Agar Le­do, con raí­ces la­li­nen­ses, re­fle­xio­na so­bre el ar­te en Ga­li­cia y la bie­nal La­xei­ro

Agar Le­do, que des­ta­ca a auen­cia de po­lí­ti­cas cul­tu­rais den­de o ám­bi­to pú­bli­co, par­ti­ci­pa ho­xe nun­ha me­sa re­don­da en Lalín

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - PORTADA - JA­VIER BENITO

A Bie­nal Pin­tor La­xei­ro abreu as súas por­tas o 5 de maio nun­ha edi­ción que bus­ca re­for­mu­lar o cer­ta­me. A pro­gra­ma­ción de­se­ña­da po­lo co­mi­sa­rio da mos­tra, o la­li­nen­se Án­gel Cal­vo Ulloa, in­clúe pro­gra­mas es­pe­cí­fi­cos de pen­sa­men­to e de­ba­te. Ne­se con­tex­to, ho­xe, ás 19.00 ho­ras, ha­be­rá un­ha me­sa re­don­da con Agar Le­do, res­pon­sa­ble de ex­po­si­cións no mu­seo Mar­co de Vi­go den­de fai dez anos; Mi­guel An­xo Ro­drí­guez, pro­fe­sor de His­to­ria da Ar­te na USC; e Ma­no­lo Figueiras, ar­tis­ta plás­ti­co e his­to­ria­dor. Con Agar Le­do Arias (San­tia­go, 1975), ven­ce­lla­da a Lalín xa que a súa fa­mi­lia ma­ter­na é de Pra­do, fa­la­mos da si­tua­ción da plás­ti­ca en Ga­li­cia.

—A me­sa re­don­da na que par­ti­ci­pa ho­xe en Lalín le­va por tí­tu­lo «A plás­ti­ca aquí, no lu­gar da im­po­si­bi­li­da­de». ¿En Ga­li­cia é im­po­si­ble fa­cer plás­ti­ca ou o tí­tu­lo es­tá so­bre­di­men­sio­na­do?

—Pen­so que o tí­tu­lo da me­sa, que é un­ha pro­pos­ta do co­mi­sa­rio da Bie­nal, é moi axei­ta­do pa­ra cha­mar a aten­ción so­bre o sec­tor das ar­tes vi­suais en Ga­li­cia, que non es­tá aín­da ar­ti­cu­la­do e que arras­tra cer­ta de­pen­den­cia dos po­de­res po­lí­ti­cos. Pen­so que fai alu­sión di­rec­ta á au­sen­cia de po­lí­ti­cas cul­tu­rais que den­de o ám­bi­to pú­bli­co fa­vo­re­zan a pro­du­ción de ar­te.

—¿Im­po­si­bi­li­da­de crea­ti­va ou na vi­si­bi­li­da­de da ar­te?

—Sen dú­bi­da o se­gun­do. Con cer­te­za en Ga­li­cia hai moi­tas e moi­tos ar­tis­tas e axen­tes que abor­dan no seu tra­ba­llo cues­tións per­ti­nen­tes e pro­pias da con­tem­po­ra­nei­da­de, pe­ro non te­mos tra­ba­lla-

do en can­les de apoio á pro­du­ción e á di­fu­sión pa­ra que esas pro­pos­tas aca­den vi­si­bi­li­da­de e ope­ren co­mo de­be­ría ope­rar a ar­te, de xei­to crí­ti­co e trans­for­ma­dor. O con­tex­to ga­le­go es­tá moi ins­ti­tu­cio­na­li­za­do, e a vi­si­bi­li­za­ción de­pen­de dun­has ins­ti­tu­cións que pou­cas ve­ces saen do ám­bi­to da ex­po­si­ción pa­ra dar apoio a to­do o ci­clo da creación, den­de a pro­du­ción ata a vi­si­bi­li­za­ción.

—¿A ar­te ven­ce­lla­da ao te­rri­to­rio vi­ve un bo mo­men­to?

—Eu creo que hai máis con­cien­cia que nos anos 90 (que fo­ron te­rri­bles po­las di­ná­mi­cas de con­su­mo feroz que pro­pi­cia­ron, ta­mén no mun­do da ar­te e das ex­po­si­cións) de que hai que tra­ba­llar en cues­tións di­ri­xi­das a si­tuar e or­de­nar a co­mu­ni­da­de so­cio­ló­xi­ca, cul­tu­ral e xeo­grá­fi­ca den­de a que tra­ba­lla­mos. Pa­ra for­mar par­te do con­tex­to his­tó­ri­co uni­ver­sal con­tem­po­rá­neo, é fun­da­men­tal sa­ber quen so­mos e re­co­ñe­cer a no­sa si­tua­ción sen com­ple­xos. Mes­mo así, aín­da bo­to en fal­ta esa po­si­ción crí­ti­ca des­de a que cues­tio­nar, tan­to den­de o ám­bi­to da creación co­mo o da xes­tión, o con­tex­to des­de o que pro­du­ci­mos.

