DI­REC­TO­RA DE CUR­TA­ME­TRA­XES «A xen­te con me­nos ex­pe­rien­cia é máis fres­ca no in­ter­pre­tar»

O Sa­lón Tea­tro aco­lle ho­xe un cas­ting pa­ra ato­par aos ac­to­res pro­ta­go­nis­tas de «Un ollo de vi­dro»

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - DEZA-TABEIRÓS - AME­LIA FERREIROA

La­lín aco­lle­rá en ve­rán a ro­da­xe da cur­ta­me­tra­xe «Un ollo de vi­dro» da di­rec­to­ra Noe­la Gu­tié­rrez que es­ta­rá ho­xe na ca­pi­tal de­zá pa­ra su­per­vi­sar o cas­ting que se le­va­rá a ca­bo no Sa­lón Tea­tro, a par­ti­res das 18.30 ho­ras, do que se pre­ten­de saian os pro­ta­go­nis­tas do que se­rá o seu pró­xi­mo tra­ba­llo. Un­has pro­bas ás que es­tán con­vo­ca­das mo­zos e adul­tos, en am­bos ca­sos va­róns e moi­ta ex­pre­si­vi­da­de na mi­ra­da. —Exac­ta­men­te, ¿que está a pro­cu­rar nes­te cas­ting? —Fa­cé­mo­lo pa­ra dar cos ac­to­res pro­ta­go­nis­tas da cur­ta­me­tra­xe que te­ño en­tre masn. Es­ta­mos a pro­cu­ra dun ra­paz de en­tre 11 e 14 anos e dun ho­me que te­ña en­tre os 45 e os 60 ou 65 anos. O im­por­tan­te do per­so­na­xe, tan­to no ca­so do neno co­ma do adul­to, é que te­ñan un­ha mi­ra­da es­pe­cial e ex­pre­si­va. Hai que ter en con­ta que es­ta cur­ta­me­tra­xe non ten diá­lo­gos po­lo que é moi im­por­tan­te a pre­sen­za dos per­so­na­xes, que im­pac­ten e que ex­pre­sen moi­to sen di­cir na­da. —Fai fa­lla al­gun­ha ex­pe­rien­cia pre­via?

—Nin­gun­ha. Non fai fa­lla nin­gún ti­po de ex­pe­rien­cia po­lo que é un cas­ting pen­so que bas­tan­te aber­to. De fei­to creo que a xen­te con me­nos ex­pe­rien­cia re­sul­ta máis na­tu­ral e moi­to máis fres­ca á ho­ra de in­ter­pre­tar e, nes­te ca­so con­cre­to, ao non ha­ber diá­lo­gos mes­mo é máis fá­cil to­do. —Con­tan con xen­te que xa se anotou días atras pa­ra as pro­bas? —Te­mos un­ha lista de xen­te que vai par­ti­ci­par pe­ro ao cas­ting po­den ache­gar­se os que quei­ran, sem­pre que cum­pran os re­qui­si­tos que mar­ca­mos. Non se­rán pro­bas moi lon­gas ao non ter que ler nin in­ter­pre­tar nin­gún tex­to... —Que a le­vou a es­co­ller La­lín pa­ra gra­var?

—Ti­ña ga­nas de fa­cer al­go en La­lín que é a te­rra da mi­ña fa­mi­lia, e den­de sem­pre me gus­ta­ron moi­to a na­tu­re­za, pai­sa­xes da zo­na e co­mo se está a di­cir xa que La­lín se po­de con­ver­ter nun pla­tó na­tu­ral cheo de po­si­bi­li­da­des e de rin­cóns que axu­den a con­tar his­to­rias.

—As lo­ca­li­za­cións pa­ra esa vin- dei­ra ro­da­xe xa es­tán bus­ca­das? —Si. Gra­va­re­mos en zo­nas que non son ur­ba­nas, alon­xa­das de cal­que­ra signo de mo­der­ni­da­de. É que a cur­ta non está am­bien­ta­da nes­ta épo­ca po­lo que qui­xen fu­cir dos ca­bles de al­ta ten­sión, das ca­sas mo­der­nas... Fa­ra­se nun en­torno moi na­tu­ral e tran­qui­lo. —Cal é a ar­gu­men­ta­ción de «Un ollo de vi­dro»?

—É un­ha cur­ta­me­tra­xe que está ba­sea­da no que me ins­pi­rou a re­le­tu­ra do li­bro de Cas­te­lao. Non é pa­ra na­da un­ha adap­ta­ción do li­bro, non con­ta a mes­ma his­to­ria e tam­pou­co os per­so­na­xes son os mes­mos pe­ro si que a esen­cia do que é a mor­te pa­ra Cas­te­lao se man­ten.

—A ro­da­xe pa­ra o mes de agos­to pró­xi­mo.

—En prin­ci­pio pa­ra a pri­mei­ra se­ma­na de agos­to está pre­vis­to fa­ce­la. Se­rán dous ou tres días de ro­da­xe e di­so se en­car­ga­rá un equi­po téc­ni­co dun­ha du­cia de per­soas que nos des­pra­za­re­mos ata La­lín pa­ra gra­var. De se­gui­do vi­rá o tra­ba­llo de post­pro­duc­ción, uns dez días apro­xi­ma­da­men­te.

—Ha­be­rá es­treo en La­lín? —Cla­ro, sen dú­bi­da al­gun­ha. A cur­ta­me­tra­xe es­trea­ra­se ne­sa vi­la na que me es­tou sen­tin­do moi ben, moi apoia­da po­lo con­ce­llo pe­ro ta­mén po­las xen­tes de La­lín.

Gu­tié­rrez agra­de­ceu a axu­da de con­ce­llo e la­li­nen­ses no pro­xec­to.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.