As le­tras, Ca­sa­res e Iña­ki Wi­lliams

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - SANTIAGO - Xur­xo Mel­chor

O 17 de maio é sem­pre un día es­pe­cial. Pa­ra to­da Ga­li­cia, pe­ro moi es­pe­cial­men­te pa­ra os que ama­mos as le­tras. As ga­le­gas e o res­to das le­tras, por­que a li­te­ra­tu­ra é un­ha lin­gua­xe uni­ver­sal es­tea es­cri­ta no código no que es­tea es­cri­ta. Es­te ano ten pa­ra min al­go máis, por­que a xor­na­da es­ti­vo de­di­ca­da a Car­los Ca­sa­res, un ho­me po­lo que ti­ven un apre­cio es­pe­cial. Lem­bro que a pri­mei­ra vez que me dei­xa­ron es­cri­bir un ar­ti­go di­xé­ron­me que ti­ña que bus­car un cli­xé e des­pois dun­ha ho­ra pen­san­do dei cun que me gus­ta­ba. «Á mar­xe!», dí­xen­lle ao xe­fe. El so­rriu, mi­rou­me aos ollos e dí­xo­me: «Ese non, ese é o de Car­los Ca­sa­res». Foi o pri­mei­ro con­tac­to que ti­ven co es­cri­tor e gran ar­ti­cu­lis­ta de pren­sa que foi o ho­me ao que es­te ano vai de­di­ca­da a fes­ta das Le­tras Ga­le­gas. Foi un chas­co, pe­ro ser­viu­me pa­ra in­tere­sar­me por ese es­cri­tor fa­mo­so que me rou­ba­ra o cli­xé. De­se día en dian­te lin ca­se que to­dos os seus ar­ti­gos e a ver­da­de é que in­fluíu moi­to no xei­to no que in­ten­to xun­tar pa­la­bras. A súa mi­li­tan­cia por nor­ma­li­zar o ga­le­go ta­mén ti­vo un gran im­pac­to en min. So­bre to­do por­que eu son un ga­le­go re­tor­na­do. Na­cín e vi­vín moi­tos anos en Ma­drid, po­lo que ao re­tor­nar a Ga­li­cia ha­bía al­gun­ha xen­te que ne­ga­ba a mi­ña ga­le­gui­da­de e ta­mén in­clu­so o meu de­rei­to a fa­lar en ga­le­go. Pe­se a que é a lin­gua na que ti­ña boa par­te das mi­ñas me­llo­res lem­bran­zas de in­fan­cia, gra­va­das no meu dis­co du­ro ve­rán tras ve­rán, Se­ma­na San­ta tras Se­ma­na San­ta. Sem­pre que vi­ña­mos a Ga­li­cia a ver á fa­mi­lia. Ca­sa­res de­fen­día a uni­ver­sa­li­da­de do ga­le­go e dos ga­le­gos e pen­sa­ba que é ga­le­go to­do aquel que que­re e que es­ta lin­gua non re­cu­pe­ra­ría a nor­ma­li­da­de per­di­da ata que mes­mo os es­tran­xei­ros a fa­la­sen sen me­do a que al­gún yiha­dis­ta os co­rri­xi­ra.

É un­ha bo­ni­ta ca­sua­li­da­de que o día no que exal­ta­mos a fi­gu­ra de Ca­sa­res un­ha anéc­do­ta de fó­ra de Ga­li­cia qui­xe­ra fa­cer­lle ta­mén un­ha es­pe­cie de ho­me­na­xe. Iña­ki Wi­lliams, o xo­ga­dor de cor do Ath­le­tic de Bil­bao, col­gou no seu Twit­ter un ví­deo no que un gru­po de ne­nos afri­ca­nos, nal­gún cu­rrun­cho de­se con­ti­nen­te, can­ta­ban o fa­mo­so gri­to de gue­rra do club ata­via­dos coas in­con­fun­di­bles ca­mi­se­tas bran­cas e ver­me­llas. De nai li­be­ria­na e pai ga­nés, pu­xo o se­guin­te co­men­ta­rio no chío: «Os de Bil­bao na­ce­mos on­de que­re­mos». E os ga­le­gos ta­mén, pen­sei eu so­rrin­do. Pa­ra fa­cer reali­da­de o so­ño de Ca­sa­res e de tan­tos ou­tros de que en Ga­li­cia se poi­da vi­vir en ga­le­go sen res­tri­cións, co­mo de­be­ría ser e non é, é moi im­por­tan­te nor­ma­li­zar o uso da lin­gua, fa­ci­li­tar a súa apren­di­za­xe e fa­ce­la di­ver­ti­da. Útil. E non cen­su­rar acen­tos e erros dos neo­fa­lan­tes. Só así o ga­le­go ga­ña­rá adep­tos. Ne­sa ta­re­fa que é de to­dos nos xo­ga­mos a no­sa iden­ti­da­de.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.