As «Fia­dei­ras de Zo­bra», á mos­tra in­ter­na­cio­nal de ci­ne

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - AGENDA -

A duo­dé­ci­ma edi­ción da Mos­tra In­ter­na­cio­nal de Ci­ne­ma Eto­no­grá­fi­co, que or­ga­ni­za o Museo do Po­bo Ga­le­go co ga­llo do seu co­ren­ta aniver­sa­rio, in­clúe a pro­xec­ción ho­xe do do­cu­men­tal «Fia­dei­ras de Zo­bra», pro­du­ci­da por De­za Ci­ne Ga­le­go. No Sa­lón Tea­tro da Rúa No­va de San­tia­go ás 19.30 ho­ras po­de­rá vi­sio­nar­se es­ta pe­lí­cu­la que foi ro­da­da en­tei­ra­men­te na pa­rro­quia la­li­nen­se de Zo­bra, cu­xo guión e di­rec­ción é da au­to­ría do la­li­nen­se Daniel Gon­zá­lez Alén na­men­tras que o seu ir­mán Xe­sús se en­tre­ga­ba ás ta­re­fas de gra­ba­ción des­te do­cu­men­tal de ca­tor­ce mi­nu­tos de du­ra­ción no que se re­co­lle o pro­ce­so de cul­ti­vo e te­ci­do do li­ño que xa por aque­les anos de gra­ba­ción, no ano 1981, ía se­gun­do Daniel Gon­zá­lez «po­las úl­ti­mas».

Es­ta pe­lí­cu­la que foi un­ha das úl­ti­mas pro­du­ci­da por De­za Ci­ne Ga­le­go xa me­re­ceu o pri­mei­ro pre­mio «Fil­me de Ou­ro», no Fes­ti­val In­ter­na­cio­nal de Ci­ne de Vi­la­gar­cía de Arou­sa do ano 81 e se­ría pro­xec­ta­da pos­te­rior­men­te en cen­tos de lo­ca­li­da­des ga­le­gas. Un do­cu­men­tal que ate­sou­ra a esen­cia da al­dea e do me­ticu­loso pro­ce­so de cul­ti­vo e te­ci­do do li­ño que fora ro­da­do en su­per 8, e que na ac­tua­li­da­de se po­de ollar di­xi­ta­li­za­da.

De fei­to a me­ta­de das pe­lí­cu­las pro­du­ci­das por De­za Ci­ne Ga­le­go xa se ato­pan en di­to for­ma­to. «Fi­xe­mos do­ce pe­lí­cu­las e seis es­tán di­xi­ta­li­za­das. Eran tra­ba­llos nos que se per­día moi pou­ca pe­lí­cu­la po­lo seu ele­va­do cus­te. Po­día­mos es­tar fa­lan­do dun­has 50.000 pe­se­tas sen con­tar cá­ma­ras, pe­ro­nó­sau­tof in an­cia­bám olas con pre­mios e con­ve­nios », di­xo.

O di­rec­tor do do­cu­men­tal con dúas mu­lle­res de Zo­bra.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.