Ima­xi­nar a edu­ca­ción. 50 anos con Fra­to: un­ha ex­po­si­ción pa­ra xo­gar, di­ver­tir­se e ex­pe­ri­men­tar

A Depu­tación de Pon­te­ve­dra or­ga­ni­za un­ha mos­tra cun in­tere­san­te per­co­rri­do po­las vi­ñe­tas do pe­da­go­go Fran­ces­co To­nuc­ci que in­vi­ta aos adul­tos a re­fle­xio­nar so­bre co­mo de­ben ser a edu­ca­ción e as ci­da­des

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - DEZA-TABEIRÓS -

Fo­men­tar a au­to­no­mía dos pe­que­nos e pe­que­nas. Esa é a fi­lo­so­fía da ex­po­si­ción ‘Ima­xi­nar a Edu­ca­ción.50 anos con Fra­to’ que a Depu­tación de Pon­te­ve­dra, a tra­vés do de­par­ta­men­to de Mo­bi­li­da­de, man­tén aber­ta no Pa­zo da Cul­tu­ra de Pon­te­ve­dra ata o 11 de xu­ño. A mos­tra fai un per­co­rri­do po­las vi­ñe­tas máis re­pre­sen­ta­ti­vas do pe­da­go­go ita­liano Fran­ces­co To­nuc­ci. Pe­ro non só é un­ha ex­po­si­ción ao uso, se­nón que ta­mén é un gran­de es­pa­zo de xo­gos pa­ra que os máis pe­que­nos da ca­sa desen­vol­van a súa au­to­no­mía, in­te­li­xen­cia e crea­ti­vi­da­de, a súa ca­pa­ci­da­de pa­ra apren­der e cons­truír. Trá­ta­se de que ra­pa­ces e ra­pa­zas desen­vol­van as súas ha­bi­li­da­des e de que ta­mén co­ñe­zan o con­cep­to de To­nuc­ci da ‘ci­da­de dos ne­nos’: que os es­pa­zos pú­bli­cos das ci­da­des de­ben desen­vol­ver­se da­cor­do coas ne­ce­si­da­des dos máis pe­que­nos co­mo pa­rá­me­tro pa­ra o res­to da ci­da­da­nía. Es­ta idea, se­gun­do o in­ves­ti­ga­dor, cóm­pre­se en Pon­te­ve­dra, ci­da­de que con­si­de­ra o exem­plo a se­guir po­lo res­to de vi­las do mun­do. Os vi­si­tan­tes da ex­po­si­ción po­de­rán apro­vei­tar dez es­pa­zos di­fe­ren­cia­dos que ani­man á in­ter­ac­ción e a pa­sar un tem­po de en­tre­te­men­to e re­fle­xión.

◗1. AS VI­ÑE­TAS DE FRA­TO DAN­NOS A BENVIDA

Un­ha se­lec­ción das me­llo­res vi­ñe­tas do au­tor per­mí­te­lles ás per­soas vi­si­tan­tes mer­gu­llar na teo­ría pe­da­gó­xi­ca de Fra­to so­bre a es­co­la, a fa­mi­lia, a ci­da­de… é di­cir, os prin­ci­pais ám­bi­tos on­de se desen­vol­ve a vi­da des­de a in­fan­cia.

◗2. O MUN­DO DE FRA­TO

A tra­vés de máis dun cen­to de de­bu­xos ori­xi­nais, ob­xec­tos e ins­tru­men­tos de tra­ba­llo, ví­deos, fo­tos, li­bros… per­có­rre­se a tra­xec­to­ria vi­tal, ar­tís­ti­ca e pe­da­gó­xi­ca de Fran­ces­co To­nuc­ci. É o seu par­ti­cu­lar re­cun­cho, no que quen o desexe po­de­rá co­ñe­cer con maior pro­fun­di­da­de á per­soa e ao per­so­na­xe.

