Isa­bel Otero ex­pli­ca el di­se­ño de mue­bles au­xi­lia­res a me­di­da pa­ra el sec­tor de la hos­te­le­ría

For­ma par­te dun gru­po de em­pren­de­do­res adi­ca­dos á ela­bo­ra­ción de mo­bles au­xi­lia­res

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - PORTADA - AME­LIA FERREIROA

É a par­te fe­mi­ni­na da em­pre­sa Ta­wi Mo­men­tos. Isa­bel Otero López, na­da en La­lín, é so­cia fun­da­do­ra da fir­ma que com­par­te con Luis Igle­sias (Lu­chi) e Jo­sé Ra­món Mon­ti­lla e na que desem­pe­ña la­bo­res de xes­tión ad­mi­nis­tra­ti­va, co­mer­cial e de com­pras. Un ne­go­cio que pro­cu­ra dar res­pos­ta a un­ha ne­ce­si­da­de que se pal­pa a co­tío: a ca­ren­cia de mo­bles au­xi­lia­res a me­di­da.

—¿Exac­ta­men­te co­mo xor­de a idea de po­ñer en mar­cha Ta­wi Mo­men­tos?

—A so­cie­da­de xor­de dun xei­to que nos co­nec­ta aos so­cios que so­mos na ac­tua­li­da­de. O de­to­nan­te da fir­ma foi pre­ci­sa­men­te can­do un de­les, que é em­pre­sa­rio do sec­tor da hos­ta­la­ría, pre­ci­sa­ba dun mo­ble au­xi­liar pa­ra un dos seus lo­cais pe­ro non ato­pa­ba no mer­ca­do exis­ten­te na­da do que pre­ten­día. Ao non dar co mo­ble que ti­ña en men­te de­ci­diu en­car­gar un e a súa pe­ti­ción foi a pa­rar a ou­tro la­li­nen­se, que é so­cio ta­mén ho­xe de Ta­wi Mo­men­tos. Un deseño ins­pi­ra­do nun­ha cai­xa de vi­ño foi o ini­cio de to­do... Lu­chi (Igle­sias) deseñou o mo­de­lo e gus­tou tan­to o re­sul­ta­do fi­nal que co­me­zou a tra­ba­llar en máis deseños e aí na­ceu a so­cie­da­de.

—¿Co­mo de­fi­ni­ría Ta­wi Mo­men­tos?

—Pois so­mos un­ha em­pre­sa es­pe­cia­li­za­da en crear at­mos­fe­ras e es­ce­no­gra­fías pa­ra es­pa­zos gour­met con mo­bi­lia­rio de deseño pro­pio. Bus­ca­mos sem­pre au­nar un­ha es­té­ti­ca moi coida­da no mo­ble e un­ha má­xi­ma fun­cio­na­li­da­de do mes­mo.

—E, ¿can­to tem­po le­van coa so­cie­da­de en fun­cio­na­men­to?

—O per­co­rri­do da em­pre­sa non é aín­da moi lon­go xa que le­va­mos en fun­cio­na­men­to me­dio ano den­de que pre­sen­ta­mos o no­so pri­mei­ro mo­ble pe­ro de­trás hai to­do un am­plo pro­ce­so de in­ves­ti­ga­ción, de deseño e de crea­ción de dis­tin­tos pro­to­ti­pos en ta­ller que su­pu­xe­ron ca­tro anos.

—Son la­li­nen­ses, ¿a súa ba­se de ope­ra­cións ta­mén é a ca­pi­tal de­zá?

—Así é. É o fei­to na­tu­ral por ser a no­sa te­rra e que nos per­mi­te apro­vei­tar­nos do gran ta­len­to lo­cal que exis­te aquí pa­ra for­mar es­te equi­po pro­fe­sio­nal, cer­cano e moi im­pli­ca­do nes­te pro­xec­to.

—¿Cal é o rol de cada un dos so­cios na fir­ma?

—Lu­chi (Igle­sias) en­cár­gar­se da par­te do deseño e de ta­ller. Jo­sé Ra­món (Mon­ti­lla) ta­mén co­la­bo­ra co deseño e le­va a par­te co­mer­cial e de már­ke­ting e eu fá­go­me car­go da par­te ad­mi­nis­tra­ti­va, co­mer­cial e de com­pras pe­ro en reali­da­de so­mos un equi­po moi com­pac­to que to­ma­mos ca­se to­das as de­ci­sións en con­xun­to e sem­pre apor­ta­mos un pou­co de cada un de nós a cada un dos pro­xec­tos que van agro­man­do.

—¿Cal é o pro­ce­so de ela­bo­ra­ción do mo­ble den­de o en­car­go ata o seu re­ma­te fi­nal?

—Nas reunións se de­ba­ten as ideas pa­ra os no­vos deseños sem­pre cun tra­ba­llo de in­ves­ti­ga­ción de mer­ca­do, de ten­den­cias -xa se­xa de mo­de­los pro­pios da co­lec­ción co­mo dal­gún en­car­go per­so­na­li­za­do pa­ra al­gún clien­te- e lo­go de che­gar a acor­dos se tras­la­da ao pa­pel e ao deseño en 3D. A par­ti­res de aí se pa­sa á elec­ción de ma­te­riais, aca­ba­dos, he­rra­xes, com­ple­men­tos e re­ma­ta­mos o pro­ce­so coa pro­duc­ción in­dus­trial.

—¿Que tipo de mo­bles saen?

—Os mo­bles de Ta­wi bus­can au­nar o deseño e a ele­gan­cia coa má­xi­ma fun­cio­na­li­da­de e ver­sa­ti­li­da­de. Son de deseño, co­néc­tan­se á re­de eléc­tri­ca, te­ñen luz, moi­ta ca­pa­ci­da­de de al­ma­ce­na­men­to, pre­pa­ra­dos pa­ra per­so­na­li­za­los se­gún as ne­ce­si­da­des do clien­te, le­van ro­das pa­ra fa­ci­li­tar o trans­por­te; xa se­xa pa­ra le­var a even­tos ou pro­mo­cións co­mo pa­ra des­fru­ta­los en di­fe­ren­tes am­bien­tes dun lo­cal.

Isa­bel Otero López, o pa­sa­do xo­ves en Pon­te­ve­dra, no co­me­zo da ro­da­xe do pro­gra­ma «Gas­tró­po­dos»

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.