Ma­ría Cas­tro, cria­do­ra cru­ce­ña de ga­llo y ga­lli­na de Mos, de­fien­de con­tar con ma­ta­de­ros ca­se­ros

Os sa­cri­fi­cios das aves que cría na súa ex­plo­ta­ción es­ta cru­ce­ña lé­van­se a ca­bo en Rian­xo

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - PORTADA - AME­LIA FERREIROA

Os fac­to­res que le­va­ron a Ma­ría Cas­tro Abon­jo (Toi­riz-Vi­la de Cru­ces) en fa­cer­se cria­do­ra de Ga­lo e de Ga­li­ña de Mos fo­ron va­rios. Do sec­tor téx­til á al­dea, que sem­pre lle gus­tou, e coas ne­ce­si­da­des dos fi­llos po­lo me­dio. Es­te é o co­me­zo da súa his­to­ria. —É cer­to que a agri­cul­tu­ra sem­pre me gus­tou pe­ro a reali­da­de é que tra­ba­llei va­rios anos no téx­til. Non é me­nos cer­to que non eran os me­llo­res mo­men­tos no sec­tor, es­ta­ban os meus fi­llos que me pre­ci­sa­ban por cues­tións es­co­la­res e de ac­ti­vi­da­des ex­tra­es­co­la­res e to­do iso pre­ci­pi­tou a mi­ña de­ci­sión de mu­dar de­ter­mi­na­das si­tua­cións par­ti­cu­la­res. Era mo­men­to de arris­car­se. Pa­sa­ron cin­co anos e aquí es­tou con es­te pro­xec­to de cría de Ga­li­ñas e de Ga­los de Mos. —¿Pro­xec­to que co­me­zou con te­rreo de seu?

—Si. Xa vi­vía na al­dea e ti­ña ca­sa e te­rreo su­fi­cien­te pa­ra po­ñer en mar­cha o pro­xec­to.

—¿Por que de­ci­diu adi­car­se á cría de aves de Mos?

—O cer­to é que por na­da en con­cre­to. Non foi un­ha idea fi­xa que ti­ve­ra de an­te­man. Só ti­ña cla­ro que me que­ría cen­trar na avi­cul­tu­ra ar­te­sa­nal e pen­sa­ba ini­cial­men­te na pro­duc­ción ex­clu­si­va­men­te de ovo pe­ro un co­ñe­ci­do nos fa­lou des­ta ra­za que, cin­co anos atrás, es­ta­ba en pe­ri­go de ex­tin­ción e de­ci­di­mos apos­tar por ela.

—¿Can­tos ani­mais ten na ac­tua­li­da­de na súa ex­plo­ta­ción? —Te­ño os que marca a lei res­pec­to des­ta ra­za. Son pois 50 ga­li­ñas adi­ca­das á pro­duc­ción de ovo pa­ra con­su­mo, ou­tras 50 pa­ra re­pro­duc­ción e 400 de ce­bo. Son sem­pre lo­tes de 400 ani­mais má­xi­mo que é o que es­ti­pu­la a lei. —¿De can­to te­rreo dis­pón pa­ra ga­los e ga­li­ñas?

—As ga­li­ñas es­tán nun­has dúas hec­tá­reas de te­rreo e os ga­los nuns mil me­tros. Ha­be­rá quen te­ña me­nos e quen máis, iso vai en fun­ción do que dis­po­ña ca­da quen.

—¿Apos­tan­do po­la ali­men­ta­ción 100 % na­tu­ral?

—Sem­pre, den­de o pri­mei­ro mo­men­to. Os no­sos ani­mais es­tán ao ai­re li­bre to­do o ano e a ali­men­ta­ción que lles pro­por­cio­na­mos é na­tu­ral, li­bre de her­bi­ci­das e de fer­ti­li­zan­tes e nor­mal­men­te pro­ce­de do que nós se­men­ta­mos ou co­llei­ta­mos: mi­llo au­tóc­tono, ver­du­ra, tri­go... Mes­mo can­do hai pa­ta­cas en abun­dan­cia fa­go o que fa­cían as avoas que é co­cer­lles pa­ta­cas e fariña de mi­llo, al­go que lles gus­ta moi­to. Apro­vei­to ta­mén de­ter­mi­na­dos ex­ce­den­tes da hor­ta pa­ra ali­men­ta­los ani­mais; sem­pre un­ha ali­men­ta­ción 100 % na­tu­ral que é do que se tra­ta pa­ra sa­car un pro­duc­to de pri­mei­ra ca­li­da­de.

—¿Que ten a ra­za Ga­lo de Mos que non te­ña ou­tra?

—O Ga­lo de Mos non es­tá mo­di­fi­ca­do xe­né­ti­ca­men­te pa­ra que en­gor­de co­ma ou­tros. É un­ha car­ne máis es­cu­ra co ga­lo de cu­rral por exem­plo e non ten gra­xa po­lo que é moi re­co­men­da­ble pa­ra as die­tas. Ten un sa­bor máis in­ten­so que a car­ne de ga­lo nor­mal, por exem­plo, pe­ro ta­mén é máis du­ra. Que nin­guén pre­ten­da ela­bo­rar un Ga­lo de Mos en me­dia ho­ra! Ago­ra ben o sa­bor é sin­xe­la­men­te ex­tra­or­di­na­rio. —¿Ca­les son os gran­des es­co­llos que te­ñen os pro­duc­to­res? —O prin­ci­pal pro­ble­ma que te­mos ago­ra mes­mo é no que se re­fi­re ao sa­cri­fi­cio dos ani­mais que cria­mos. Pre­ci­sa­mos que saia un­ha nor­ma­ti­va o an­tes po­si­ble pa­ra po­der ins­ta­lar pe­que­nos ma­ta­doi­ros ca­sei­ros. Pen­sa que nós, no no­so ca­so con­cre­to, des­pra­zá­mo­nos ata Rian­xo cos ani­mais pa­ra que se­xan sa­cri­fi­ca­dos alí nun pe­queno ma­ta­doi­ro. O que reivin­di­ca­mos é po­der fa­ce­lo ca­da quen na súa ex­plo­ta­ción nun si­tio ha­bi­li­ta­do ao efec­to, e que cum­pra ob­via­men­te, coas me­di­das sa­ni­ta­rias per­ti­nen­tes.

MI­GUEL SOU­TO

Ma­ría Cas­tro Abon­jo con exem­pla­res de Mos na súa ex­plo­ta­ción de Toi­riz, en Vi­la de Cu­ces.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.