Gon­zá­lez Aller le­va «Ul­treia» á mos­tra co­lec­ti­va Bo Ca­mi­ño

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - AGENDA - AME­LIA FERREIROA

Igre­xa da Uni­ver­si­da­de •San­tia­go•Ar­tis­tas

ga­le­gos e por­tu­gue­ses, en­tre eles o la­li­nen­se Ni­co­lás Gon­zá­lez Aller, amo­san den­de on­te na Igre­xa da Uni­ver­si­da­de com­pos­te­lá a súa vi­sión do Ca­mi­ño de San­tia­go. Bai­xo o tí­tu­lo de «Bo Ca­mi­ño», ata o 25 de maio, pó­den­se ollar mo­ti­va­cións e per­cep­cións do Ca­mi­ño den­de dis­tin­tos en­fo­ques ar­tís­ti­cos. «O de­no­mi­na­dor co­mún da mos­tra é o ca­mi­ño e ca­da un de nós re­fle­xa a súa idea e ao mes­mo tem­po acom­pá­ñaa de literatura xa que ca­da par­ti­ci­pan­te le­vou un es­cri­to, un­ha his­to­ria ou un poe­ma re­fe­ren­te ao que ca­da un sen­tiu no ca­mi­ño», ex­pli­cou Ni­co­lás Gon­zá­lez.

O ar­tis­ta la­li­nen­se, que fi­xo o Ca­mi­ño Fran­cés, pre­sen­ta na ex­po­si­ción «Ul­treia» un ca­dro de gran­des di­men­sións «que re­fle­xa a ale­gría dos pe­re­gri­nos ao che­gar a San­tia­go. Pin­tu­ra que vai acom­pa­ña­da por un re­su­me dun­ha his­to­ria, que es­cri­bin can­do fi­xen o ca­mi­ño e que ins­pi­rou ou­tros ca­dros, que se cha­ma «A len­da de Tria­cas­te­la» que ima­xi­nei por alí bai­xan­do do Ce­brei­ro a Tria­cas­te­la». Un­ha ex­po­si­ción co­mi­sa­ria­da por Cris­ti­na Car­ba­lle­do, con obras ta­mén de Vio­le­ta Bernardo, Ál­va­ro de la Vega, Paco Pes­ta­na, Lo­mar­ti e An­tón So­bral en­tre ou­tros.

Gon­zá­lez Aller xun­to a ou­tros par­ti­ci­pan­tes na ex­po­si­ción.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.