A Fer­ven­za or­ga­ni­za a súa duo­dé­ci­ma Ru­ta das Le­tras o vin­dei­ro día 17

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - DEZA-TABEIRÓS -

A Aso­cia­ción Cul­tu­ral A Fer­ven­za de Ou­zan­de or­ga­ni­za o vin­dei­ro día 17 a duo­dé­ci­ma edi­ción da súa Ru­ta das Le­tras, coa subida á Pe­dral­ba. A ex­pe­di­ción par­ti­rá ás 9.30 ho­ras da igre­xa da pa­rro­quia es­tra­den­se, con che­ga­da ás 13.30 ho­ras des­pois de fa­cer un per­co­rri­do de 15 qui­ló­me­tros. Co­mo é ha­bi­tual nes­ta ac­ti­vi­da­de coa que fes­te­xa A Fer­ven­za o Día das Le­tras Ga­le­gas, to­dos os par­ti­ci­pan­tes se­rán aga­sa­lla­dos cun libro en ga­le­go, cor­te­sía da aso­cia­ción. A in­cor­po­ra­ción á ru­ta es­tá aber­ta a so­cios e non so­cios, e ten ca­rác­ter gra­tuí­to; só se sus­pen­de­rá se o mal tem­po fai im­po­si­ble a súa rea­li­za­ción.

O per­co­rri­do che­ga­rá aos montes do Pedroso e A Pe­dral­ba, na So­mo­za, que al­ber­gan nu­me­ro­sas es­pe­cies au­tóc­to­nas que so­bre­vi­vi­ron ás re­fo­res­ta­cións ma­si­vas de co­ní­fe­ras, es­pe­cial­men­te de pi­ñei­ros e eu­ca­lip­tos. É un­ha zo­na de es­pe­cial be­le­za po­la ve­xe­ta­cion que con­ser­va car­ba­llei­ras, bos­ques de aci­vros e ve­xe­ta­ción de cur­sos flu­viais –sal­guei­ros, ame­nei­ros–. Ta­mén pa­sa­rán os camiñantes por par­ce­las do Mon­te Ca­ba­lar, dis­fru­tan­do do ex­ce­len­te es­ta­do en que se con­ser­va, e con­tem­plan­do as man­das de ca­ba­los e va­cas en li­ber­da­de. As pa­no­rá­mi­cas per­mi­ti­rán ollar ca­ra o val do Li­ña­res e A Ro­cha; a vi­la da Estrada, o val do Ulla, Pi­co Sa­cro; e mes­mo as rías de Arou­sa e Pon­te­ve­dra, se hai boa vi­si­bi­li­da­de.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.