O PRÓ­XI­MO DO­MIN­GO

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - DEZA-TABEIRÓS -

O cuar­to pano da co­lec­ción de fu­la­res que ofre­ce La Voz de Ga­li­cia po­ra­se a dis­po­si­ción dos lectores a par­tir do do­min­go ao pre­zo de 3,95 eu­ros máis o cu­pón do lom­bo do pe­rió­di­co. Tra­ta­se dun­ha co­lec­ción ex­clu­si­va e ori­xi­nal.

To­dos os anos aco­den á presentación de fin de es­tu­dos dos no­sos es­tu­dan­tes os de­par­ta­men­tos de re­cur­sos hu­ma­nos das prin­ci­pais em­pre­sas dos sec­tor. Is­to pro­cu­ra moi­ta sa­tis­fac­ción, que­re di­cir que ao sec­tor in­terésan­lle os no­vos ta­len­tos, que o seu per­co­rri­do pro­fe­sio­nal po­de­rá, en moi­tos ca­sos, co­me­zar no te­ci­do in­dus­trial do país. Pe­ro ha­be­ría que pro­cu­rar que es­te in­tere­se se per­pe­túe du­ran­te o res­to do ano. Pro­xec­tos co­ma es­te ou mais am­bi­cio­sos aín­da po­de­rían desen­vol­ver­se con fa­ci­li­da­de tra­zan­do re­des mais es­trei­tas en­tre a uni­ver­si­da­de e a in­dus­tria da mo­da en Ga­li­cia. Can­do me pre­sen­to en cen­tros in­ter­na­cio­nais to­do o mun­do me co­men­ta: «¡Cla­ro, Ga­li­cia, e que aí te­des moi­ta sor­te, te­des un sec­tor in­dus­trial de mo­da su­per po­ten­te! Así é —di­go eu— cer­to…».

Agar­do po­der me­llo­rar a res­pos­ta nun anos. Que­re­mos man­ter­nos ac­tua­li­za­dos en to­dos os as­pec­tos, xa que nun pro­gra­ma co­ma o no­so, cen­tra­do na prác­ti­ca, re­sul­ta fun­da­men­tal a re­ali­men­ta­ción por par­te da in­dus­tria. É por iso que sem­pre es­ta­mos aber­tos a ex­pe­rien­cias e co­la­bo­ra­cións di­ri­xi­das a desen­vol­ver li­ñas vin­cu­la­das á in­no­va­ción e a com­ple­men­tar a for­ma­ción.

Can­do ves re­sul­ta­dos co­mo es­ta co­lec­ción de fu­la­res, dás­te con­ta da ener­xía crea­ti­va e o afec­to po­la tra­di­ción do de­se­ño que de­po­si­ta­ron ne­la os es­tu­dan­tes. É o xei­to que te­ñen es­te gru­po de crea­do­res no­veis de tras­la­dar a emo­ción de es­tar a con­ver­ter­se en deseña­do­res, de po­der com­par­tir os re­sul­ta­dos que van aca­dan­do coa so­cie­da­de que se ten im­pli­ca­do na súa for­ma­ción. Or­gu­llo­sos de po­der amo­sar a súa mirada, o seu ta­len­to e a súa iden­ti­da­de crea­do­ra, in­ci­pien­te, pe­ro de­ci­di­da.

EDUAR­DO PÉREZ

Os pro­fe­sio­nais de Sar­ga­de­los ofre­ce­ron os seus deseños aos alum­nos da es­co­la de Pon­te­ve­dra.

«Pa­xa­ros»

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.