Co­ne­xión na Ban­dei­ra con Si­lle­da e con per­soei­ros da cul­tu­ra ga­le­ga

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - DEZA-TABEIRÓS -

O Con­ce­llo de Si­lle­da amo­sou on­te as súas con­do­len­cias á fa­mi­lia po­lo pa­sa­men­to de Ma­ría Vic­to­ria Vi­lla­ver­de Otero, Ma­ri­ví Vi­lla­ver­de, «es­cri­to­ra, in­te­lec­tual e viú­va do si­lle­den­se Ra­món de Va­len­zue­la». Den­de o Con­ce­llo lém­bra­se a par­ti­ci­pa­ción de Ma­ri­ví en ac­tos cul­tu­rais, no mu­ni­ci­pio, en me­mo­ria do au­tor de quen ela foi «a gran con­fi­den­te e com­pa­ñei­ra, e a me­mo­ria vi­va dun­ha tra­xec­to­ria mar­ca­da ta­mén po­lo exi­lio e o amor a Galicia».

A co­ne­xión de Ma­ri­ví con Si­lle­da foi tan­xi­ble en can­to mu­ller de Ra­món de Va­len­zue­la. A súa pre­sen­za es­ti­vo pro­gra­ma­da nos ac­tos de ho­me­na­xe ao po­li­fa­cé­ti­co es­cri­tor po­lo cen­te­na­rio do seu na­ce­men­to que lle or­ga­ni­zou a aso­cia­ción Vis­ta Ale­gre da Ban­dei­ra e o Con­ce­llo. Un­ha saú­de de­li­ca­da e a dis­tan­cia con Ma­drid fi­xé­ro­na desis­tir, no 2014.

O día da gran co­ne­xión con Si­lle­da foi moi­to an­tes, no 2008. Co­ne­xión con Si­lle­da e so­bre to­do cos per­soei­ros da cul­tu­ra ga­le­ga. Os co­lec­ti­vos Ade­llís e Co­mi­sión po­la Me­mo­ria pro­mo­ve­ran adi­car­lle un­ha rúa ao ilus­tre si­lle­den­se e ela re­ti­rou a ban­dei­ra ga­le­ga da pla­ca no ac­to inau­gu­ral o 23 de xu­llo. «Ra­món me­re­cíao. Den­de moi no­vo loi­tou po­la cul­tu­ra das xen­tes ga­le­gas e a rúa ser­vi­rá pa­ra que a xen­te que non o co­ñe­ceu o lem­bre», di­xo Ma­ri­ví aquel día an­te per­soei­ros co­mo Nei­ra Vi­las, Ani­sia Miranda, Díaz Par­do ou Pou­sa An­te­lo. As súas ver­bas ser­ven igual pa­ra ela que, co­ma o seu ho­me, se­gui­rá li­ga­da a Si­lle­da por sem­pre.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.