«Tra­ba­lla­mos na ela­bo­ra­ción de cur­sos so­bre ofi­cios an­ti­gos e tra­di­cións»

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - AGENDA -

O cen­tro Cas­troDe­za, que es­tá en fun­cio­na­men­to den­de no­vem­bro de 2016, aco­lle ha­bi­tual­men­te a gru­pos de es­co­la­res que se in­tro­du­cen na vi­da cas­tre­xa a tra­vés dos obra­doi­ros que se ofer­tan.

—Te­mos os obra­doi­ros de gue­rrei­ros de De­za, o la­bo­ra­to­rio cas­tre­xo, ou­tro que se cha­ma alu­mea no po­boa­do, fu­saio­la e li­ño e o bos­que ani­ma­do.

—¿Cal é a ar­gu­men­ta­ción de ca­da un de­les?

—No dos gue­rrei­ros tra­ta­mos de amo­sar co­mo era a in­du­men­ta­ria ha­bi­tual na Ida­de de Fe­rro e os ele­men­tos que com­pu­ñan a pa­no­plia pro­pia dos gue­rrei­ros. Des­pois os ca­ti­vos te­ñen a opor­tu­ni­da­de de ela­bo­rar con di­ver­so ma­te­rial un­ha das ar­mas fun­da­men­tais que to­do gue­rrei­ro cas­tre­xo de­bía ter que era a caes­tra. Na au­la di­dác­ti­ca do la­bo­ra­to­rio en­si­na­mos que o real­men­te im­por­tran­te son os ob­xec­tos co­mo fon­tes de in­for­ma­ción, pe­que­nas pis­tas que ago­chan a his­to­ria de per­soas que vi­vi­ron moi­tos anos an­tes ca nós. É un obra­doi­ro que per­mí­te­lle aos es­co­la­res com­pren­der a im­por­tan­cia do tra­ba­llo ar­queo­ló­xi­co e da con­ser­va­ción do no­so pa­tri­mo­nio. No obra­doi­ro de alu­mea­do in­ci­di­mos so­bre as téc­ni­cas prehis­tó­ri­cas pa­ra lo­grar fa­cer lu­me; exis­te a op­ción ta­mén de aden­trar­se no tra­ba­llo con tea­res ou crear con ma­te­rial de re­fu­ga­llo e ele­men­tos ve­xe­tais un­ha pai­sa­xe pro­pia.

—¿Que é o que máis es­pe­ra o in­tere­se dos ca­ti­vos?

—O que máis lles atrae é a me­sa in­ter­ac­ti­va na que apa­re­cen os 107 cas­tros ca­ta­lo­ga­dos e, ao ser tác­til, po­den usa­la eles mes­mos e iso re­súl­ta­lle moi­to máis di­ver­ti­do á ho­ra de apren­der.

—Vin­dei­ros pro­xec­tos...

—Tra­ba­lla­mos na ela­bo­ra­ción e deseño de di­fe­ren­tes cur­sos so­bre ofi­cios an­ti­gos, tra­di­cións ou cul­tu­ra ven­ce­lla­dos á co­mar­ca.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.