A úl­ti­ma te­llei­ra de Ago­la­da e o seu fu­tu­ro

Que­da en pé a edi­fi­ca­ción ca­se com­ple­ta, de dúas cons­truc­cións ado­sa­das, ao ca­rón dun re­ga­to de au­ga

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - DEZA-TABEIRÓS - DA­NIEL GON­ZÁ­LEZ ALÉN

Lo­go de que o ami­go Xosé Ramón Blan­co Sal­ga­do de­ra avi­so da lo­ca­li­za­ción das an­ti­gas te­llei­ras que fun­cio­na­ron dei­ca me­dia­dos do sécu­lo pa­sa­do na pa­rro­quia de Agra (Ago­la­da), re­qui­ri­mos a súa axu­da pa­ra co­ñe­cer a úni­ca que que­da en pé da de­ce­na que nou­tro tempo exis­ti­ron nes­ta pa­rro­quia da ri­bei­ra ullán e que ben me­re­cía que os pro­pie­ta­rios, o Con­ce­llo e mes­mo Pa­tri­mo­nio pro­cu­ra­ran a súa res­tau­ra­ción ou can­do me­nos a úa con­ser­va­ción, co­ma un­ha mos­tra des­ta im­por­tan­te in­dus­tria ar­te­sa­nal e que ago­ra o pa­so do tempo e o aban­dono, fan que es­tas cons­tru­cións de in­du­bi­da­ble va­lor et­no­grá­fi­co stean en pe­ri­go de de­sa­pa­re­cer pa­ra sem­pre.

Aín­da es­tá por fa­cer un es­tu­dio das te­llei­ras fa­mi­lia­res que exis­ti­ron en De­za, pe­ro pui­de­ron che­gar a me­dio cen­to que irían des­apa­re­cen­do na me­di­da en que se ían am­plian­do ou crean­do ou­tras xa co­ma «ce­rá­mi­cas» de ti­po in­dus­trial das que fo­ron exem­plo as do To­xo e Se­llo en La­lín. Da­que­las an­ti­gas te­llei­ras de­zás adi­ca­das a fa­bri­ca­ción da te­lla tí­pi­ca e nal­gúns ca­sos ta­mén ao la­dri­llo, só que­dan al­gun­has mos­tras co­ma a que nos ocu­pa, a lem­bran­za dos mais ve­llos ou a to­po­ni­mia, xa que na maio­ría dos ca­sos a pe­dra, o so­lar que ocu­pa­ban e as edi­fi­ca­cións das te­llei­ras fo­ron de­di­ca­das a ou­tras fi­na­li­da­des. Na pa­ra­xe de As Te­llei­ras, en­tre as fra­gas e as pra­de­rías de Agra, ao ca­rón dun ve­llo ca­mi­ño de arriei­ros e un re­guei­ro que de­co­rre ca­ra o Ulla, per­du­ra o to­pó­ni­mo que tes­te­mu­ña a exis­ten­cia des­tas pe­que­nas ex­plo­ta­cións fa­mi­lia­res que nou­tro tempo for­ne­cían aos ve­ci­nos dos con­tor­nos da es­ti­ma­da te­lla cur­va do país que den­de sécu­los atrás foi subs­ti­tuín­do as lou­sas de pe­dra e o col­mo dos te­lla­dos de De­za.

