Con­cep­ción Díaz, di­rec­to­ra de la Es­co­la In­fan­til Pon­ti­ñas, ha­bla de la de­man­da de pla­zas

O cen­tro pre­vé cu­brir as 61 ma­trí­cu­las que ofer­ta pa­ra o ano e axu­dar na con­ci­lia­ción

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - PORTADA - AME­LIA FERREIROA

A Es­co­la In­fan­til Pon­ti­ñas, de­pen­den­te do Con­sor­cio Ga­le­go de Ser­vi­zos de Igual­da­de e Be­nes­tar da Xun­ta de Ga­li­cia, ven pres­tan­do ser­vi­zo en La­lín den­de o ano 2001. Un pe­río­do no que, se­gun­do a res­pon­sa­ble do cen­tro Con­cep­ción Díaz Gin­zo, sig­ni­fi­cou un­ha evo­lu­ción cos tem­pos. —Pa­sa­mos de char­mar­nos gar­de­rías a de­no­mi­nar­nos Es­co­las In­fan­tís e fo­mos in­te­gran­do o con­cep­to de for­ma­ción per­ma­nen­te. Nes­te as­pec­to o Con­sor­cio pu­xo en mar­cha un plan de for­ma­ción a tra­vés do cal se im­par­ten cur­sos es­pe­cí­fi­cos da no­sa ma­te­ria; dis­pón de equi­pos de coor­di­na­ción que do­tan de re­cur­sos ás es­co­las co­mo son, por exem­plo, os Equi­pos de Aten­ción Edu­ca­ti­va que ve­lan po­lo co­rrec­to fun­cio­na­men­to dos cen­tros, Equi­pos de Di­na­mi­za­ción ou os NEAE. —A pi­ques de re­ma­tar un cur­so aca­dé­mi­co e coas mi­ras pos­tas xa no se­guin­te, ¿que pre­vi­sións ba­ra­llan pa­ra o vin­dei­ro?

—A pre­vi­sión pa­ra o ano que ven é cu­brir as 61 pra­zas que ofer­ta­mos no cen­tro e in­ten­tar pres­tar, co­ma sem­pre, o me­llor ser­vi­zo po­si­ble aos ne­nos e as súas fa­mi­lias pa­ra axu­dar­lles na con­ci­lia­ción da vi­da la­bo­ral, so­cial e fa­mi­liar.

—¿Ha­be­rá máis pra­zas?

—O nú­me­ro de ne­nos ten que cin­guir­se ás va­can­tes que se pro­du­zan, en fun­ción da ca­pa­ci­da­de do cen­tro, se­gun­do os per­mi­sos de ac­ti­vi­da­de.

—La­lín con­ta con dúas es­co­las per­ten­cen­tes ao Con­sor­cio pe­ro es­ta se­me­lla que re­xis­tra maior vo­lu­me de so­li­ci­tu­des, ¿é po­la pro­xi­mi­da­de ao cas­co ur­bán? —Po­si­ble­men­te se­xa un­ha ra­zón pe­ro que­ro crer que a no­sa me- to­do­lo­xía de tra­ba­llo ta­mén ani­ma ás fa­mi­lias a con­fiar­nos os pe­que­nos, así co­mo o tra­to per­so­na­li­za­do que ten­ta­mos ofre­cer. Os víncu­los de afecto que nos unen cos ne­nos po­las súas cur­tas ida­des mo­ti­van un tra­to cor­dial coas fa­mi­lias.

—¿É un­ha es­co­la con lis­ta de agar­da?

—É un­ha es­co­la cun nú­me­ro con­si­de­ra­ble de preins­crip­cións. O ha­bi­tual é que non ha­xa ca­bi­da pa­ra to­das pe­ro ofré­ce­se co­mo se­gun­da op­ción a es­co­la Po­lí­gono o cal re­du­ce con­si­de­ra­ble­men­te a lis­ta de agar­da. —¿Que ba­re­ma­ción se se­gue á ho­ra de ma­tri­cu­lar aos ca­ti­vos? —O que máis pun­túa é o tra­ba­llo dos pro­xe­ni­to­res: 7 pun­tos pa­ra ca­da un, o ser de­man­dan­te de em­pre­go ta­mén con­ta, os in­gre­sos fa­mi­lia­res, nú­me­ro de mem­bros da uni­da­de fa­mi­liar e al­gun­has con­di­cións par­ti­cu­la­res co­mo fa­mi­lia nu­me­ro­sa, mo­no­pa­ren­tal...

—E os pais que se que­dan sen un­ha pra­za, ¿que op­cións lles res­tan?

