O ga­le­go, for­te co­ma un bu­xo

Pre­to de 2.000 es­co­la­res reivin­di­can na Es­tra­da a de­fen­sa do ga­le­go con men­sa­xes en to­dos os for­ma­tos

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - DEZA-TABEIRÓS - RO­CÍO GAR­CÍA

O bu­xo é un­ha plan­ta que re­sis­te con­tra ven­to e ma­rea. Así que­ren os es­co­la­res do CEIP do Fo­xo que se­xa o ga­le­go. Por iso on­te le­va­ron pren­di­das nas súas go­rras do Correlingua ra­mi­ñas de bu­xo do pa­tio do co­le­xio.

Pe­ro os ra­pa­ces do Fo­xo non son os úni­cos que pi­den saú­de pa­ra o idio­ma. Pe­dí­rono on­te nas rúas da Es­tra­da pre­to de 2.000 es­co­la­res de do­ce cen­tros de en­sino da zo­na. To­dos os co­le­xios e IES pú­bli­cos da Es­tra­da, o ins­ti­tu­to Chano Pi­ñei­ro de For­ca­rei e o Pin­tor Col­mei­ro de Si­lle­da bo­tá­ron­se á rúa nun­ha nova edi­ción do Correlingua, un­ha sor­te de ma­ni­fes­ta­ción in­fan­til de­fen­den­do o idio­ma pro­pio e pe­din­do ás ad­mi­nis­tra­cións que o pro­te­xan.

Era o día de sa­car o ga­le­go á rúa e non hou­bo fa­llo. Dúas pin­gas amea­za­ron con abor­tar a ope­ra­ción cer­ca das on­ce da ma­ñá e ou­tras dúas obri­ga­ron a ace­le­rar o pa­so a me­ta­de de ru­ta. Pe­ro a choi­va por­tou­se e dei­xou re­ma­tar o fes­ti­val sen pro­ble­mas.

As men­sa­xes de apoio ó ga­le­go ví­ron­se en to­dos os for­ma­tos. En pan­car­tas pro­fe­sio­nais e en car­tu­li­nas e mu­rais. Ata en ver­so: «O ga­le­go en Ga­li­cia/ as per­las no mar/ se ti non fa­las o teu/ ¿quen cho vai fa­lar?».

Os ra­pa­ces por­ta­ron car­te­les no pei­to con no­mes en ga­le­go de to­dos os cam­pos se­mán­ti­cos ima­xi­na­bles e as pan­car­tas con­vi­da­ron á fa­la en ga­le­go de to­dos os xei­tos. «Pre­cau­ción. Fa­lar ga­le­go ten o ris­co de na­mo­rar», ad­ver­tía o IES An­tón Lo­sa­da.

Des­pois do per­co­rri­do po­las rúas, una ma­ni­fes­to li­do a trío por tres alum­nas de For­ca­rei lem­brou que aín­da non exis­ten au­to­es­co­las en ga­le­go e que na do­cen­cia uni­ver­si­ta­ria hai ca­rrei­ras que non che­gan a im­par­tir en ga­le­go nin un 3% dos con­ti­dos. Os alum­nos de Fi­guei­roa ta­mén fi­xe­ron o seu ale­ga­to pola lin­gua e os de Vea bai­la­ron un rap da lin­gua tan di­ver­ti­do co­mo con­tun­den­te. Xa na rec­ta fi­nal, un pe­queno es­pé­ta­lle a ou­tro: «Te­ño un­ha fa­me negh­ra». Iso si que é bo sín­to­ma pa­ra o ga­le­go.

M. S.

A mú­si­ca de Luis O Ca­run­cho pu­xo a bai­lar a mui­ñei­ra a máis de un na Pra­za da Fei­ra.

M. S.

Os alum­nos de Vea bai­la­ron un rap da lin­gua moi aplau­di­do.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.