Tra­ba­lla­dor dis­cre­to e en­tre­ga­do

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - DEZA-TABEIRÓS - Jo­sé Crespo Por­ta­voz do PP de La­lín

Que­ri­do An­drés Gran­ja, Ca­rras­qués, fú­ches­te sen ruí­do, co­mo se vai a xen­te sa­bia. Atrás dei­xas un­ha pe­ga­da que, cas túas vir­tu­des e de­fec­tos, os la­li­nen­ses che de­be­mos agra­de­cer. Vé­ñen­se­me aos mio­los mi­llei­ros de anéc­do­tas que vi­vín con­ti­go, al­gun­has de elas ben gra­cio­sas, pe­ro que non é do ca­so con­tar ago­ra. O que si é re­cu­rren­te, nos meus pen­sa­men­tos des­te días, é o sen­ti­men­to im­por­tan­te de gra­ti­tu­de que te­ño ca­ra a túa per­soa.

Can­do che­guei á al­ca­día, sen­do un ra­paz no­vo de al­dea, non co­ñe­cía moi­tas cou­sas do La­lín ur­bano, por­que a mi­ña Xu­ven­tu­de pa­sei­na no se­mi­na­rio de Lu­go. En­tre Tuno Val­dés e ti, fos­tes quen de des­as­nar­me en asun­tos re­la­cio­na­dos co cas­co ur­bano que eu des­co­ñe­cía por com­ple­to. Un co­ñe­ce­men­to da vi­la que, apar­te de ser­vir­me pa­ra a mi­ña vi­da po­lí­ti­ca, va­leu­me pa­ra sa­ber a fon­do co­mo fun­cio­na­ba o no­so po­bo. O agra­de­ce­men­to, apar­te do meu no ei­do per­soal, de­be­mos fa­cer­cho ta­mén os la­li­nen­ses po­lo teu em­pe­ño en con­se­guir cou­sas pa­ra es­te po­bo. Aí que­da a túa loi­ta por con­se­guir a Re­si­den­cia da No­sa Se­ño­ra das Do­res no cen­tro do po­bo, cun­ha ubi­ca­ción pri­vi­le­xia­da que se con­se­guiu gra­zas a in­ter­me­dia­cións co­mo a túa, que per­mi­teu que moi­tos dos seus usua­rios poi­dan es­tar per­fec­ta­men­te aten­di­dos e ao tem­po man­ter­se in­te­gra­dos no po­bo que os veu na­cer. Que­ro lem­brar ta­mén que to­dos aque­les que se ache­ga­ban a ti —xa fo­ran do ru­ral, do ur­bano ou es­ti­ve­ran na emi­gra­ción— sem­pre ob­ti­ñan un bo con­se­llo que lles da­bas ca me­llor das in­ten­cións.

La­lín que­dou or­fo

La­lín que­dou or­fo o pa­sa­do do­min­go dun­ha de­sas per­soas sen as que se­ría di­fí­cil en­ten­der a no­sa his­to­ria máis re­cen­te: po­lo que apor­ta­ches á co­mu­ni­da­de, po­lo tra­ba­llo dis­cre­to que rea­li­za­bas po­lo ben de to­dos e po­la se­re­ni­da­de e cor­dia­li­da­de coa que afron­ta­bas pro­xec­tos tan im­por­tan­tes co­mo o ci­ta­do da re­si­den­cia de La­lín.

Ami­go An­drés, es­tou se­gu­ro que ca túa mar­cha non que­da­rá no es­que­ce­men­to o le­ga­do que nos dei­xas aos la­li­nen­ses e po­lo que me­re­ces que che mos­tre­mos a no­sa gra­ti­tu­de.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.