A Es­tra­da reivin­di­ca un Día das Le­tras Ga­le­gas pa­ra Gar­cía Ba­rros

O dra­ma­tur­go Eduar­do Alon­so con­vi­dou no pre­gón a fa­lar ga­le­go e ad­ver­tiu: «se per­de­mos a lin­gua non se­re­mos nós»

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - DEZA-TABEIRÓS - ROCÍO GAR­CÍA

A ce­le­bra­ción do 17 de maio apro­vei­tou­se on­te na Es­tra­da pa­ra vol­ver a reivin­di­car en pú­bli­co o que moi­tos in­te­lec­tuais lo­cais ve­ñen re­cla­man­do hai tem­po: a de­di­ca­to­ria dun día das Le­tras Ga­le­gas ó es­cri­tor es­tra­den­se Manuel Gar­cía Ba­rros. Ó seu com­pa­trio­ta Manuel Va­lla­da­res de­di­coú­se­lle o Día das Le­tras no ano 1970. No in­tre de dar pa­so á ofren­da flo­ral que ca­da 17 de maio se fai na ala­me­da es­tra­den­se an­te o mo­no­li­to de­di­ca­do ós ir­máns Mar­cial e Ave­li­na Va­lla­da­res, o téc­ni­co es­tra­den­se de Cul­tu­ra Xosé Luei­ro lem­brou on­te a ho­me­na- xe a Mar­cial Va­lla­da­res no 1970 e desexou: «Es­pe­re­mos que ta­mén Gar­cía Ba­rros te­ña esa ho­me­na­xe ben me­re­ci­da un ano des­tes».

O pre­gón co­rreu por con­ta do dra­ma­tur­go vi­gués Eduar­do Alon­so, pio­nei­ro da pro­fe­sio­na­li­za­ción do tea­tro ga­le­go e res­pon­sa­ble de reali­da­des co­mo o Cen­tro Dra­má­ti­co Ga­le­go ou o Ins­ti­tu­to Ga­le­go das Ar­tes Es­cé­ni­cas e Mu­si­cais.

Alon­so, que foi ami­go per­soal de Car­los Ca­sa­res —au­tor ó que es­te ano se lle de­di­can as Le­tras Ga­le­gas— con­fe­sou, que a súa pri­mei­ra idea pa­ra o pre­gón foi cen­tra­lo en anéc­do­tas per­soais vi­vi­das con Ca­sa­res nos en­saios do Cen­tro Dra­má­ti­co Ga­le­go da pe­za As la­ran­xas máis la­ran­xas de to­das as la­ran­xas ou no pro­ce­so de crea­ción da es­co­la Su­pe­rior de Ar­te Dra­má­ti­ca de Ga­li­cia. «Sen el se­gu­ra­men­te aín­da non te­ria­mos esa Es­co­la Su­pe­rior», di Eduar­do Alon­so.

«Pe­ro caeu nas mi­ñas mans un es­tu­do que en­cen­deu to­das as mi­ñas alar­mas», con­ta o dra­ma­tur­go. Ese es­tu­do con­cluía coa fra­se «os mo­zos e mo­zas fa­lan pou­co ga­le­go» e des­pre­ga­ba «un­ha in­xen­te can­ti­da­de de nú­me­ros e es­ta­tís­ti­cas».

Ci­fras alar­man­tes

Pó­den­se re­su­mir en que, nos úl­ti­mos cin­co anos, a por­cen­ta­xe de per­soas que fa­lan sem­pre ga­le­go bai­xou do 43 ao 30% e a dos que fa­lan sem­pre cas­te­lán subiu do 19 ó 26 %. Ade­mais, as ci­fras son máis alar­man­tes can­to máis no­va é a po­boa­ción, «de xei­to que, a xen­te no­va vai, pou­co a pou­co, aban­do­nan­do o uso ha­bi­tual do ga­le­go e in­cor­po­rán­do­se ao uso do cas­te­lán».

O dra­ma­tur­go pen­sa que, aín­da que ás ve­ces os días de­di­ca­dos a al­go pa­re­cen inú­ti­les —de­be­ria­mos ocu­par­nos de­sas cues­tións to­do o ano—, «real­men­te son moi efi­ca­ces por­que pun­tual­men­te si­túan o fo­co da aten­ción nun­ha cues­tión de im­por­tan­cia na que, si non fo­ra por esa ce­le­bra­ción, non re­pa­ra­ria­mos no bal­bor­do ha­bi­tual das no­sas vi­das ace­le­ra­das do sécu­lo XXI». Nes­te con­tex­to, Alon­so con­vi­dou a re­fle­xio­nar so­bre o ga­le­go co­mo «al­go máis que un sis­te­ma pa­ra en­ten­der­se», co­mo «o xei­to es­pe­cial de es­tar no uni­ver­so» que «re­pre­sen­ta a ba­se so­bre a que se cons­trúe a cul­tu­ra pro­pia, a ba­se so­bre a que se asen­ta a no­sa for­ma sin­gu­lar de ser e de exis­tir». «Se per­de­mos a lin­gua, non se­re­mos nós», ad­ver­tiu o dra­ma­tur­go an­tes de con­vi­dar ós pre­sen­tes a fa­lar en ga­le­go. «A lin­gua fai­nos es­pe­ciais», sen­ten­ciou.

MIGUEL SOU­TO

Eduar­do Alon­so exer­ceu de pre­goei­ro e pro­ta­go­ni­zou a ofren­da flo­ral ós ir­máns Va­lla­da­res.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.