Ru­ral Sound: apos­ta agro­cul­tu­ral en Si­lle­da bai­xo o signo da au­to­es­ti­ma

Se­te axi­ta­do­res so­cio­cul­tu­rais po­ñen en va­lor en Pon­te ini­cia­ti­vas con só o fac­tor hu­mano e os seus equi­pos

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - DEZA-TABAEIRÓS - P. V.

Ru­ral Sound é un pro­xec­to que aca­ba de na­cer e que sem­pre se­rá inaca­ba­do por­que sem­pre se vai en­ri­que­cen­do. Sur­xe hai tres me­ses so­bre a ba­se de reunións dun gru­po de ami­gos que de­ci­diu po­ñer­lle al­go de se­rie­da­de «e fa­cer cou­sas», apun­ta Juan Fra­de que re­tor­na­ra de Vi­go e ins­ta­lá­ra­se en Pon­te de Si­lle­da na ca­sa de pe­dra da súa aboa on­de asen­tou es­ta ini­cia­ti­va rompe­dora no ru­ral, re­con­ver­ten­do en es­tu­dio de gra­va­ción e es­pa­zo de crea­ción au­dio­vi­sual ha­bi­tácu­los da pro­pia ca­sa.

É un ca­mi­ño de volta ou ini­ciá­ti­co pa­ra moi­tos den­de a ci­da­de o ru­ral e per­mí­te­lles ser ac­ti­vis­tas culturais, agro­cul­tu­rais, agroe­co­ló­xi­cos culturais, que o pro­xec­to en­glo­ba to­dos es­tes va­lo­res. Arran­ca­ron cin­co e xa son se­te: Juan, Fran, Isa­bel, Ele­na, Die­go, Pau­lo e Roque. To­dos sa­ben al­go de to­do o que fan e es­pe­cial­siats en al­go, e co­bren ca­pí­tu­los téc­ni­cos e son guio­nis­tas, pro­du­to­res de es­tu­dio de gra­va­ción, pro­du­ción xe­ral do pro­xec­to, cá­ma­ra, mon­ta­do­res... che­ga­dos de Si­lle­da, de San­tia­go, de Ca­ri­ño, de Be­tan­zos, de Pon­te­ve­dra pa­ra su­mar­se a es­te so­ño.

Ese ca­pi­tal, o de ser mú­si­cos poetas, fo­tó­gra­fos, ac­to­res (Juan e ho­xe mes­mo fi­gu­ran­te en Se­rra­mou­ra e foino fai pou­co en O fi­nal do Ca­mi­ño) con in­que­dan­zas que a ci­da­de non lles per­mi­tía sa­car adian­te, e ta­mén por co­mo es­tá o mun­do da cul­tu­ra que non per­mi­te vi­vir de­la, en­ga­de Juan, xun­tou­nos nun es­pa­zo de au­to­es­ti­ma e de re­sis­ten­cia pa­ra a crea­ti­vi­da­de e pa­ra a pos­ta en va­lor de to­do o que res­pi­ran, me­dio ru­ral e crea­ti­vi­da­de li­ga­da a ese me­dio, e a súa axen­te, que que­ren po­ñer en va­lor. To­do os xun­tou ne­se es­pa­zo de pe­dra de can­te­ría con sa­las e ha­bi­tácu­los pa­ra crear e vi­vir, con só xun­tar isos va­lo­res e o ma­te­rial téc­ni­co que ti­ñan.

«To­do arran­cou hai tres me­ses en se­rio con pro­xec­tos da xen­te que es­tá na in­cia­ti­va, bus­can­do sa­car a luz o seu tra­ba­llo mu­si­cal, fa­cen­do ví­deos do seu pro­xec­to e em­pe­zan­do con Die­go que é mú­si­co». Son un co­lec­ti­vo «au- to­xes­tio­na­do, mul­ti­dis­ci­pli­nar, de ám­bi­to cul­tu­ral que tra­ta de por en va­lor to­dos los pro­xec­tos ar­tís­ti­cos que te­ñan saí­da...». Juan ex­pli­ca así que hai de­trás de Ru­ral Sound. Di que non hai po­si­bi­li­da­de de pa­gar o tra­ba­llo que se fai aquí nin o im­pac­to so­cial e cul­tu­ral que se bus­ca e «por iso fa­ce­mos tro­co, po­ñé­mos­lle un va­lor...» e ise va­lor pá­ga­se con una ac­tua­ción que xes­tio­na Ru­ral Sound e com­pen­sa a to­dos. O pro­xec­to avan­za e pro­mo­ció­na­se, o ar­tis­ta ou gru­po re­ci­be o seu vi­deo­clip e ade­mais a ac­tua­ción é un­ha pa­lan­ca de pos­ta en va­lor cul­tu­ral pa­ra Si­lle­da.

