A Es­tra­da re­co­ñe­ce o mar­tes a 62 au­to­res no­ve­les

Os ga­ña­do­res do con­cur­so de mi­cro­poe­mas e re­la­tos se­rán as es­tre­las na Fes­ta das Pa­la­bras

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - DEZA-TABEIRÓS -

«Non é fá­cil, pe­ro é un­ha obri­ga». Así de­fi­ne o profesor Xa­bier Cam­ba (IES An­tón Lo­sa­da) a co­la­bo­ra­ción que des­de hai ca­tro anos man­te­ñen to­dos os cen­tros de edu­ca­ción Pri­ma­ria e Se­cun­da­ria do con­ce­llo pa­ra sa­car adiante un con­cur­so de mi­cro­poe­mas e mi­cro­rre­la­tos en ga­le­go que reivin­di­ca o uso do idio­ma en to­dos os ám­bi­tos e que cul­mi­na en xu­ño cun­ha Fes­ta das Pa­la­bras. Esa fes­ta ce­le­bra­ra­se o vin­dei­ro mar­tes ás 20.30 ho­ras no tea­tro Prin­ci­pal. Os pro­ta­go­nis­tas se­rán os 63 ga­ña­do­res dos cer­ta­mes li­te­ra­rios des­te ano nas súas di­fe­ren­tes ca­te­go­rías. Os mi­cro­poe­mas xi­ran so­bre a pa­la­bra «vento» e os mi­cro­rre­la­tos so­bre «ve­rán», ám­ba­las dúas es­co­llei­tas en­tre os tí­tu­los das obras de Car­los Casares, o au­tor ó que se lle de­di­ca­ron es­te ano as Le­tras Ga­le­gas.

Os ga­ña­do­res re­co­lle­rán os seus pre­mios o mar­tes nun ac­to pú­bli­co de re­co­ñe­ce­men­to. Os pre­mios non son ta­ble­tas nin te­lé­fo­nos mó­bi­les. Son un ca­ra­vel bran­co e un exem­plar edi­ta­do con to­das as obras ga­ña­do­ras. O vo­lu­me in­clúe ade­mais de­bu­xos de alum­nos de In­fan­til alu­si­vos ás pa­la­bras se­lec­cio­na­das. Es­tas crea­cións for­ma­rán par­te ta­mén dun­ha mos­tra que se ex­hi­bi­rá o día do ac­to no tea­tro Prin­ci­pal.

O mes­tre de ce­ri­mo­nias se­rá o es­cri­tor in­fan­til e xu­ve­nil An­to­nio Gar­cía Tei­jei­ro, au­tor de obras tan re­co­ñe­ci­das co­mo Na fo­guei­ra dos ver­sos. Fa­rá de pa­dri­ño nun ac­to que ta­mén con­ta­rá coa música do coro do IES An­tón Lo­sa­da, di­ri­xi­do por Che­lo Mi­llán e que in­te­gra a pro­fe­so­res e alum­nos de dis­tin­tos ni­ve­les edu­ca­ti­vos.

Un­ha das im­pul­so­ras do proxecto, Ma­ría Ta­to (CEIP Pé­rez Vion­di) des­ta­cou on­te que a co­la­bo­ra­ción ini­cial nes­ta ini­cia­ti­va en­tre os equi­pos de di­na­mi­za­ción lin­güís­ti­ca de to­dos os cen­tros foi se­men­te pa­ra a crea­ción do co­lec­ti­vo Di­na­mi­zaEs­tra­da e abriu por­tas á co­la­bo­ra­ción en ou­tras ini­cia­ti­vas, co­mo o in­ter­cam­bio de car­tas ou a par­ti­ci­pa­ción en vi­deo­con­fe­ren­cias.

Re­pre­sen­tan­tes dos cen­tros par­ti­ci­pan­tes pre­sen­ta­ron on­te a Fes­ta das Pa­la­bras e o vo­lu­me edi­ta­do.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.