Ana Isabel García ejer­ce de guía y mo­ni­to­ra en Cas­troDe­za, pa­ra po­ner en va­lor el pa­tri­mo­nio

O cen­tro na­ceu pa­ra di­vul­gar e po­ñer en va­lor o pa­tri­mo­nio cul­tu­ral da co­mar­ca do De­za

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - PORTADA - AME­LIA FERREIROA

Os no­sos an­te­pa­sa­dos da Ida­de de Fe­rro es­co­lle­ron o te­rri­to­rio da co­mar­ca de­zá co­mo un lu­gar óp­ti­mo pa­ra vi­vir e aquí se fo­ron es­ta­ble­cen­do en di­ver­sos asen­ta­men­tos per­ma­nen­tes e mo­nu­men­tais. É o que co­ñe­ce­mos co­mo cas­tros. Con eles xer­mo­lou un­ha or­ga­ni­za­ción no­va do te­rri­to­rio e un ou­tro xei­to de en­ten­der o mun­do que foi per­du­ran­do no tem­po dei­xan­do un­ha fon­da pe­ga­da, aín­da pou­co co­ñe­ci­da na ac­tua­li­da­de. Co ga­llo de dar a co­ñe­cer pre­ci­sa­men­te esa pe­ga­da pú­xo­se en fun­cio­na­men­to Cas­troDe­za que nos abre as por­tas á no­sa ri­ca his­to­ria da man de Ana Isabel García Do­ba­rro (La­ro-Si­lle­da) que exer­ce de mo­ni­to­ra-guía do es­pa­zo.

—¿Que é pois exac­ta­men­te Cas­troDe­za?

—É un es­pa­zo mu­seo­grá­fi­co que es­tá orien­ta­do á di­vul­ga­ción e á pos­ta en va­lor da cul­tu­ra cas­tre­xa, as súas len­das e á gas­tro­no­mía; on­de as no­vas tec­no­lo­xías da in­for­ma­ción e a co­mu­ni­ca­ción se po­ñen ao ser­vi­zo do pa­tri­mo­nio cul­tu­ral que ate­sou­ra a co­mar­ca do De­za.

—¿Que ato­pa­mos no mes­mo?

—Cas­troDe­za com­pón­se de ca­tro es­pa­zos: un que es­tá adi­ca­do aos cas­tros que exis­ten na co­mar­ca, dous es­pa­zos nos que se po­de dis­fru­tar das len­das que con­for­man o pa­tri­mo­nio in­tan­xi­ble da co­mar­ca de­zá, e un úl­ti­mo es­pa­zo que es­tá cen­tra­do na gas­tro­no­mía. Nes­te úl­ti­mo é on­de se des­co­bre que e co­mo co­mían os nos an­te­pa­sa­dos, os cas­tre­xos; ade­mais de co­ñe­cer os pro­du­tos e as fes­tas gas­tro­nó­mi­cas que te­mos na con­tor­na e on­de fa­ce­mos fin­ca­pé especial na ce­le­bra­ción da Fei­ra do Co­ci­do de La­lín, que es­tá de­cla­ra­da co­mo Fes­ta de In­tere­se Tu­tís­ti­co Na­cio­nal.

—¿Que em­pu­rrou a en­tra­da en fun­cio­na­men­to de Cas­troDe­za?

—É pre­ci­so sa­lien­tar que es­te cen­tro é un­ha ini­cia­ti­va da Depu­tación de Pon­te­ve­dra e que for­ma par­te do pro­xec­to De­poDe­za o cal pro­mo­ve un desen­vol­ve­men­to so­cio­eco­nó­mi­co equi­li­bra­do e sos­ti­ble da co­mar­ca do De­za. Cas­troDe­za tra­ba­lla de xei­to coor­di­na­do co Cen­tro de Xes­tión e de Co­ñe­ce­men­to Ar­queo­ló­xi­co (CXCA) que se ubi­ca no Pa­zo de Li­ña­res, en La­lín. Di­ga­mos que am­bos es­pa­zos fun­cio­nan co­ma un­ha ex­ten­sión do Mu­seo de Pon­te­ve­dra. De fei­to Cas­troDe­za con­xun­ta­men­te coa ac­tua­ción desen­vol­vi­da nas sa­las de ar­queo­lo­xía do Mu­seo de Pon­te­ve­dra con­for­man o de­no­mi­na­do Cen­tro Vir­tual da Cul­tu­ra Cas­tre­xa. É un cen­tro que per­mi­te ex­pe­ri­men­tar a cul­tu­ra cas­tre­xa dun xei­to di­fe­ren­te.

—¿O pú­bli­co en xe­ral po­súe co­ñe­ce­men­tos res­pec­to dos cas­tros?

—A gran maio­ría da xen­te é co­ñe­ce­do­ra da exis­ten­cia dal­gún cas­tro, pe­ro que ha­xa 107 ca­ta­lo­ga­dos na zo­na é un da­to que lles es­tra­ña moi­to. Nor­mal­men­te pen­san que hai moi­tos me­nos dos que real­men­te se man­te­ñen na ac­tua­li­da­de. Lo­go co­ñe­ce­men­to so­bre a cul­tu­ra cas­tre­xa tam­pou­co é ex­ce­si­vo.

—Aí é on­de en­tran as vi­si­tas guiadas que or­ga­ni­zan e que per­mi­te am­pliar co­ñe­ce­men­tos. ¿Aber­tas a to­do ti­po de pú­bli­co?

—Cla­ro. Son pa­ra to­do ti­po de pú­bli­co, den­de gru­pos es­co­la­res a aso­cia­cións, fa­mi­lias, pa­re­llas... As vi­si­tas guiadas sem­pre se adap­tan ás ida­des dos vi­si­tan­tes. Ló­xi­ca­men­te se se tra­ta dun vi­si­ta con ca­ti­vos hai que usar un­ha lin­gua­xe máis sin­xe­la e non sa­tu­ra­los de con­ti­dos. O ob­xec­ti­vo é es­ti­mu­lar a súa ima­xi­na­ción e cu­rio­si­da­de pa­ra que des­cu­bran co­mo era o mo­do de vi­da dos no­sos an­te­pa­sa­dos hai mi­les de anos. As vi­si­tas guiadas po­den com­ple­tar­se lo­go cunha se­rie de obra­doi­ros que se ofer­tan den­de Cas­troDe­za, que por su­pos­to se adap­tan ta­mén per­fec­ta­men­te ás ida­des dos par­ti­ci­pan­tes na ac­ti­vi­da­de.

Ana Isabel García Do­ba­rro, nas ins­ta­la­cións de Cas­troDe­za on­de se le­van a ca­bo as vi­si­tas. Mi­guel Souto

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.