Ma­nuel San­mar­tín So­brino

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - DEZA-TABEIRÓS - Xo­sé Lu­na

Omar­tes po­la tar­de fun vi­si­tar ao meu pre­za­do ami­go Ma­nuel San­mar­tín So­brino. Fa­cía moi­to tem­po que non nos mi­ra­ba­mos e ale­grei­me moi­to de man­ter un­ha con­ver­sa cun ho­me que sem­pre ti­ven por bo e sin­xe­lo. Dúas pe­cu­lia­ri­da­des, te­ño pa­ra min co de­co­rrer dos anos, que son as máis di­fí­ci­les de aca­dar na es­tra­da –léa­se, ca­mi­ño– da vi­da.

Es­tá fei­to un mo­zo. 92 anos ben le­va­dos, cos por­me­no­res pro­pios da ida­de pe­ro cun­ha men­te pro­di­xio­sa e cun sen­ti­do do hu­mor in­tac­to.

Fa­la­mos das cousi­ñas da vi­da. Prin­ci­pia­mos coa Es­tra­da da súa in­fan­cia. Re­pa­sa­mos os seus li­bros im­pres­cin­di­bles, to­dos eles asi­na­dos con aga­ri­mo por Nei­ra Vi­las, Rei­món­dez Por­te­la, Ote­ro Pe­draio, Alon­so Mon­te­ro, Car­los Me­lla, Da­vid Ote­ro.

Amo­sou­me moi­tas fo­to­gra­fías, da fa­mi­lia, de via­xes, de ami­gos. De­tí­vo­se nun­ha, a do «Ins­ti­tu­to de Se­gun­da En­se­ñan­za», se­gun­do as súas pa­la­bras, «o máis va­lio­so re­ga­lo que se lle po­día fa­cer á xu­ven­tu­de es­tra­den­se». Ta­mén amo­sou in­te­re­se, co­mo de­co­te fai, po­la bi­blio­te­ca que le­va o meu no­me, á que vai doar, xun­to coas súas fi­llas, un­ha mo­rea de li­bros.

Ma­no­lo emo­ció­na­se ao lem­brar aos que fo­ron os seus mes­tres sen­llei­ros, os mes­mos que axu­da­ron a dar­lle sen­ti­do e sen­si­bi­li­da­de ao no­so po­bo, An­to­nio Fra­guas, An­to­nio Lino, En­ri­que Vidal, Mos­que­ra, Luque ou Mer­ce­des Cos­ta, en­tre ou­tros.

O ca­so é que a pou­ca xen­te te­ño es­coi­ta­do fa­lar tan­to e tan ben da no­sa vi­la co­mo ao meu so­bran­cei­ro ami­go Ma­no­lo San­mar­tín So­brino. Au­tén­ti­ca me­mo­ria vi­va da Es­tra­da. To­do un ga­lano de pri­ma­ve­ra.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.