«Fariña con­ta a his­to­ria real do nar­co­trá­fi­co en Ga­li­cia nos 80»

O ac­tor la­li­nen­se pro­ta­go­ni­za xun­to a Ja­vier Rey e Ta­mar No­vas a no­va se­rie con se­lo de Bambú Pro­duc­cio­nes

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - AGENDA - AME­LIA FERREIROA

O nar­co­trá­fi­co en Es­pa­ña es­tá pro­ta­go­ni­zan­do ac­tual­men­te va­rias series de te­le­vi­sión e xur­de ago­ra ou­tro pro­xec­to no que o fío con­du­tor é ta­mén o nar­co­trá­fi­co e as fa­za­ñas dos nar­co­tra­fi­can­tes na co­mu­ni­da­de ga­le­ga. Chá­ma­se Fariña e co­me­za­rá a ro­dar­se a vin­dei­ra se­ma­na. Es­ta­mos an­te a no­va se­rie que pre­pa­ra An­te­na 3 e que con­ta no seu re­par­to cun elen­co de ac­to­res da ta­lla de Cristina Igle­sias, Ta­mar No­vas, Che­chu Sal­ga­do, Ja­vier Rey e o la­li­nen­se Fran La­reu. Un pro­xec­to au­dio­vi­sual que se ba­sea no li­bro ho­mó­ni­mo da au­to­ría de Na­cho Ca­rre­te­ro.

—Se­me­lla que as his­to­rias de nar­co­tra­fi­can­tes co­pan máis dun­ha se­rie au­dio­vi­sual nes­tos mo­men­tos...

—Pa­re­ce­rá que o nar­co­trá­fi­co es­tá de moda pe­ro es­te é un pro­xec­to que len­do os guións te das con­ta que é im­pre­sio­nan­te. Fariña é un­ha se­rie que con­ta a his­to­ria real do nar­co­trá­fi­co en Ga­li­cia nos anos 80. É un pro­du­to moi coida­do, un­ha pro­duc­ción que pin­ta moi ben e que ade­mais le­va o se­lo de Bambú Pro­duc­cio­nes, que é ga­le­ga pe­ro que den­de Madrid es­tá sa­can­do series im­pre­sio­nan­tes. Aí es­tá o re­cen­te éxi­to de Vel­vet, por exem­plo, e a di­fe­ren­cia des­te pro­xec­to res­pec­to dou­tros so­bre o nar­co­trá­fi­co é que vai con­tar al­go real. Con Fariña se vai ver o pro­ble­ma que ti­ve­mos en Ga­li­cia e que non se co­ñe­cía.

—Un­ha se­rie que com­par­ti­rá con Ta­mar No­vas, Che­chu Sal­ga­do, Ja­vier Rey...

—Ti­ven oca­sión xa de es­tar con Ta­mar No­vas e Ja­vier Rey en­saian­do e a ver­da­de é que moi ben. A sen­sa­ción é im­pre­sio­nan­te.

—¿On­de es­tá pre­vis­to ro­da­la?

—A ba­se de ope­ra­cións es­tá en Noia pe­ro creo que se vai ro­dar por to­da Ga­li­cia, en pa­ra­xes na­tu­rais e por boa par­te das Rías Bai­xas.

—¿Co­mo aco­lle o for­mar par­te des­te pro­xec­to?

—Con ilu­sión e ga­nas. Su­pón un pa­so máis. Un pa­so gran­de. Son oca­sións pa­ra apro­vei­tar e non dei­xa­las es­ca­par xa que ata ago­ra non ti­ven un­ha des­tas ca­rac­te­rís­ti­cas. Ago­ra só hai que fa­cer ben o tra­ba­llo!

—Non é no úni­co pro­xec­to no que an­da mer­gu­lla­do.

—Non. Es­tou ta­mén cun­ha pe­lí­cu­la pa­ra Te­le­vi­sión de Ga­li­cia so­bre Ro­sa­lía de Cas­tro e Ma­nuel Mur­guía que se emi­ti­rá en dous ca­pí­tu­los. So­mos dous pro­ta­go­nis­tas e eu en­carno a Ma­nuel Mur­guía na épo­ca en que se na­mo­ra de Ro­sa­lía.

—Un per­so­na­xe co­ñe­ci­do his­tó­ri­ca­men­te, ¿co­mo es­tá sen­do a ro­da­xe?

—Ma­nuel Mur­guía foi un per­so­na­xe de to­dos co­ñe­ci­do po­lo que o di­fí­cil é o xei­to de tra­ta­lo na pe­lí­cu­la. A ro­da­xe é du­ra xa que es­ta­mos me­ti­dos no sécu­lo XIX, co ves­tia­rio da­que­la épo­ca, moi­to tex­to an­ti­go ao que lle hai que dar pro­fun­di­da­de e es­ta­se fa­cen­do du­ro pe­ro moi gra­ti­fi­can­te. É un­ha pe­lí­cu­la na que se ve­rá un­ha Ro­sa­lía de Cas­tro ale­gre e fe­mi­nis­ta que se na­mo­ra de Ma­nuel Mar­guía, dous gran­des per­so­na­xes con ce­re­bros pro­di­xio­sos.

O ac­tor la­li­nen­se, cuar­to po­la es­quer­da, no fo­to­gra­ma da se­rie que se ro­da­rá en Ga­li­cia.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.