—¿As co­rren­tes lo­cais te­ñen voz pro­pia ou es­tán con­di­cio­na­das po­las co­rren­tes ar­tís­ti­cas de ám­bi­to in­ter­na­cio­nal?

—Coa so­bre­abun­dan­cia de in­for­ma­ción que ca­rac­te­ri­za es­te con­tex­to for­ma­ti­vo glo­ba­li­za­do, hai moi­ta con­ta­mi­na­ción, al­go que non é ne­ce­sa­ria­men­te ma­lo se o asu­mi­mos cri­ti­ca­men­te. Nes­te con­tex­to, é moi in­tere­san­te pen­sar en cues­tións de iden­ti­da­de, per­ten­za ou es­pe­ci­fi­ci­da­de. A de­li­mi­ta­ción xa non vén da­da por lí­mi­tes xeo­grá­fi­cos se­nón emo­cio­nais. E pen­so que un dos efec­tos do neo­li­be­ra­lis­mo e o ca­pi­ta­lis­mo, do no­so tem­po, é que a xen­te per­ci­biu que ago­ra, máis que nun­ca, pre­ci­sa­mos fu­xir da es­tan­da­ri­za­ción e aten­der ás sin­gu­la­ri­da­des im­pul­san­do po­lí­ti­cas de pro­xi­mi­da­de que ope­ren des­de o lo­cal. Pe­ro é moi di­fí­cil se­pa­rar as ar­tes das in­dus­trias cul­tu­rais e con­se­guir que non se mi­dan en ter­mos de mer­ca­do.

—Ar­te de mí­ni­mos, de re­de­fi­ni­ción de ob­xec­tos con no­vos usos, for­man par­te de pro­pos­tas de no­vos crea­do­res co­mo Mis­ha Bies Go­las, Ro­sen­do Cid,.. ¿Ga­ñan pe­so pro­pos­tas des­te ti­po ou se­guen ten­do máis atrac­ti­vo no­mes xa con­so­li­da­dos, xa que es­ta­mos en Lalín co­mo An­tón La­ma­za­res?

—O mer­ca­do é im­pre­vi­si­ble, e os pa­rá­me­tros que o mo­ven son abs­trac­tos. A xes­tión de­be man­ter­se á mar­xe do mer­ca­do e da es­pe­cu­la­ción, pe­ro xa sa­be­mos a ca­pa­ci­da­de des­te sis­te­ma ca­pi­ta­lis­ta pa­ra con­ver­ter to­do en mer­ca­do­ría. Tan­to as pro­pos­tas dos no­vos crea­do­res da xe­ra­ción de Mis­ha ou Ro­sen­do, co­mo as de ar­tis­tas da xe­ra­ción de La­ma­za­res é fun­da­men­tal es­tu­dia­las aten­den­do aos con­tex­tos es­pe­cí­fi­cos nas que se pro­du­cen, non por­que te­ñan máis ou me­nos pe­so no mer­ca­do.

—¿Xa vi­si­tou a bie­nal?

—Sí, por su­pos­to. Ho­xe é a se­gun­da vez que a vi­si­to. Creo que é un pro­xec­to que me­re­ce to­da a aten­ción dos axen­tes que es­ta­mos a tra­ba­llar no ám­bi­to da pro­du­ción de dis­cur­so por me­dio das ex­po­si­cións. É un­ha pro­pos­ta moi equi­li­bra­da e que, ade­mais, abor­da un­ha cues­tión fun­da­men­tal, a da tra­di­ción e a da olla­da ao pa­sa­do. É fun­da­men­tal co­ñe­cer a tra­di­ción, aín­da que se­xa pa­ra re­xei­ta­la. E en Ga­li­cia hou­bo va­rias rup­tu­ras que cau­sa­ron cer­ta am­ne­sia.

—¿É un bo mo­men­to pa­ra o co­mi­sa­ria­do de ar­te?

—Eu son das que cree que a pro­fe­sión do co­mi­sa­ria­do de ar­te es­ta­se des­vir­tuan­do moi­to, por­que ta­mén es­tá moi con­di­cio­na­da po­las di­ná­mi­cas de ofer­ta-de­man­da do mer­ca­do. Creo que é un­ha pro­fe­sión que pre­ci­sa de tem­po pa­ra abor­dar­se ben, pois a pro­du­ción de co­ñe­ce­men­to e a in­ves­ti­ga­ción, que é no que se ba­sa, non se fai dun día pa­ra ou­tro.

—¿Es­tá con­ten­ta coa aco­lli­da a mos­tra de Án­xel Hue­te?

—É moi boa, gra­zas. É un deses pro­xec­tos ne­ce­sa­rios que nos axu­dan a vol­ver so­bre cues­tións pro­xi­mas. Hue­te é un ar­tis­ta im­pres­cin­di­ble pa­ra en­ten­der o des­en­ro­lo das no­sas ar­tes vi­suais. Foi to­da un­ha apren­di­za­xe tra­ba­llar con el.

M. M.

Agar Le­do é res­pon­sa­ble de ex­po­si­cións no Mar­co.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.