A vi­da vi­vi­da en le­tras, me­mo­ria e dig­ni­da­de

A de­rra­dei­ra das fi­llas de El­pi­dio Vi­lla­ver­de, es­cri­to­ra e viú­va de es­cri­tor, fi­nou en Ribadumia es­ta fin de se­ma­na aos 95 anos

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - DEZA-TABEIRÓS - SERXIO GON­ZÁ­LEZ

Ma­ri­ví Vi­lla­ver­de apa­gou­se aos pou­cos, o do­min­go, na re­si­den­cia de Ribadumia na que ha­bi­tou os úl­ti­mos anos da súa lon­ga vi­da, mar­ca­da po­lo le­van­ta­men­to fran­quis­ta e o exi­lio. Tan­to co­mo po­lo seu com­pro­mi­so e a súa pai­xón po­las le­tras, com­par­ti­dos am­bos co seu ho­me, o in­te­lec­tual si­lle­den­se Ra­món de Va­len­zue­la. Fi­lla do pri­mei­ro al­cal­de re­pu­bli­cano de Vi­la­gar­cía, El­pi­dio Vi­lla­ver­de, con ela mar­cha no só a me­mo­ria dun tem­po te­rri­ble e da frus­tra­ción his­tó­ri­ca de to­da un­ha so­cie­da­de, se­nón ta­mén a ca­pa­ci­da­de pa­ra con­ta­la e trans­mi­ti­la. Pa­ra que a des­me­mo­ria e o es­que­ce­men­to nun­ca con­de­nen a Galicia a re­pe­tir os erros do seu pa­sa­do.

Ma­ri­ví foi, en efec­to, un­ha de­ci­di­da loi­ta­do­ra po­la lem­bran­za. «Pa­ré­ce­me que o me­nos que se po­de fa­cer é lem­brar a tan­ta xen­te que foi sa­cri­fi­ca­da; é un ac­to de xus­ti­za», sos­ti­ña a es­cri­to­ra, nun­ha con­ver­sa man­ti­da, hai xa ca­tor­ce anos, no seo de La Voz de Galicia. Da­que­la, o seu li­bro Tres tem­pos e a es­pe­ran­za non se pre­sen­ta­ra for­mal­men­te en Vi­la­gar­cía, aín­da que si en Ma­drid e en San­tia­go. Tam­pou­co a fi­gu­ra do seu pai ti­ve­ra o me­re­ci­do re­co­ñe­ce­men­to que a ci­da­de lle de­bía a quen foi o seu re­xe­dor, pre­si­den­te da súa Cá­ma­ra de Co­mer­cio e depu­tado elec­to en 1936, o mes­mo ano no que a ga­da­ña afia­da dos mi­li­ta­res gol­pis­tas e as mor­tí­fe­ras for­zas re­tró­gra­das que os ali­men­ta­ban fi­xe­ron es­tou­par a gue­rra e a re­pre­sión.

«Tres tem­pos e a es­pe­ran­za»

Tres tem­pos e a es­pe­ran­za é un­ha pin­tu­ra da Vi­la­gar­cía e a Galicia dos anos trin­ta, da pro­cla­ma­ción da Re­pú­bli­ca e dos so­ños e es­pe­ran­zas que fi­xo agro­mar. Ta­mén do es­per­tar e da caí­da no pe­sa­de­lo. As me­mo­rias dun­ha mo­za obri­ga­da a pa­sar cin­co me­ses ago­cha­da xun­to a súa nai e os seus dous ir­máns, de ca­sa en ca­sa, ata con­se­gui­ren mar­char e se re­uni­ren co seu pai, quen sal­va­ra a vi­da po­los pe­los fu­xin­do a Por­tu­gal gra­zas a un bo ami­go, o con­sig­na­ta­rio Pío Ca­rras­co. «Un día, o man­do da Gar­da Ci­vil dí­xo­lle á mi­ña avoa, que era a do­na do edi­fi­cio do cuar­tel, que non sa­bía on­de es­ta­ba­mos, que non que­ría sa­be­lo, pe­ro que mar­chá­se­mos can­to an­tes, por­que non que­ría máis na­da so­bre a súa con­cien­cia». Así re­la­ta­ba Ma­ri­ví o nefasto, o du­rí- si­mo am­bien­te de mor­te e per­se­cu­ción que se aba­te­ra so­bre os vi­la­gar­ciáns na­que­les días de xu­llo de 1936. Lo­go che­ga­ría o exi­lio. Pri­mei­ro en Fran­cia, des­pois en Ar­xen­ti­na. Ta­mén, á súa ma­nei­ra, en Ma­drid, aín­da nos anos crueis da di­ta­du­ra. Por­que o seu li­bro é, ta­mén, a his­to­ria dun amor, o que se pro­fe­sa­ron Ma­ri­ví e Ra­món, co que non pui­de­ron dúas gue­rras e que le­vou á pa­re­lla a es­ta­ble­cé­ren­se na ca­pi­tal en pleno fran­quis­mo.

O re­co­ñe­ce­men­to che­gou. A ela, coa pre­sen­ta­ción da súa obra en Vi­la­gar­cía e a ho­me­na­xe que a Aso­cia­ción de Es­cri­to­ras e Es­cri­to­res en Lin­gua Ga­le­ga lle dis­pen­sou en San­tia­go. Ao seu pai, coa de­di­ca­to­ria dun­ha rúa, o paseo El­pi­dio Vi­lla­ver­de, en no­vem­bro do 2005. Os tres ir­máns, Ma­ri­ví, Ro­si­na, Fran­cis­co, vi­ron re­com­pen­sa­do, á fin, tan­to amar­gor. Nin­gún dos tres es­tá xa, pe­ro si a súa me­mo­ria, fei­ta de le­tras e un­ha ines­que­ci­ble dig­ni­da­de.

M. S.

Ma­ri­ví inau­gu­rou a rúa Ra­món de Va­len­zue­la an­te, en­tre ou­tros, Nei­ra Vi­las, Díaz Par­do e Pou­sa An­te­lo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.