Mul­ta­dos no en­te­rro do no­so pai en Lalín

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - DEZA-TABEIRÓS - F. Fdez Gue­rra

Hai un tem­po o se­ñor al­cal­de reuniu­se coa ANPA dun co­le­xio la­li­nen­se e di­xo que da­ría ins­tru­cións á Po­li­cía Lo­cal pa­ra que fo­sen per­mi­si­vos co es­ta­cio­na­men­to dos vehícu­los á en­tra­da e saí­da dos ra­pa­ces. Hou­bo quen cri­ti­quou es­te te­ma por­que po­de oca­sio­nar tra­tos dis­cri­mi­na­to­rios. Pois ti­ñan ra­zón. Pa­sou­nos a min e a mi­ña fa­mi­lia fai pou­co no en­te­rro de no­so pai o que vos con­to: Pe­se a ter o per­mi­so de pa­la­bra pa­ra apar­car ex­cep­cio­nal­men­te por mor do en­te­rro eu e va­rios fa­mi­lia­res vol­ve­mos pa­ra a ca­sa cun­ha re­ce­ti­ña (te­ño os no­mes, as ma­trí­cu­las dos mul­ta­dos e ta­mén dos non mul­ta­dos).

Quen da a or­de de ser per­mi­si­vo ta­mén a retira can­do lle da a ga­na ou que cri­te­rios uti­li­za? Con quen ten que ser per­mi­si­vo a po­li­cía lo­cal e con quen non? Por que se en­ga­nou á xen­te au­to­ri­zan­do ver­bal­men­te o apar­ca­men­to? Non tar­dou en dar­se o ca­so. Lem­bra­des to­dos can­do se pu­bli­cou nas re­des so­ciais a fo­to dun co­che mal es­ta­cio­na­do dun mem­bro do go­ber­mo e a Po­li­cía Lo­cal non o mul­tou? A que xo­ga Cuí­ña?.

A lei é igual pa­ra to­dos. On­de es­tá a igual­da­de sen­do per­mi­si­vos con uns e con ou­tros non? Ten al­go que ver que se mul­ta­ra só ós que te­ñen un­ha vin­cu­la­ción ma­ni­fes­ta con x per­soa? Foi ca­sua­li­da­de? Si, des­con­fía­mos de Cuí­ña por­que el mes­mo o bus­cou ac­tuan­do co­mo ac­túa e di­cin­do o que di. Un al­cal­de non po­de fal­tar á sua pa­la­bra nin dar ins­tru­cións pa­ra ser per­mi­si­vo con uns e con ou­tros non. Ou si que po­de? Foi un erro ou un­ha men­ti­ra? Foi cul­pa dun po­lí­ti­co ou dun fun­cio­na­rio? To­dos os mul­ta­dos nes­te ca­so pí­den­me que fa­ga pú­bli­co es­tes fei­tos por­que con­si­de­ran que se ri­ron de­les des­de o Con­ce­llo.

Ac­ti­tu­de se­lec­ti­va

Es­tá cla­ro que se non lles de­rán per­mi­so de pa­la­bra non te­rían alí apar­ca­do o co­che. Ta­mén de­nun­cian que hou­bo mul­tas se­lec­ti­vas (cu­rio­sa­men­te mul­ta­ron os meus fa­mi­lia­res). E por su­pos­to, che­ga­dos a es­te punto, os afec­ta­dos ra­ti­fi­ca­re­mos es­to mes­mo que di­go dian­te de quen se­xa.

To­dos so­mos iguais. Non é gra­to ter que to­le­rar fa­vo­ri­tis­mos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.