«Ti­ve­mos con­tac­tos pa­ra un­ha po­si­ble dis­tri­bu­ción fó­ra de Es­pa­ña»

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - AGENDA -

Ma­te­rias pri­mas no­bles, or­gá­ni­cas, sos­ti­bles e de pri­mei­ra ca­li­da­de é o que se em­pre­ga á ho­ra de fa­bri­car os mo­bles Ta­wi, se­gun­do re­mar­ca Isa­bel Otero.

—Te­mos un­ha fi­lo­so­fía mar­ca­da de ca­li­da­de e deseño pe­ro sem­pre con­xu­ga­da coas ne­ce­si­da­des do clien­te e ta­mén do mer­ca­do.

—Fa­lan­do de mer­ca­do, ¿bus­can con­so­li­dar­se nou­tros mer­ca­dos que non se­xa o es­pa­ñol?

—De mo­men­tos es­ta­mos moi con­ten­tos coa aco­lli­da re­ci­bi­da. Com­pro­ba­mos que o tra­ba­llo pre­vio de in­ves­ti­ga­ción e deseño deu froi­tos co en­tu­sia­mo e in­tere­se que amo­san os clien­tes. No que se re­fi­re aos ni­chos de mer­ca­do, ti­ve­mos con­tac­tos pa­ra un­ha po­si­ble dis­tri­bu­ción fó­ra de Es­pa­ña e es­ta­mos moi in­tere­sa­dos no mer­ca­do de paí­ses co­mo Por­tu­gal, Italia ou Fran­cia.

—¿Que cen­tra os pe­di­dos?

—A de­man­da che­ga so­bre to­do do sec­tor pro­fe­sio­nal máis es­pe­cia­li­za­do pa­ra a ex­po­si­ción e promoción do seu pro­du­to gour­met, skow­coo­king e pa­ra pro­xec­tos in­te­grais de hos­ta­la­ría. O no­so mer­ca­do non se cin­gue ao mun­do da hos­ta­la­ría en con­cre­to ao es­tar­mos moi re­la­cion­daos cos pro­du­to­res que que­ren pro­mo­cio­nar o seu pro­du­to así co­mo coa or­ga­ni­za­ción de to­do tipo de even­tos gas­tro­nó­mi­cos e to­do o que ro­dea es­te en­torno. O mun­do da hos­ta­la­ría es­tá en au­xe e cada vez mí­ma­se máis to­do o re­la­cio­na­do coa ca­li­da­de e a es­té­ti­ca, e aí ne­sa li­ña gour­met en­tra Ta­wi coa súa es­pe­cia­li­za­ción en mo­bi­lia­rio e es­pa­zos per­so­na­li­za­dos.

—Dis­pos­tos a per­co­rrer Ga­li­cia con «Gas­tró­po­dos»...

—Aí es­ta­re­mos... Co­me­za a ro­da­xe da 3ª tem­pa­da dese pro­gra­ma da TVG e bus­ca­ban un­ha li­ña crea­ti­va pa­ra o seu set ex­te­rior da que nos fi­xe­mos car­go e nós en­can­ta­dos de co­la­bo­rar con tan ma­ra­vi­llo­so equi­po e per­co­rrer vi­las e po­bos de Ga­li­cia.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.