«A in­mer­sión en San­tia­go foi to­tal por­que che­guei no fa­mo­so ano 68»

Apai­xo­ná­ba­na tan­to as Ma­te­má­ti­cas co­mo a Fi­lo­lo­xía, e ca­se o bo­tou a ca­ra ou cruz

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - AGENDA - ELI­SA ÁL­VA­REZ

Mer­ce­des Brea é es­tra­den­se. Na­ceu e vi­ve alí, pe­ro o seu día a día trans­co­rre en San­tia­go des­de que ten 14 anos. Por­que da­que­la no seu mu­ni­ci­pio so ha­bía ba­cha­re­la­to ele­men­tal, po­lo que ti­vo que vir a Com­pos­te­la, on­de es­tu­dou no co­le­xio San Pe­la­yo. Sem­pre foi un­ha alum­na mo­dé­li­ca, aín­da que ri can­do o ad­mi­te, «por­que to­do de­pen­de do que se en­ten­da por boa es­tu­dan­te, pe­ro sem­pre ti­ven boas no­tas». E aín­da que pa­re­za cu­rio­so, a Mer­ce­des tan­to lle gus­ta­ban as le­tras co­mo as cien­cias. En con­cre­to, as Ma­te­má­ti­cas e a Fí­si­ca e Quí­mi­ca, «apai­xo­ná­ban­me tan­to co­mo as le­tras, po­lo que po­de­ría ter­me de­di­ca­do a cal­que­ra ou­tra cou­sa». Ca­se o bo­tou a ca­ra e cruz can­do che­gou a ho­ra de ma­tri­cu­lar­se en quin­to de ba­cha­re­la­to, pe­ro ao fi­nal o mun­do aca­dé­mi­co ga­ñou un­ha fi­ló­lo­ga de ex­cep­ción.

Aín­da que des­de os 14 es­ti­vo es­tu­dan­do en San­tia­go, non foi ata a uni­ver­si­da­de can­do che­gou a súa in­mer­sión na ci­da­de, «e foi un­ha in­mer­sión ple­na e to­tal por­que che­guei no fa­mo­so ano 68, e aquí em­pe­zou an­tes a pri­ma­ve­ra do 68 que en Pa­rís». Da­que­la non vi­vía as mo­bi­li­za­ción es­tu­dan­tís cun­ha in­que­dan­za po­lí­ti­ca, se­nón máis ben co­mo pro­tes­tas aca­dé­mi­cas. «Non ti­ña for­ma­ción po­lí­ti­ca por­que na mi­ña ca­sa nun­ca se fa­la­ra de­la, non por me­do co­mo se di­cía an­tes na épo­ca fran­quis­ta, pe­ro o cer­to é que nin­guén da mi­ña fa­mi­lia vi­vi­ra a Gue­rra Ci­vil, e pa­ra nós non era un­ha preo­cu­pa­ción co­tiá», con­ta.

A súa fa­cul­ta­de es­ta­ba na ac­tual se­de de Xeo­gra­fía e His­to­ria, on­de ta­mén se si­tua­ba o Rei­to­ra­do, po­lo que os pe­ches e as ma­ni­fes­ta­cións eran cons­tan­tes. Non dei­xou de ser nun­ca un­ha moi boa es­tu­dan­te, e ti­vo, re­co­ñe­ce, do­cen­tes de pri­mei­ro ni­vel, «ti­ven pro­fe­so­res ma­ra­bi­llo­sos que me mar­ca­ron, e ca­da un de­les dei­xou un­ha pe­ga­da de dis­tin­to ti­po». Es­ta­ba Ma­nuel Díaz y Díaz, Ra­món Ote­ro Núñez, Se­ra­fín Mo­ra­le­jo, Do­lo­res Gó­mez Mo­lle­do, Ma­nuel Lucas Ál­va­rez, Cons­tan­tino Gar­cía, Guillermo Rojo, Antón Santamarina...

Ao fi­nal a súa per­ma­nen­cia na fa­cul­ta­de foi al­go na­tu­ral. So­li­ci­tou un­ha bol­sa de in­ves­ti­ga­ción e un ano des­pois co­me­zou a dar cla­se cun en­car­go dun cur­so de la­tín, e ou­tro de lin­gua ita­lia­na. Ao prin­ci­pio os sa­la­rios eran moi bai­xos, pe­ro ad­mi­te que fo­ron anos nos que a uni­ver­si­da­de me­drou e po­lo tan­to pre­ci­sa­ba pro­fe­so­res, po­lo que foi un­ha épo­ca na que os re­cén li­cen­cia­dos ti­ve­ron No­me. Ma­ría de las Mer­ce­des Brea López na­ceu na Es­tra­da en 1950.

Pro­fe­sión. Ca­te­drá­ti­ca de Fi­lo­lo­xía Románica.

Rin­cón eli­xi­do. Santa Ma­ría de Sar «un­ha das igre­xas que máis me gus­tan de San­tia­go e na que en pre me cha­ma­ron tre­men­da­men­te a aten­ción eses con­tra­for­tes».

moi­tas opor­tu­ni­da­des, «fí­xa­te que da mi­ña pro­mo­ción na fa­cul­ta­de que­dan aín­da dous ca­te­drá­ti­cos de ga­le­go, un­ha de ita­liano, un de teo­ría da li­te­ra­tu­ra e máis eu», ex­pli­ca.

Sa­cou a cá­te­dra na Uni­ver­si­da­de de Gra­na­da, aín­da que non che­gou a exer­cer alí a do­cen­cia. Pri­mei­ro pe­diu un­ha co­mi­sión de ser­vi­zo, e dous anos des­pois ac­ce­deu a un­ha das pri­mei­ras cá­te­dras con­vo­ca­das po­lo sis­te­ma da no­va Lei de Re­for­ma Uni­ver­si­ta­ria (LRU).

E du­ran­te to­da a súa vi­da pro­fe­sio­nal es­ti­vo vin­cu­la­da á xes­tión, «non lem­bro nin­gún ano da mi­ña vi­da sen un­ha res­pon­sa­bi­li­da­de de xes­tión». Foi res­pon­sa­ble do ser­vi­zo de pu­bli­ca­cións da USC, do ins­ti­tu­to de idio­mas que ago­ra se cha­ma Cen­tro de Lin­guas Mo­der­nas, de­ca­na da fa­cul­ta­de, e vi­ce­rrei­to­ra de Pro­fe­so­ra­do con Car­los Pa­ja­res en­tre ou­tros car­gos. Foino can­do a USC ti­ña se­te cam­pus, «foi un­ha ex­pe­rien­cia ago­ta­do­ra por un­ha par­te, pe­ro ao mes­mo tem­po moi en­ri­que­ce­do­ra, por­que me per­mi­tiu co­ñe­cer mag­ni­fi­ca­men­te a uni­ver­si­da­de por den­tro», afir­ma.

XOÁN A. SO­LER

O in­te­rior de Sar, coas na­ves in­cli­na­das, aín­da im­pre­sio­na máis que o ex­te­rior, di Brea.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.