—La­lín con­ta con ou­tra es­co­la in­fan­til de­pen­den­te do Con­sor­cio Ga­le­go de Ser­vi­zos de Igual­da­de e Be­nes­tar: La­lín-Po­lí­gono, que ofer­ta 74 pra­zas máis. Non obs­tan­te os pais que non ob­te­ñan pra­za pa­ra os seus fi­llos nun­ha das dúas es­co­las sem­pre po­den aco­ller­se ás axu­das que fa­ci­li­ta a Con­se­lle­ría de Política So­cial da Xun­ta co­mo é, por exem­plo, o bono-con­ci­lia que fa­ci­li­ta o ac­ce­so a un cen­tro de ini­cia­ti­va so­cial ou pri­va­do.

—¿Te­ñen ca­ti­vos de dis­tin­tas na­cio­na­li­da­des?

—No pre­sen­te cur­so úni­ca­men­te fan uso va­rias fa­mi­lias de na­cio­na­li­da­de ar­xe­li­na e ma­rro­quí, con­cre­ta­men­te cin­co.

—¿Cal é a fran­xa de ida­de que máis abon­da?

—De ca­ra ao cur­so que ven, que é o pro­ce­so de preins­crip­ción no que es­ta­mos tra­ba­llan­do, au­men­ta­ron as so­li­ci­tu­des dos ne­nos da au­la de 1-2 anos, na­dos en 2016, con moi­ta di­fe­ren­za res­pec­to dou­tros cur­sos. As pro­pias fa­mi­lias co­men­tan que foi un ano de moi­ta na­ta­li­da­de, que mes­mo o ob­ser­van nas con­sul­tas dos pe­dia­tras. Con­cep­ción Díaz ini­ciou o seu per­co­rri­do pro­fe­sio­nal ao re­ma­tar os seus es­tu­dos de ma­xis­te­rio nun­ha es­co­la in­fan­til pri­va­da, un­ha das pri­mei­ras que se pu­xo en mar­cha na vi­la, e dez anos des­pois for­mou par­te dun pro­xec­to pre­sen­ta­do ao con­ce­llo pa­ra a con­ce­sión da Es­co­la In­fan­til Mu­ni­ci­pal. Ga­ñou o con­cur­so e es­ti­vo na mes­ma ata que se trans­fe­riu ao Con­sor­cio. —Foi un­ha ini­cia­ti­va que veu a luz nun­ha épo­ca na que non se es­ca­ti­ma­ba en re­cur­sos e que a súa pos­ta en mar­cha era pou­co me­nos que im­pres­cin­di­ble pa­ra que a eta­pa de 0 a 3 anos, tan­to tempo ig­no­ra­da, ti­ve­ra a con­si­de­ra­ción que me­re­ce. —¿Co­mo son as instalacións? —A es­co­la con­ta con 4 uni­da­des aber­tas: un­ha de 0-1 anos (ra­tio de 8 ne­nos), un­ha de 1-2 anos (ra­tio de 13) e dúas de 2-3 anos cun ra­tio de 20 ca­ti­vos ca­da un­ha. A ocu­pa­ción ac­tual­men­te es­tá com­ple­ta, co­ma to­dos os anos. As no­sas au­las per­ma­ne­cen aber­tas ás fa­mi­lias e ca­da pai po­de ac­ce­der a elas pa­ra en­tre­gar ou re­co­ller as crian­zas e des­te xei­to po­de ob­ser­var o que­fa­cer dia­rio do pe­queno, man­ter a co­mu­ni­ca­ción ver­bal coas edu­ca­do­ras tan ne­ce­sa­rias nes­tas pri­mei­ras ida­des, e fa­vo­re­cer un am­bien­te de ache­ga­men­to en­tre os dous mun­dos: que son fa­mi­lia e es­co­la. —¿Que ac­ti­vi­da­des rea­li­zan? —Pran­te­xa­mos un pro­xec­to ba­sea­do no cons­truc­ti­vis­mo. Que­re­mos que as crian­zas apren­dan fa­cen­do e pro­po­ñe­mos obra­doi­ros que fo­men­ten a ob­ser­va­ción e a ex­pe­ri­men­ta­ción. Os ne­nos son os pro­ta­go­nis­tas do pro­ce­so e os adul­tos exer­ce­mos de pro­cu­ra­do­res de ex­pe­rien­cias.

—E, ¿co­mo se­rá o ve­rán?

—En xu­llo son pou­cas as fa­mi­lias que pres­cin­den do ser­vi­zo, que sí pe­cha en agos­to, mo­ti­vo po­lo que tra­ba­lla­mos igual pe­ro con máis ac­ti­vi­da­de ao ai­re li­bre.

«Te­mos instalacións aber­tas pa­ra que se poi­da ob­ser­var o que­fa­cer do neno»

M. S.

Pa­ra Con­cep­ción Díaz Guin­zo é fun­da­men­tal que fa­mi­lia e es­co­la cons­trúan un pro­xec­to con­xun­to.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.