Máis de 1.500 ne­nos da Estrada, For­ca­rei e Si­lle­da par­ti­ci­pa­rán o 16 no Correlingua

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - DEZA-TABEIRÓS -

A Estrada aco­lle­rá o mar­tes 16 un­ha no­va edi­ción do Correlingua, a carreira lú­di­ca a prol do ga­le­go or­ga­ni­za­da po­la Me­sa de Nor­ma­li­za­ción Lin­güís­ti­ca, a Aso­cia­ción So­cio-Pe­da­gó­xi­ca Ga­le­ga e CIG-En­sino en co­la­bo­ra­ción co Con­ce­llo e a Dipu­tación. Na ac­ti­vi­da­de es­tán ins­cri­tos máis de 1.500 ra­pa­ces de on­ce cen­tros de en­sino da Estrada, For­ca­rei e Si­lle­da. Da Estrada es­tá pre­vis­ta a par­ti­ci­pa­ción de to­dos os CEIP e IES pú­bli­cos do con­ce­llo. De For­ca­rei par­ti­ci­pa­rá o IES Chano Pi­ñei­ro e de Si­lle­da o ins­ti­tu­to Pin­tor Col­mei­ro.

Os par­ti­ci­pan­tes con­cen­tra­ran­se a par­ti­res das 10.30 ho­ras na Pra­za da Fei­ra. Ás 11.00 co­me­za­rá o per­co­rri­do po­las rúas do cas­co ur­bano reivin­di­can­do o uso do ga­le­go. So­bre as 12.00 a co­mi­ti­va vol­ve­rá á Pra­za da Fei­ra, on­de se le­rá o ma­ni­fes­to do Correlingua. O CEIP Villar Pa­ra­má can­ta­rá o Rap da Lin­gua e o Fi­guei­roa par­ti­ci­pa­rá cun ma­ni­fes­to mu­si­ca­do. O ac­to re­ma­ta­rá cun con­cer­to de A Ban­da do ruí­do e un­ha sol­ta de glo­bos con men­sa­xe.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.