Isabel Castro, al fren­te de la ta­ber­na de Fei­ra No­va, que ce­rró en mar­zo por vez pri­me­ra des­de 1952

O es­ta­ble­ce­men­to que se abriu no ano 1952 man­ten­se den­de en­tón en fun­cio­na­men­to

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - PORTADA - AME­LIA FERREIROA

O des­po­boa­men­to pau­la­tino, e ca­da vez máis acu­cian­te do no­so ru­ral, fai que se­xan pou­cas as ta­ber­nas-ul­tra­ma­ri­nos que se man­te­ñen aín­da coas súas por­tas aber­tas. Un deses ca­sos in­só­li­tos de per­vi­ven­cia ma­lia ao de­co­rrer dos anos é o de Ca­sa Fra­ga en Fei­ra No­va, na pa­rro­quia ago­len­se de Brán­te­ga, que con­ti­núa aten­den­do a pa­rro­quia­nos e xen­te de pa­so á mar­xe de ser ta­mén un bo re­fe­ren­te á ho­ra de con­ver­sar so­bre o di­vino e o hu­mano. Isabel Castro le­va to­da a vi­da li­ga­da a Ca­sa Fra­ga, da que to­mou as ren­das hai 33 anos.

—¿Quen fun­dou es­ta ta­ber­na-ul­tra­ma­ri­nos?

—Fo­ron meus tíos: Se­cun­dino Fra­ga Vi­la­ri­ño, na­tu­ral de Cer­cio (La­lín), e Ju­lia Fernández Bus­to de Car­moe­ga (Ago­la­da). Abri­ron a ta­ber­na no ano 1952 e aquí se­gui­mos den­de en­tón coas por­tas aber­tas, pri­mei­ro fo­ron eles que­nes se fi­xe­ron car­go do es­ta­ble­ce­men­to e ago­ra es­tou eu.

—¿Que mo­ti­vou a aper­tu­ra dese ne­go­cio?

—Meus tíos ao ca­sa­ren vi­ñe­ron a vi­vir aquí. Na­que­les anos ce­le­brá­ba­se fei­ra e pen­sa­ron en mon­tar un ne­go­cio apro­vei­tan­do o ti­rón dos días fei­ra­dos; cou­sa que fi­xe­ron. O pri­mei­ro que pu­xe­ron a an­dar, se­gun­do me con­ta­ron eles, foi un ul­tra­ma­ri­nos no lo­cal no que se ven­día ta­mén vi­ño. Os cal­dos pa­re­ce que lle­los mer­ca­ban a Higinio de La­lín e ta­mén ti­ñan bas­tan­te ar­ti­gos de pa­que­te­ría que lle su­mi­nis­tra­ba a ten­da de Es­pe­ran­za, ta­mén de La­lín, e mi­ña tía ta­mén ser­vía co­mi­das os días de fei­ra. No mo­men­to en que des­apa­re­ce­ron as fei­ras o ne­go­cio re­sen­tiu­se un chis­co pe­ro con­ti­nua­ron tra­ba- llan­do no mes­mo ata que o dei­xa­ron nas mi­ñas mans.

—¿Pe­ro que mo­ti­vou o seu asen­ta­men­to aí en Fei­ra No­va?

—Un pou­co por ca­sua­li­da­de. Can­do ti­ña ca­tro anos vi­ñen pa­ra Fei­ra No­va pa­ra a fes­ta, pa­ra pa­sa­la aquí cos meus tíos, e aca­bei que­dan­do. Hai que di­cir que meus tíos ti­ve­ron tres fi­llos pe­ro mo­rré­ron­lles to­dos, e eu a raíz da fes­ta da al­dea es­ti­ven uns días con eles que se fo­ron tor­nan­do en anos... Acos­tu­mar­me aquí non foi fá­cil xa que era­mos no­ve ir­máns, dos que vi­vi­mos oi­to, e no­sos pais sem­pre se preo­cu­pa­ron por nós to­dos. Sem­pre di­go que eu ti­ven ca­tro pais: os meus pro­pios e meus tíos e dous pais po­lí­ti­cos. To­dos fo­ron ex­tra­or­di­na­rios! Afor­tu­na­da­men­te aín­da me que­da meu pai que ten ago­ra 96 anos.

—Le­va 33 anos fa­cén­do­se car­go de Ca­sa Fra­ga, ¿que foi mu­dan­do co pa­so dos anos?

—A es­truc­tu­ra ini­cial é exac­ta­men­te a mes­ma. Fo­ron fa­cén­do­se pe­que­nos arran­xos pe­ro man­te­mos a esen­cia do que era a ta­ber­na de an­tes co seu mos­tra­dor que, te­ño que re­co­ñe­cer que, can­to máis o mi­ro máis me gus­ta! O que foi cam­bian­do foi a ven­da e o des­cen­so do vo­lu­me de clien­tes po­lo des­po­boa­men­te que es­tá su­frin­do o ru­ral. Ago­ra mes­mo exer­ce­mos ca­se co­mo cen­tro so­cial on­de se xun­tan os pou­cos ve­ci­ños que que­dan po­la con­tor­na. Non hai si­tio máis fer­mo­so que Fei­ra No­va! Ten o en­can­to da al­dea, con cru­ce de es­tra­das, dúas li­ñas de trans­por­te de via­xei­ros a San­tia­go e a La­lín e aquí che­ga­mos a con­tar con dúas sas­tre­rías, ca­tro es­ta­ble­ce­men­tos co­mer­ciais di­fe­ren­tes, un­ha mo­dis­ta -moi boa e gran pro­fe­sio­nal por cer­to-, un fe­rrei­ro, hou­bo car­ni­ce­ría, un­ha ca­fe­te­ría e va­rios mui­ños. Eran anos en que a to­ta­li­da­de das ca­sas es­ta­ban ha­bi­ta­das e ho­xe non hai na­da. Só que­da a ta­ber­na e uns can­tos ve­ci­ños. En dous anos per­de­mos a moi­tos ve­ci­ños ben­que­ri­dos.

—¿Que ato­pa­mos no seu lo­cal?

—Ar­ti­gos va­ria­dos de ali­men­ta­ción, cou­sas bá­si­cas de pa­que­te­ría co­mo po­den ser cal­ce­tins, me­dias, za­pa­ti­llas de ca­sa e lo­go o pro­pio de ta­ber­na.

Isabel Castro Fra­ga, na ta­ber­na-ul­tra­ma­ri­nos que re­xen­ta na pa­rro­quia ago­len­se de Brán­te­ga.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.