«En pro­ce­sos de par­ce­la­rias co­ma en Vi­la­tu­xe hai plan­tíos que mu­da­rán a fer­mo­sa pai­sa­xe da Se­rra do Can­dán»

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - DEZA-TABEIRÓS - AME­LIA FERREIROA

O bió­lo­go Pe­dro Alon­so e mem­bros da Pla­ta­for­ma Sal­ve­mos Ca­ta­sós abor­da­rán es­ta noi­te, a par­ti­res das 20.30 ho­ras no Ca­fé Ca­sino de La­lín, os pe­ri­gos e ris­cos da eu­ca­lip­ti­za­ción de Ga­li­cia. —¿Sa­be­mos dos ris­cos e pe­ri­gos da eu­ca­lip­ti­za­ción?

—Te­mos un­ha ima­xe idí­li­ca da pai­sa­xe ga­le­ga na men­te que non se co­rres­pon­de coa reali­da­de. Evo­ca­mos ima­xes de mon­tes, agros e vei­gas ro­dea­dos de car­ba­llei­ras e sou­tos e en reali­da­de o que hai ago­ra, so­bre to­do na par­te do país máis pró­xi­ma ao mar, son ex­ten­sións con­ti­nuas de mon­te po­boa­do ma­si­va­men­te con es­pe­cies fo­rá­neas bá­si­ca­men­te con eu­ca­lip­to on­de se per- deu o pul­so das es­ta­cións e on­de ato­pa­mos un­ha pai­sa­xe uni­for­me que afec­ta in­te­rior­men­te ás per­soas.

—¿En que mo­men­to co­me­za a pro­li­fe­ra­ción do eu­ca­lip­to en Ga­li­cia?

—Es­tá pre­sen­te no país den­de o sécu­lo XIX can­do se con­ver­te en ele­men­to fun­da­men­tal pa­ra o pro­ce­so in­dus­trial pa­ra a fa­bri­ca­ción de pas­ta de ce­lu­lo­sa. Non exis­tía un­ha po­lí­ti­ca fo­res­tal so­be­ra­na por par­te dos go­ber­nos, o mer­ca­do estaba re­gu­la­do por si mes­mo e aí estaba un mo­no­po­lio que con­tro­la­ba os mo­ve­men­tos de ma­dei­ra no país. É a par­tir de que Ce­lu­lo­sas de Pon­te­ve­dra, na dé­ca­da dos 70, cam­bia o seu pro­ce­so pro­du­ti­vo de uso de ma­dei­ra de piñeiro do país pa­ra adop­ta­lo a ma­dei­ra de eu­ca­lip­to co­mo fon­te de ma­te­ria pri­ma e aí é can­do se ma­si­fi­ca o con­su­mo des­te ti­po de ma­dei­ra. Os pro­du­to­res es­co­llen pois po­ñe­los no mon­te xa que non exis­te nin­gún ti­po de re­gu­la­ción na ma­te­ria. Un da­to pa­ra dar­nos con­ta de­sas ma­si­vas plan­ta­cións é que en­tre os anos 1986/87 e o 1998 se produce en Ga­li­cia un in­cre­men­to de plan­ta­cións de eu­ca­lip­tos de 140.000 hec­tá­reas.

—¿A co­mar­ca do De­za queda allea a esas ma­si­vas plan­ta­cións que se cons­ta­tan na co­mu­ni­da­de? —Non. Nos últimos quin­ce anos se no­tou un in­cre­men­to na pro­li­fe­ra­ción de eu­ca­lip­tos na zo­na. É máis ago­ra mes­mo exis­te un­ha fon­da ten­den­cia a in­tro­du­cir a va­rie­da­de de au­ca­lip­to ni­tens que é re­sis­ten­te ás xea­das pa­ra maior se­gu­ri­da­de nas plan­ta­cións. En pro­ce­sos de con­cen­tra­cións par­ce­la­rias, co­ma a de Vi­la­tu­xe (La­lín), por exem­plo hai plan­tíos que mu­da­rán a fer­mo­sa pai­sa­xe da Se­rra do Can­dán. O re­sul­ta­do se ve­rá en cin­co ou dez anos e é un­ha má­goa cun­ha pa­rro­quia tan bo­ni­ta, por non po­ñer res­tric­ción de uso, pa­se a con­ver­ter­se nal­go to­tal­men­te di­fe­ren­te ao que te­mos a sor­te de dis­fru­tar ac­tual­men­te.

J. M. CASAL

O bió­lo­go Pe­dro Alon­so es­ta­rá es­ta noi­te en La­lín.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.