◗3. CEN MANS, CEN LINGUAXES

“O neno ten cen lin­guas, cen mans, cen ma­nei­ras de pen­sar... pe­ro can­do ter­mi­na a es­co­la rou­bá­ron­lle 99”. As pa­la­bras do filósofo ita­liano Lo­ris Ma­ga­luz­zi sus­ten­tan es­ta área que, a tra­vés de ima­xes, ani­ma ao pú­bli­co a que use as súas mans pa­ra pen­sar, pa­ra ex­pe­ri­men­tar... ao tem­po que reivin­di­ca a im­por­tan­cia da in­te­gra­ción das ac­ti­vi­da­des ma­nuais e ar­tís­ti­cas na es­co­la pa­ra que to­das as ne­nas e ne­nos poi­dan desen­vol­ver as súas ca­li­da­des e os seus ta­len­tos.

◗4. BI­CI­CLE­TA, ES­PA­ZO PA­RA GO­ZAR, IN­VES­TI­GAR E APREN­DER

Sim­ple e so­fis­ti­ca­do, así é o fun­cio­na­men­to da bi­ci­cle­ta, a pro­ta­go­nis­ta des­te es­pa­zo par­ti­ci­pa­ti­vo. Nel re­flíc­te­se o va­lor de li­ber­da­de e au­to­no­mía, que le­va im­plí­ci­to o uso da bi­ci­cle­ta des­de a in­fan­cia, á vez que se ex­pli­ca o pro­ce­so fí­si­co e me­cá­ni­co que per­mi­te o mo­ve­men­to. Aquí as per­soas vi­si­tan­tes apren­de­rán a mon­tar e des­mon­tar un­ha bi­ci­cle­ta, co­ñe­ce­rán os múl­ti­ples be­ne­fi­cios que o uso da bi­ci ten pa­ra a saú­de e o me­dio e ache­ga­ran­se aos va­lo­res so­ciais que fa­vo­re­ce. Os máis pe­que­nos e pe­que­nas ta­mén po­de­rán co­ller al­gun­ha das bi­cis da mos­tra e dar un­ha vol­ta.

◗5. CONSTRUCIÓNS. PE­QUE­NAS PE­ZAS, GRAN­DES CREA­CIÓNS

Un­ha zo­na pa­ra dar­lles ren­da sol­ta á cu­rio­si­da­de e á crea­ti­vi­da­de de ne­nos e ne­nas. Aquí o pú­bli­co de to­das as ida­des po­de cons­truír as súas pro­pias pe­zas a tra­vés de ma­te­riais sin­xe­los e re­ci­cla­dos. Ima­xi­na­ción e crea­ción son as úni­cas fe­rra­men­tas ne­ce­sa­rias.

◗6. XO­GUE­TES. A XO­GAR NON SE APREN­DE PE­RO XOGANDO APRÉNDESE

A apren­di­za­xe a tra­vés do xo­go é a pro­pos­ta. Par­tin­do de mo­de­los de xo­gue­tes tra­di­cio­nais -fei­tos na ca­sa-, con­ví­da­se ás per­soas asis­ten­tes a que deseñen ou­tros no­vos, in­ves­ti­guen me­ca­nis­mos, in­da­guen en no­vas for­mas de co­mu­ni­car a tra­vés do xo­go... En de­fi­ni­ti­va, a apren­der coa pro­pia ex­pe­rien­cia.

◗ 7. TE­ÑO UN­HA IDEA. PRO­POS­TAS PA­RA SE­GUIR IN­VEN­TAN­DO

E iso é pre­ci­sa­men­te o que se po­de­rá fa­cer nes­ta área: se­guir in­ven­tan­do. In­ven­tar a par­tir de tres pro­pos­tas lan­za­das por Fra­to: as pa­la­bras, as for­mas e as ac­cións. To­das as crea­cións -de­bu­xos, es­cri­tos...- que se desen­vol­van ex­po­ran­se na pro­pia sa­la, crean­do un es­pa­zo vi­vo que evo­lu­cio­na a tra­vés da par­ti­ci­pa­ción de to­das e to­dos.

