reha­bi­li­ta­ción e de­mo­gra­fía. É un ho­me po­li­fa­cé­ti­co. Mes­mo ta­mén en bai­les de sa­lón.

de au­ga, cos can­tos das mon­xas de clau­su­ra e das gai­tas dos co­mer­cios pa­ra pe­re­gri­nos. Fo­ron ou­tros dez anos, nos que só ha­bía un­ha som­bra —ou non—: as ba­da­la­das da cam­pá da To­rre do Re­lo­xo obri­gá­ban­me a cor­tar as cha­ma­das te­le­fó­ni­cas —moi­tas ve­ces, fe­liz­men­te—.

Ac­tual­men­te, e gra­zas ao pai Goo­gle, in­ten­to or­ga­ni­zar me­dio país den­de un­ha praia chea de ar­ga­zo, ou­tra vez en­tre gai­vo­tas, ta­mén en­tre ca­sas do re­mo.

Es­tra­den­se, sem­pre

Den­de os de­za­seis anos non pui­den afas­tar­me máis das on­das do mar, da súa bri­sa, por­que ma­lia a tra­ba­llar en Com­pos­te­la, nun­ca me atre­vín a vi­vir ne­la, a con­vi­vir coa chu­via per­ma­nen­te, a non sen­tir a bri­sa ma­ri­ña. E iso que son un ti­po de in­te­rior. Es­tra­den­se, sem­pre.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.