Aquí que­da a mer­ce­de da ruí­na úl­ti­ma te­llei­ra da zo­na e qui­zais un­ha das úl­ti­mas da co­mar­ca de­zá. Da co­ñe­ci­da co­ma Te­llei­ra do Be­rre­do de Arri­ba ao ca­rón do re­ga­to lo­cal do que se abas­te­cía da au­ga pre­ci­sa que­da en pé a edi­fi­ca­ción ca­se com­ple­ta for­ma­da por dúas cons­tru­cións adou­sa­das de se­me­llan­tes di­men­sións que ocu­pan con­xun­ta­men­te uns 40 me­tros ca­dra­dos de su­per­fi­cie. Das dúas a mais in­tere­san­te e a si­tua­da mais ao Les­te des­ti­na­da a forno de uns 4x3 me­tros de plan­ta por uns 3,5 de al­tu­ra, un de­les por de­bai­xo do te­rreo cir­cun­dan­te on­de se me­tía a le­ña pa­ra quen­tar o forno que ti­ña os res­pi­ros, a ras de chan a xei­to de gre­lla, to­do el con ca­cho­tes de xis­to e só os mar­cos e lin­teis das das dúas por­tas con que con­ta son de can­te­ría aín­da que na su­pe­rior fal­tan la­bras.

A ou­tra cons­tru­ción se­me­llan­te a ci­ta­da, ten uns 4 x 4 me­tros de plan­ta e 2,5 me­tros de al­tu­ra ta­mén é de ca­cho­te­ría e ma­dei­ra no mar­co da por­ta e nas tra­bes e con­ser­va o te­lla­do a dúas au­gas fei­to con te­llas fa­bri­ca­das na pro­pia te­llei­ra. De­beu ser usa­da co­ma al­ma­cén e acu­bi­llo dos tra­ba­lla­do­res can­do era pre­ci­so xa que boa par­te do la­bor rea­li­zá­ba­se ao ai­re li­bre apro­vei­tan­do os me­ses de mais ca­lor do ano.

O ba­rro pa­ra es­ta ex­plo­ta­ción ob­tí­ñano fa­cen­do ga­bias su­per­fi­ciais nas te­rras de­rre­dor da te­llei­ra. Mes­tu­ra­do coa au­ga do re­ga­to fa­cía­se a ma­sa que re­qui­ría no­ta­ble es­for­zo e a axu­da dun­ha bes­ta ou un­ha xu­ga­da olo xe­ral. En­tre os apei­ros que se pre­ci­sa­ban es­ta­ban o bi­dón, o ban­co, a pe­nei­ra, a gra­de, o ce­pi­llo e a for­ma. Lo­go de pre­pa­ra­das e xa coa for­ma as te­llas dei­xá­ban­se se­car e lo­go aco­mo­dá­ban­se no forno en rin­glei­ras. «É a ho­ra de que es­te pa­tri­mo­nio et­no­grá­fi­co non fi­que no es­que­ce­men­to e se re­cu­pe­ren as cons­tru­cións me­dian­te un plan de re­cu­pe­ra­ción ar­queo­ló­xi­ca co­mo se fi­xo cos pen­de­llos. Ben dun xei­to pú­bli­co ad­qui­rín­doos ou me­dian­te axu­das aos seus pro­pie­ta­rios», co­men­tou o no­so guía e ami­go Xosé Ramón Blan­co, sem­pre in­tere­sa­do po­lo pro­gre­so des­te mu­ni­ci­pio do que foi con­ce­llei­ro tem­pos atrás, e a on­de ha­be­mos vol­tar axi­ña pa­ra ollar o con­xun­to me­ga­lí­ti­co do Mon­te das Má­moas agar­dan­do con­tar no­va­men­te coa par­ti­ci­pa­ron dos no­sos ami­gos e co­la­bo­ra­do­res Án­gel Utre­ra, Ma­nuel Re­guei­ro e Pa­co López Cui­ña.

DA­NIEL GON­ZÁ­LEZ ALÉN

Da de­ce­na de te­llei­ras de Agra só que­da un­ha en pé, a do Be­rre­do.

D. G. A.

Bai­xo o ni­vel do chan car­gá­ba­se a le­ña pa­ra quen­tar o forno.

D. G. A.

As te­llas de Agra fo­ron moi es­ti­ma­das nos con­tor­nos.

GA­LI­CIA DE 1962 HIS­TO­RIA DE

La­bo­res da te­lla e forno.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.