Ma­ri­ta Ca­sal, pre­si­den­ta de Xi­ran­do­la, fue nom­bra­da So­cia de Ho­nor de Vis­ta Ale­gre

A pre­si­den­ta de Xi­ran­do­la re­ci­biu a má­xi­ma dis­tin­ción de Vis­ta Ale­gre po­la súa vin­cu­la­ción ao cen­tro

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - PORTADA - AME­LIA FE­RREI­ROA

Ma­ri­ta Ca­sal Ta­to le­va trin­ta anos for­man­do par­te da agru­pa­ción Xi­ran­do­la da Ban­dei­ra, da que é ac­tual­men­te pre­si­den­ta, e ou­tros tan­tos sen­tin­do as instalacións do Cen­tro Cul­tu­ral Vis­ta Ale­gre co­ma a súa ca­sa. On­te o co­lec­ti­vo, que pe­chou os ac­tos da súa xa tra­di­cio­nal Se­ma­na Cul­tu­ral, tri­bu­tou­lle un re­co­ñe­ce­men­to po­la súa tra­xec­to­ria e no­meou­na so­cia de hon­ra.

—¿Co­mo se sen­te?

—Emo­cio­na­da, ner­vio­sa, or­gu­llo­sa,... O fei­to de que me no­mea­ran so­cia de hon­ra é algo que le­va moi­to pe­so. É un re­co­ñe­ce­men­to á mi­ña tra­xec­to­ria can­do real­men­te os que es­tán tra­ba­llan­do son eles: é a Asociación Vis­ta Ale­gre. Es­te no­mea­men­to é un or­gu­llo e un­ha gran res­pon­sa­bi­li­da­de.

—Máis pe­so se ca­be por ser un ga­lar­dón que se lle otor­ga na ca­sa.

—Cer­to. É que o cen­tro cul­tu­ral é a mi­ña ou­tra ca­sa. Es­tou vin­cu­la­da ao cen­tro den­de ca­ti­va, den­de no­vi­ña.

—¿Ca­les son esas pri­mei­ras lem­bran­zas que ten do cen­tro cul­tu­ral?

—Acór­do­me per­fec­ta­men­te da­quel pri­mei­ro día que en­trei no cen­tro cul­tu­ral pa­ra en­saiar con Xi­ran­do­la. É a lem­bran­za que te­ño do cen­tro e lo­go xa a par­ti­res de aí moi­tas cousas, anéc­do­tas, vi­ven­cias que fo­ron pa­san­do ao lon­go de to­dos es­tes trin­ta anos que son os que po­súe Xi­ran­do­la de exis­ten­cia, e que eu fun vi­vin­do.

—Un cen­tro que se ca­rac­te­ri­zou por ser ni­ño de acu­bi­llo de moi­tos co­lec­ti­vos.

—Sem­pre. Foi un cen­tro que sem­pre abriu as por­tas aos gru­pos e ás aso­cia­cións. Nós ac­tual­men­te es­ta­mos en­saian­do no au­di­to­rio pe­ro a no­sa ca­sa sem­pre foi e é o cen­tro cul­tu­ral. Á ho­ra de mar­char pa­ra un­ha ac­tua­ción ou un­ha via­xe ou pa­ra man­ter un­ha reunión sem­pre nos xun­ta­mos no cen­tro cul­tu­ral. É máis o no­so ves­tia­rio es­tá nas de­pen­den­cias do cen­tro cul­tu­ral e o en­de­re­zo que da­mos pa­ra cal­quer cues­tión sem­pre é a do cen­tro.

—¿Ca­les fo­ron os cam­bios que ex­pe­ri­men­tou o cen­tro ao lon­go des­tes trin­ta anos?

—Creo que foi un cen­tro no que se veu un­ha evo­lu­ción pro­gre­si­va ao lon­go des­tes anos. Un avan­ce en po­si­ti­vo, sem­pre me­llo­ran­do. Po­lo cen­tro pa­sou xen­te que tra­ba­llou e que tra­ba­lla moi­tí­si­mo dun xei­to to­tal­men­te de­sin­te­re­sa­do. Es­for­zo e com­pro­mi­so que hai que agra­de­cer­lle a ac­tual di­rec­ti­va e a to­das as di­rec­ti­vas que pa­sa­ron po­lo cen­tro nes­tes trin­ta úl­ti­mos anos. É un cen­tro que con­ti­núa en evo­lu­ción e creo que é un or­gu­llo pa­ra Ban­dei­ra e pa­ra a co­mar­ca.

—Evo­lu­ción que se lle apli­ca ta­mén a Xi­ran­do­la.

—É un­ha sa­tis­fac­ción o se­guir me­dran­do, o ha­ber che­ga­do aos trin­ta anos de funcionamento e o ser­mos un­ha gran fa­mi­lia á mar­xe da que te­mos ca­da un de nós. A ver­da­de é que así dá gus­to tra­ba­llar e ani­ma pen­sar en no­vos pro­xec­tos.

Ma­ri­ta Ca­sal Ta­to, no ac­to de re­co­ñe­ce­men­to ce­le­bra­do on­te.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.