◗8. ÁGO­RA. NE­NAS E NE­NOS TO­MAN A PALABRA.

Es­ta se­rá a ágo­ra do Con­se­llo In­fan­til e Xu­ve­nil do Pa­zo da Cul­tu­ra. Os mem­bros do Con­se­llo guia­rán o de­ba­te e a re­fle­xión e ani­ma­rán a que to­das as per­soas, nais e pais, do­cen­tes, avoas e avós, ne­na e ne­nos, to­men a palabra e plan­te­xen a súa opinión so­bre co­mo de­ben ser as súas ci­da­des ou se é con­ve­nien­te ou non ter de­be­res e ac­ti­vi­da­des ex­tra­es­co­la­res.

◗9. NATUREZA. AU­GA, BA­RRO E AREA PA­RA APREN­DER

Se­guin­do a me­to­do­lo­xía de Fran­ces­co To­nuc­ci, en “Natureza” a for­mu­la­ción é un ache­ga­men­to ao am­bien­te a tra­vés da crea­ción e o xo­go. Nes­te es­pa­zo hai un her­ba­rio, pei­xes de co­res, un­ha pis­ci­na na que ex­pe­ri­men­tar co­mo os ele­men­tos flo­tan ou afun­den e co­mo a au­ga po­de fun­cio­nar co­mo ‘pe­ga­men­to’. In­clu­so hai un com­pos­tei­ro no que as pe­que­nas e pe­que­nos po­de­rán ver co­mo se po­de ti­rar pro­vei­to do li­xo or­gá­ni­co pa­ra pro­du­cir un fer­ti­li­zan­te na­tu­ral de gran­de ca­li­da­de co­mo é o com­post. Ta­mén hai dous areei­ros nos que os pe­que­nos po­den ex­pe­ri­men­tar dei­xan­do as súas pe­ga­das e si­mu­lar as de di­fe­ren­tes ani­mais.

◗10. PA­RA SA­BER MÁIS

A ex­po­si­ción con­ta­rá ta­mén cun es­pa­zo bi­blio­grá­fi­co e de con­sul­ta in­for­má­ti­ca que in­clúe li­bros, re­vis­tas de di­vul­ga­ción e ou­tros ma­te­riais. Alí po­de­ran­se ato­par du­cias de tí­tu­los, tan­to es­cri­tos po­lo pro­pio To­nuc­ci –coas súas res­pec­ti­vas tra­du­cións a tó­do­los idio­mas das na­cións do es­ta­do es­pa­ñol-, e ta­mén moi­tos ou­tros ven­ce­lla­dos á au­to­no­mía, á natureza e á crea­ción. Nos 1.500 me­tros ca­dra­dos de ‘Ima­xi­nar a edu­ca­ción. 50 anos con Fra­to’, así pois, da­ras­lle ren­da sol­ta á túa ima­xi­na­ción pa­ra crear as construcións máis ori­xi­nais; apren­de­rás a ver o mun­do con ollos da in­fan­cia; mon­ta­rás e des­mon­ta­rás un­ha bi­ci­cle­ta, pa­ra des­pois sen­tir a li­ber­da­de que che dá usa­la; ve­rás o teu de­bu­xo, palabra ou ac­ción ex­pos­ta no mu­seo; des­cu­bri­rás co­mo se apren­de xogando; par­ti­ci­pa­rás nun­ha ágo­ra pa­ra ex­pre­sar as túas ideas e es­coi­tar as das de­mais per­soas; as túas mans re­crea­rán a natureza con ba­rro, area e au­ga; sen­ti­rás que as ci­da­des son me­llo­res can­do son pa­ra to­do o mun­do; apren­de­rás máis so­bre edu­ca­ción, ar­te e pe­da­go­xía; e axu­da­rás a que as ne­nas e ne­nos exer­zan o seu de­rei­to ao des­can­so, ao tem­po li­bre e ao xo­go.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.