El la­li­nen­se Da­vid Gil Ma­to, pá­rro­co de Lán­ca­ra, ce­le­bró sus bo­das de oro sa­cer­do­ta­les

Nove cu­ras, en­tre eles o la­li­nen­se Gil Ma­to, fo­ron ho­me­na­xea­dos on­te po­los seus 50 anos de sa­cer­do­cio

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - PORTADA - AME­LIA FERREIROA

Na fes­ti­vi­da­de de San Juan de Ávila, pa­trono do cle­ro se­cu­lar, o Bis­pa­do de Lu­go ho­me­na­xeou a nove cu­ras na ce­le­bra­ción­das súas vodas de ou­ro sa­cer­do­tais; en­tre eles o la­li­nen­se Da­vid Gil Ma­to, ac­tual pá­rro­co de Lán­ca­ra.

Na­do na pa­rro­quia de San­ta Ma­ría de Sou­to­lon­go, Li­cen­cia­do en Sa­gra­da Teo­lo­xía Gil Ma­to ti­vo o seu pri­mei­ro des­tino en San Juan de Seoa­ne do Cau­rel. Co­rría o ano 1969 e da­que­las, lem- bra Da­vid Gil, «ha­bía moi­to que fa­cer nun si­tio no que só cir­cu­la­ban dous co­ches en to­do o con­ce­llo, sen ca­mi­ños, sen ser­vi­zo eléc­tri­co nin au­ga co­rren­te nas ca­sas pe­ro lem­bro con aga­ri­mo aque­les anos nos que exis­tía un­ha for­te unión e con­fian­za en­tre fa­mi­lias e sa­cer­do­te. Creo que is­to xa se per­deu». Da súa en­tra­ña­ble es­ta­día sa­cer­do­tal no Cou­rel re­me­mo­ra os dez anos que pro­mo­veu den­de a pa­rro­quia co­lo­nias in­fan­tís ás Rías Bai­xas pa­ra me­llo­rar o bo­cio dos ca­ti­vos. «Era un mal en­dé­mi­co que ha­bía alí e le­va­ba­mos un cen­to de ne­nos á praia pa­ra me­llo­rar as súas doen­zas, e ta­mén a ver o mar que era pa­ra eles to­da un­ha no­vi­da­de. Creo que ago­ra o te­ma do bo­cio es­tá erra­di­ca­do alí afor­tu­na­da­men­te». Da­vid Gil Ma­to exer­ceu ta­mén a do­cen­cia: foi ase­sor re­li­xio­so do cen­tro de EXB de Seoa- ne do Cau­rel e di­rec­tor do Ins­ti­tu­to Teo­ló­xi­co Lu­cen­se. La­bo­res de do­cen­cia das que es­tá na ac­tua­li­da­de afas­ta­do, cen­trán­do­se na pa­rro­quia de Lán­ca­ra e oi­to máis da con­tor­na ma­lia a es­tar xu­bi­la­do. «Men­tras poi­da con­ti­nua­rei aten­den­do aos meus fre­gue­ses pe­ro es­tá cla­ro que ca­da vez a po­boa­ción en ter­mos xe­rais es­tá máis en­ve­lle­ci­da e na igre­xa, ao igual que se fi­xe­ron con­cen­tra­cións en es­co­las e na sa­ni­da­de, hai que apos­tar por con­cen­trar ser­vi­zos re­li­xio­sos. Iso non sig­ni­fi­ca cas­ti­gar se­nón que é me­llo­rar e hai que crear esa con­cien­cia en­tre os fieis». Da­vid Gil Ma­to ten as súas cos­tas 50 anos de sa­cer­do­cio e de vi­ven­zas. «Fo­mos que­nes de vi­vir un mo­men­to su­ma­men­te ri­co, do pa­so do bu­rro ao avión e do can­dil á luz eléc­tri­ca. Fo­mos pro­ta­go­nis­tas de­sa evo­lu­ción».

Da­vid Gil Ma­to, á de­rei­ta da ima­xe ao fondo, co bis­po de Lu­go e com­pa­ñei­ros de or­de­na­ción sa­cer­do­tal.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.