Pa­co Ses­to re­ele­xi­do presidente da Co­ral Po­li­fó­ni­ca de La­lín

Ás elec­cións ce­le­bra­das on­te con­co­rría un­ha úni­ca can­di­da­tu­ra que el en­ca­be­za­ba

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - AGENDA - AMELIA FERREIROA

Os 42 so­cios da Aso­cia­ción da Co­ral Po­li­fó­ni­ca de La­lín es­ta­ban cha­ma­dos on­te a ele­xir a no­va di­rec­ti­va que le­va­rá as ren­das do co­lec­ti­vo os vin­dei­ros dous anos, tal e co­mo re­zan os es­ta­tu­tos, e que non su­pu­xe­ron sor­pre­sa al­gun­ha ao pre­sen­tar­se un­ha úni­ca can­di­da­tu­ra. Lis­ta que abría Pa­co Ses­to, e que se man­tén co­mo presidente, un car­go que os­ten­ta den­de a pos­ta en mar­cha da co­ral cin­co anos atrás. Un­ha no­va di­rec­ti­va que so­fre un par de cambios res­pec­to da an­te­rior eta­pa, se­gun­do con­fir­ma­ba Ses­to. «Acom­pá­ñan­me El­ba González Ar­gi­bay, Alejandro Pi­ñei­ro, Juan Car­los Sa­co, María Six­to, San­dra Fon­de­vi­la e Pu­ri­fi­ca­ción Sánchez. Son só dous cambios res­pec­to da an­te­rior can­di­da­tu­ra coas no­vas in­cor­po­ra­cións de San­dra e Pu­ri­fi­ca­ción». No­vas di­rec­ti­vas que ve­ñen a to­mar as ca­dei­ras de Ben­xa­mín Otero e Marta Lá­za­ra. Am­bos, se­gun­do Ses­to, pe­di­ron dei­xar os seus car­gos.

«Ben­xa­mín é o di­rec­tor da co­ral e non ti­ña moi­to sen­ti­do que es­ti­ve­se na di­rec­ti­va. Asis­ti­rá ás reunións, é un­ha pe­za fun­da­men­tal da co­ral pe­ro el mes­mo ex­pre­sou o seu desexo de non per­ma­ne­cer na di­rec­ti­va. No ca­so de Marta, que asis­ti­rá a to­dos os en­saios que poi­da, por cues­tións la­bo­rais de­ci­diu dei­xar a di­rec­ti­va ao ato­par­se fó­ra e non po­de asis­tir ás reunións. Ela ta­mén foi quen pe­diu dei­xar o car­go pe­ro en ter­mos xe­rais es­ta­mos an­te un­ha di­rec­ti­va emi­nen­te­men­te con­ti­nuis­ta», in­ci­dió. Cer­to é, en­ga­diu o re­ele­xi­do presidente, que «foi un­ha má­goa que non se pre­sen­ta­ran máis can­di­da­tu­ras pe­ro es­ta é un­ha aso­cia­ción sen áni­mo de lu­cro na que nos mo­ve a afi­ción e on­de as de­ci­sións se to­man con­tan­do cos aso­cia­dos. Ten­ta­mos sem­pre que exis­ta flui­dez en­tre os di­rec­ti­vos e os so­cios». Un­has elec­cións nas que es­ta­ban cha­ma­dos a par­ti­ci­par só os so­cios da co­ral que­dan­do fó­ra os do Co­ro Luís Areán. O mo­ti­vo hai que bus­ca­lo no fei­to de que son ca­ti­vos os que in­te­gran a for­ma­ción de vo­ces bran­cas. «Xa se es­tu­da­rá máis adian­te a po­si­bi­li­da­de de que par­ti­ci­pe pe­ro se­ría a tra­vés dos ti­to­res le­gais dos 18 ne­nos do co­ro», di­xo.

Con­cer­to das Le­tras

Un tra­ba­llo de con­ti­nui­da­de é o que se­gui­rá a no­va xun­ta di­rec­ti­va que ten­ta­rá con­so­li­dar aque­les fes­ti­vais que ven ce­le­bran­do a co­ral. «En ou­tono te­re­mos tres fins de se­ma­na de con­cer­tos, ha­be­rá o fes­ti­val de abril, cur­sos de téc­ni­ca vo­gal e es­te ano imos ce­le­brar por pri­mei­ra vez un con­cer­to o 17 de maio po­lo Día das Le­tras Ga­le­gas xun­to coa Ban­da Xu­ve­nil de La­lín que se­rá na pra­za ex­te­rior do con­sis­to­rio. Lo­go o día 20 can­ta­mos co­ral e co­ro ta­mén no au­di­to­rio do Mu­seo Ca­sa do Pa­trón en Doa­de».

R. AMA­DO

A no­va di­rec­ti­va con­ti­núa pre­si­di­da por Ses­to e man­te­ra­se dous anos no car­go.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.