La ar­tis­ta Sé Senande ex­ten­de­rá sus Postais de La­lín a to­da la co­mar­ca de­za­na

Lu­ga­res, mo­nu­men­tos e ima­xes tí­pi­cas do mu­ni­ci­pio ob­xec­to de ilus­tra­cións a acua­re­la

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - PORTADA - AME­LIA FERREIROA

O ru­ral sem­pre es­ti­vo pre­sen­te na vi­da de Ma­ría Jo­sé Senande Méi­jo­me, máis co­ñe­ci­da por to­dos co­mo Sé Senande, sen­do as súas xen­tes e pai­sa­xes un­ha im­por­tan­te fon­te de ins­pi­ra­ción á ho­ra de pin­tar. Na­da na pa­rro­quia la­li­nen­se de Ber­més, no seo dun­ha fa­mi­lia nu­me­ro­sa e en pleno am­bien­te pois ru­ral, non se con­si­de­ra un­ha ar­tis­ta á usan­za se­nón que pre­fi­re de­fi­nir­se co­mo «un­ha per­soa cun­ha ha­bi­li­da­de es­pe­cial pa­ra o de­bu­xo». Pe­ro, ¿en que mo­men­to co­me­za ese ache­ga­men­to á pin­tu­ra? Den­de ben ca­ti­va e mes­mo da man dun­ha po­si­ble her­dan­za.

—¿Que lem­bra de­sa súa in­fan­cia en Ber­més?

—Pois ese am­bien­te ru­ral, ro­dea­da de ani­mais, xen­tes e pai­sa­xes que que­da­rían sem­pre gar­da­dos na mi­ña memoria e que con­ti­núan a in­fluir de xei­to cons­tan­te nas mi­ñas crea­cións artísticas ao ser un­ha fon­te prin­ci­pal de ins­pi­ra­ción.

—¿Uns pri­mei­ros anos de vi­da nos que se al­bis­cou xa o seu in­te­re­se po­lo de­bu­xo?

—O cer­to é que den­de moi ca­ti­va amo­sei gus­to e ta­len­to po­lo de­bu­xo e por ou­tras for­mas crea­ti­vas co­mo a poe­sía, o re­la­to e mes­mo a fo­to­gra­fía. Se­me­lla que non o fa­cía mal xa que ga­ñei va­rios pre­mios ao lon­go da mi­ña eta­pa aca­dé­mi­ca.

—¿No seo da súa am­pla fa­mi­lia al­gún mem­bro se adi­ca­ba a al­go dis­to?

—Cón­ta­me a mi­ña avoa ma­ter­na que eu lle lem­bro moi­to ao seu ir­mán Ma­nuel Váz­quez Cas­tro que, ade­mais de ser un per­soei­ro ilustre da pa­rro­quia de Ber­més po­las co­la­bo­ra­cións que ti­vo no xor­nal Cla­rín de Bos Ai­res, pois pa­re­ce que era un ex­ce­len­te mú­si­co, mes­mo un ho­me con al­tas ca­pa­ci­da­des in­te­lec­tuais que foi un in­com­pren­di­do na­que­la épo­ca que lle to­cou vi­vir, e ta­mén era un gran pin­tor. Re­lá­ta­me mi­ña avoa que se co­lo­ca­ba cun ca­derno á saí­da da mi­sa e que de­bu­xa­ba as ca­ras dos ve­ci­ños e que o fa­cía cun­ha reali­da­de pas­mo­sa. Igual her­dei al­go del... (ri­sas)

—É cun­ha das súas fa­ce­tas máis co­ñe­ci­das co­mo ar­tis­ta po­de ser a de re­tra­tis­ta...

—A ver­da­de é que fi­xen cen­tos de­les... Ago­ra mes­mo por fal­ta de tem­po os te­ño al­go aparcados xa que su­pón adi­car­lle moi­tas ho­ras das que non dis­po­ño. Co­me­cei a fa­ce­los sen­do un­ha ne­na can­do co­pia­ba as fotos nas re­vis­tas dos meus ar­tis­tas fa­vo­ri­tos e non de­bía de fa­ce­los mal xa que lo­go me em­pe­za­ron a che­gar en­car­gas.

—Es­ta­rán es­pa­lla­dos por moi­tos rin­cóns, ¿ata on­de che­ga­ron?

—Le­vo fei­to cen­tos de­les den­de aque­la e es­tán re­par­ti­dos por Ga­li­cia adian­te in­clu­so fó­ra das no­sas fron­tei­ras, por Es­pa­ña e Eu­ro­pa. Moi­tos deses tra­ba­llos os fi­xen sen co­ñe­cer ás per­soas co­ma un­ha pa­re­lla de noi­vos que me pe­di­ron e que foi pa­ra Sui­za. Si lem­bro con es­pe­cial aga­ri­mo un re­tra­to que lle fi­xen a meu avó can­do te­ría eu uns do­ce anos, de­bu­xo que aín­da an­da­ra po­la casa nal­gún cai­xón.

—Es­tá cun pro­xec­to de postais de La­lín, ¿cal é a súa fi­na­li­da­de?

—Postais de La­lín é un pro­xec­to que ten­ta­rei am­pliar á co­mar­ca en­tei­ra. Son pe­que­nas ilus­tra­cións, so­bre to­do a acua­re­la, que pre­ten­den re­pre­sen­tar lu­ga­res, mo­nu­men­tos e ima­xes tí­pi­cas do no­so con­ce­llo den­de un pun­to de vis­ta ar­tís­ti­co. É un tra­ba­llo moi ilu­sio­nan­te e a súa fi­na­li­da­de é amo­sar esa sin­gu­la­ri­da­de de si­tios ou de mo­nu­men­tos fer­mo­sos que te­mos na zo­na. Ago­ra mes­mo se bus­cas un­ha pos­tal que se­xa de La­lín ou da co­mar­ca po­si­ble­men­te o que ato­pes non se axus­ta moi­to coa reali­da­de do que te­mos. A mi­ña idea é fa­cer un­has postais di­fe­ren­tes e á acua­re­la. As pri­mei­ras, se­gun­do as fun re­ma­tan­do, xa as fun col­gan­do na re­de e se­me­lla que es­tá gus­tan­do o re­sul­ta­do fi­nal das mes­mas.

MI­GUEL SOU­TO

Sé Senande, na mos­tra ex­po­si­ti­va De­zar­te on­de amo­sa al­gun­has das suas obras.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.