«A maior for­ta­le­za que ten a USC é a ca­li­da­de dos seus gru­pos de in­ves­ti­ga­ción»

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - AGENDA -

Que­dou a vi­vir na Es­tra­da por­que can­do ca­sou, o sa­la­rio so lles per­mi­ti­ría vi­vir a ela e máis o seu ho­me nas afo­ras de San­tia­go, e ade­mais no seu con­ce­llo ti­ñan to­dos os ser­vi­zos, «e es­ta­ba mia ña nai, que foi quen nos bo­tou un­ha man cos fi­llos por­que —di cla­ra­men­te— o da con­ci­lia­ción é un con­to chino». Nos anos nos que re­si­diu en Com­pos­te­la fí­xoo sem­pre en co­le­xio maio­res, no Fon­se­ca e no Ro­drí­guez Ca­dar­so, e vol­ve­ría a re­pe­tir, «por­que é un­ha zo­na es­plén­di­da e sen­tá­ban­me de ma­ra­bi­lla os pa­seos ma­ti­nais des­de o cam­pus ata a fa­cul­ta­de», di.

Des­pois de máis de 40 anos na Uni­ver­si­da­de de San­tia­go, di que nes­tes mo­men­tos a ins­ti­tu­ción pre­ci­sa un cam­bio xe­ra­cio­nal e re­afir­mar as súas for­ta­le­za , «al­gun­has re­co­ñé­cen­se bas­tan­te pe­ro ou­tras a USC né­ga­se a re­co­ñe­ce­las». Por exem­plo, a maior for­ta­le­za que ten nes­te mo­men­to «é a ca­li­da­de dos seus gru­pos de in­ves­ti­ga­ción», pe­ro men­tres os re­co­ñe­ce­men­tos se cen­tran so­bre to­do nas cien­cias de saú­de, e nos ám­bi­tos da bio­lo­xía e da fí­si­ca, pen­sa Mer­ce­des Brea que fa­cul­ta­des co­mo Ma­te­má­ti­cas ou Fi­lo­lo­xía, pro­ba­ble­men­te as dás me­llo­res da ins­ti­tu­ción, non son per­ci­bi­das co­mo tal po­la so­cie­da­de.

As me­di­das xus­tas

De Com­pos­te­la di que «ten as me­di­das xus­tas que de­be ter un­ha ci­da­de pa­ra ser ha­bi­ta­ble». Co­mo me­die­va­lis­ta que é, «San­tia­go non po­de que­dar fo­ra dos meus in­tere­ses», e des­ta­ca o tra­ba­llo fei­to no en­torno de Bo­na­val, San Pe­dro, ou mes­mo Hor­tas ou Ca­rre­tas. Non tan­to ou­tras zo­nas de fo­ra do cas­co his­tó­ri­co, que de­ron lu­gar «ao que ago­ra cha­man feís­mo en par­tes im­por­tan­tes, que nun­ha ci­da­de co­mo es­ta non de­be­rían de es­tar».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.