Ho­xe mes­mo fai­se reali­da­de o pri­mei­ro tro­co. Le­va a súa ma­xia Xu­lio Me­rino, as 22.00 ho­ras a A Bodeguilla, sen co­brar ca­ché, com­pen­sa­do con gra­va­ción de vi­do­clip ma­ñá en Pon­te, co­la­bo­ran­do o es­ta­ble­ce­men­to e con ac­ce­so gra­tis ó pú­bli­co. To­dos sa­tis-

De­sen­vól­ven­se des­de una ba­se de tra­ba­llo de idea so­cial, cul­tu­ral e eco­lo­xis­ta

fei­tos no seu pa­pel e fai­se can­te­ira cul­tu­ral que Juan agar­da que se ex­pan­da con máis lo­cais co­la­bo­ran­do: «que­re­mos pro­gra­mar cul­tu­ra no po­bo».

Pe­ro is­to e só un án­gu­lo do pro­xec­to Ru­ral Sound que ten un fron­te de gra­va­ción de mú­si­ca que co­ti­za nor­mal e que xa re­ci­biu en Pon­te a al­gún gru­po. A di­men­sión, que me­dra «por­que can­do nos xun­ta­mos se­guen apa­re­cen­do ideas» apun­ta a sa­car adian­te pro­xec­tos, «crear opor­tu­ni­da­des de ver­da­de pa­ra quen non po­de sa­ca­los» e ta­mén que­re por en va­lor o en­torno, fai moi­ta gra­va­ción no me­dio na­tu­ral e apun­tan a va­lo­res de pro­xec­to cul­tu­ral, so­cial e eco­lo­xis­ta. So­bor da me­sa xa es­tán pla­neán­do­se un con­cer­to pro­re­fu­xia­dos, ta­lle­res no ve­rán, dis­pa­res, de xa­bóns, per­fu­mes, hor­ta eco­ló­xi­ca au­dio­vi­suais li­ga­do a re­la­ción for­ma­ti­va cos ne­nos da es­co­la de

So­bre a me­sa xa tra­man un­ha web­se­rie e va­rios obra­doi­ros pa­ra fa­cer no ve­rán

tea­tro de Cris­ti­na Co­lla­zo... Ta­mén, co­ne­xión so­cial, in­vi­tan­do os ve­ci­ños a ac­ti­vi­da­des e has­ta tra­ba­llan nun­ha web­se­rie ne­sa li­ña de pro­gra­mar cul­tu­ra e ex­pan­di­la co­mo to­do na maior pla­ta­for­ma, en You­tu­be .

Juan ten hor­ta co­mo re­cur­so pro­pio. Pe­ro a ca­sa do Ru­ral Sound ten ta­mén «re­si­den­cias ar­tís­ti­cas». É o la­do máis in­ten­so do pro­xec­to, que per­mi­te desen­vol­ver ini­cia­ti­vas sen cus­to. Xa hai una per­soa que o fai no gru­po: «co­la­bo­ra co­mi­go na hor­ta e re­si­de e co­me na ca­sa con tem­po pa­ra desen­vol­ver o seu pro­xec­to sen preo­cu­par­se en bus­car car­tos pa­ra mer­car co­mi­da e pa­gar alu­guer, co­la­bo­ra na hor­ta e sa­ca adian­te o seu pro­xec­to», di Juan. É un­ha vía que xa fun­cio­na na ca­sa de Pon­te on­de se fai mul­ti­cul­tu­ra, si­ná­la­se o me­dio, mos­tra­se un ru­ral non ima­xi­na­do den­de as vi­las e fai­se país.

A «re­si­den­cia ar­tís­ti­ca» per­mi­te co­la­bo­rar na hor­ta pa­ra po­der co­mer e dur­mir na ca­sa

Seis dos se­te pro­mo­to­res ac­tuais, en Pon­te, con pro­ce­den­cia en di­ver­sas lo­ca­li­da­des de to­do Ga­li­cia.

Gra­va­ción dun vie­do­clip nun pra­do po­ñen­do en va­lor o me­dio na­tu­ral e un es­tu­do na ca­sa de Pon­te.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.