«Os mu­seos ven­se ás ve­ces co­mo si­tios eli­tis­tas e só pa­ra xen­te es­pe­cia­li­za­da»

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - AGENDA -

A ar­tis­ta si­lle­den­se Ma­ri­sa Mi­gué­lez xo­gou un papel ac­ti­vo na ca­rrei­ra de Sé Senande; con ela ini­ciou­se cos pin­ceis an­tes de ma­tri­cu­lar­se na fa­cul­ta­de de Be­las Ar­tes de Pon­te­ve­dra, on­de se li­cen­cia­ría no ano 1999 na es­pe­cia­li­da­de de deseño e au­dio­vi­suais. Anos nos que xur­di­rían as pri­mei­ras ci­tas expositivas.

—Fo­ron mos­tras com­par­ti­das con ou­tros com­pa­ñei­ros de ca­rrei­ra que fi­xe­mos en Cal­das de Reis, Si­lle­da, Pon­te­ve­dra e aí foi ta­mén can­do co­me­cei a exer­cer co­mo pro­fe­so­ra de pin­tu­ra vo­lun­ta­ria en di­ver­sas aso­cia­cións.

—Lá­piz, pas­tel, acua­re­la, ¿con que se que­da?

—Co­me­cei de­bu­xan­do con lá­piz bá­si­ca­men­te pe­ro na fa­cul­ta­de pui­den co­ñe­cer o res­to de téc­ni­cas. O cer­to é que me gus­tan to­das e úsoas in­dis­tin­ta­men­te aín­da que úl­ti­ma­men­te as que máis uti­li­zo son o pas­tel pa­ra o re­tra­to e a acua­re­la pa­ra a ilus­tra­ción.

—Inau­gu­rou­se De­zar­te, un­ha gran ex­po­si­ción co­lec­ti­va na Ban­dei­ra, na que par­ti­ci­pa. ¿Ini­cia­ti­vas des­ta ín­do­le de­be­rían de dar­se máis a miú­do?

—De­zar­te pa­ré­ce­me un­ha for­ma moi pró­xi­ma de ache­gar ar­te lo­cal a to­dos os pú­bli­cos. Ex­po­si­cións que non te­ñen por­que le­var­se a ca­bo en mu­seos se­nón que cal­quer si­tio po­de aco­ller un­ha mos­tra ar­tís­ti­ca: un res­tau­ran­te, un­ha igre­xa, un­ha rúa... Os mu­seos ás ve­ces ven­se co­mo lu­ga­res eli­tis­tas e só pa­ra xen­te es­pe­cia­li­za­da.

—Un desexo...

—La­lín sem­pre foi un re­fe­ren­te da ar­te e cu­na de ar­tis­tas e es­pe­ro que to­dos os que exis­tan poi­dan ser profetas na súa te­rra e que os te­ñan en con­ta.

—¿Cal son os seus se­guin­tes pro­xec­tos?

—Te­ño pen­den­tes pa­ra os pró­xi­mos me­ses dúas ex­po­si­cións in­di­vi­duais, un­ha en La­lín e ou­tra en Chantada e re­ma­tar as postais.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.