Che­ga +QTour 17, un­ha gran gala mu­si­cal e co­reo­grá­fi­ca con tin­tes de Holly­wood

O even­to, que es­tá or­ga­ni­za­do po­la Aso­cia­ción Máis­que­dan­za, se­rá ma­ñán no Sa­lón Tea­tro de La­lín

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - AGENDA - AMELIA FERREIROA MI­GUEL SOUTO

Dis­fru­tar dun­ha mo­rea de co­reo­gra­fías, froi­to do es­for­zo e de moi­tas ho­ras de en­saios, é o que lle pro­pón ao pú­bli­co o co­lec­ti­vo Máis­que­dan­za no seu +QTour 17 que arran­ca­rá ás 21 ho­ras, den­tro da pro­gra­ma­ción cul­tu­ral Ao ca­rón do Co­ci­do do Con­ce­llo de La­lín.

Un fes­ti­val que se pran­te­xa, se­gun­do a co­reó­gra­fa Mar­ta Ma­cei­ra, co­mo al­go to­tal­men­te no­vi­do­so. «É un­ha mos­tra das co­reo­gra­fías pre­pa­ra­das no cur­so pe­ro ta­mén en­fo­ca­da a fa­cer­lle ho­me­na­xe a ar­tis­tas da ta­lla de Mi­chael Jack­son, Cris­ti­na Agui­le­ra, Be­yon­cé... Pre­ten­de­mos que a xen­te se tras­la­de a un­ha gran gala de Holly­wood». Un es­pec­tácu­lo pa­ra o que os dis­tin­tos gru­pos da es­co­la pre­pa­ra­ron co­reo­gra­fías con can­cións de ar­tis­tas de fa­ma in­ter­na­cio­nal No es­pec­tácu­lo par­ti­ci­pa­rán bai­la­rins de dis­tin­tas ida­des da es­co­la.

que lo­gra­ron mis­tu­rar en úni­cos te­mas duns ca­tro mi­nu­tos de du­ra­ción ca­da un, e que in­ter­pre­ta­rán ma­ñán na que se­rá a gran pre­sen­ta­ción des­te +QTour 17. A en­tra­da pa­ra ac­ce­der ao Sa­lón Tea­tro de La­lín pa­ra pre­sen­ciar es­ta gala cus­ta­rá 1 eu­ro «que lle per­mi­ti­rá ao pú­bli­co po­der par­ti­ci­par nun gran sor­teo de pre­mios es­tu­pen­dos que fo­ron doa­dos po­lo co­mer­cio lo­cal».

Even­to que ser­ve pa­ra fa­cer un re­pa­so ao tra­ba­llo rea­li­za­do na es­co­la ao lon­go do cur­so aca­dé­mi­co 2016/2017 e no que es­tá pre­vis­to ta­mén con­tar coa par­ti­ci­pa­ción do gru­po dos máis pe­que­nos de Máis­que­dan­za, que ac­tua­ron re­cen­te­men­te no Star Dan­ce ce­le­bra­do en La­lín.

Un es­treo ma­ñán do +QTour 17 ao que lle se­gui­rán dúas ac­tua­cións máis: en Ban­dei­ra o

14 de maio e o 28 en Si­lle­da, por se­ren lo­ca­li­da­des nas que Máis­que­dan­za im­par­te ta­mén cla­ses. Pos­te­rior­men­te, e no am­plo ca­len­da­rio de ac­tua­cións no ve­rán fi­gu­ra un ano máis Dan­cer­vei­ra. «É sen dú­bi­da un fes­ti­val pa­ra dis­fru­tar ao que ire­mos e que ser­ve pa­ra pe­char o ano», ma­ti­za Ma­cei­ra. Un en­con­tro de dan­za fi­xa­do pa­ra os días 29 e 30 de xu­ño e 1 e 2 de xu­llo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.