Xosé Lu­na com­pi­la pre­to dun cen­to de ar­ti­gos xor­na­lís­ti­cos en «Da lec­tu­ra e ou­tras cousi­ñas»

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - DEZA-TABEIRÓS -

O es­cri­tor e mes­tre es­tra­den­se Xosé Lu­na vén de ti­rar do pre­lo un li­bro que com­pi­la pre­to dun cen­to de ar­ti­gos xor­na­lís­ti­cos, co tí­tu­lo Da lec­tu­ra e ou­tras cousi­ñas (Edi­cións Em­bo­ra). A presentación se­rá o vin­dei­ro 3 de xu­ño, sábado, na Ci­da­de da Cul­tu­ra com­pos­te­lá, e con­ta­rá no ac­to coa Co­ral Po­li­fó­ni­ca de Be­rres, «un­ha pa­rro­quia que sem­pre me aco­lleu moi ben, e un­ha co­ral que xa nos acom­pa­ña­ra na inauguración da bi­blio­te­ca en Gui­ma­rei», que le­va o no­me do es­cri­tor.

O li­bro es­tá adi­ca­do a Xosé Nei­ra Vi­las, au­tor do pró­lo­go da publicación no que glo­sa «a di­ná­mi­ca exem­plar de Xosé Lu­na» e que asi­na en Gres en se­tem­bro de 2015, pou­co tem­po an­tes do seu fa­le­ce­men­to. Os pri­mei­ros cin­co ar­ti­gos re­ci­bi­ron o Pre­mio Xor­na­lís­ti­co Ma­nuel Rei­món­dez Por­te­la, e o ca­be­cei­ro é un­ha re­fle­xión so­bre a fi­na­li­da­de su­pre­ma da lec­tu­ra: pen­sar e sen­tir co es­cri­tor para in­ter­pre­tar o es­cri­to, si­na­la Lu­na fa­cen­do súas as pa­la­bras do pe­da­go­go cu­bano Es­te­ban Borrero.

E de pen­sa­men­tos e sen­ti­men­tos vai es­te tra­ba­llo de Lu­na San­mar­tín: «Es­te é un li­bro ín­ti­mo, de ami­gos. De dis­tan­cias cur­tas, de es­cri­bir en pou­cos ca­rac­te­res. Es­te li­bro, son eu, a mi­ña vi­da». Un li­bro con lem­bran­zas es­tra­den­ses, que fa­la de li­brei­ros co­mo Pe­pe da Fa­ro ou Ma­cei­ra; de xen­te que mar­chou pe­ro si­gue pre­sen­te co­mo María Por­to Puen­te, Ma­nuel Regueiro, o pin­tor Paco La­reo, Pou­sa An­te­lo ou Olim­pio Ar­ca, «que foi o meu mes­tre, non no aca­dé­mi­co pe­ro si na li­te­ra­tu­ra e na vi­da». E fa­la dou­tros ami­gos co­mo Varela Ci­ves, Car­los Lou­rei­ro, Ma­noe­le de Fe­li­sa, e de­por­tis­tas co­mo Álex Mar­que e Va­le­rón, por­que «o fút­bol sem­pre ti­vo moi­to que ver coa li­te­ra­tu­ra», e lem­bra as tar­des bo­nae­ren­ses de Nei­ra Vi­las para ver a San Lorenzo, com­par­tin­do ban­ca­da co ar­xen­tino Ber­go­glio, que an­dan­do os anos é o Pa­pa Fran­cis­co.

Lu­na, dian­te do li­moei­ro que ilus­tra a portada do seu úl­ti­mo li­bro.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.