«Den­de o ano 1952 non se pe­cha­ra nun­ca por des­can­so ata o pa­sa­do mar­zo»

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - AGENDA -

As ven­das no ul­tra­ma­ri­nos min­gua­ron nos úl­ti­mos anos, sen­ten­cia Isabel. O mo­ti­vo hai que bus­ca­lo en que non hai po­boa­ción á que ven­der­lle.

—A cal­que­ra al­dea que vaias ves as ca­sas pe­cha­das. Un­ha má­goa! Os maio­res non tra­ba­llan e a xen­te mo­za fu­xe na pro­cu­ra dun em­pre­go po­lo que só que­da­mos uns pou­cos. Se hou­be­ra xen­te nas al­deas non me preo­cu­pa­rían pa­ra na­das as gran­des áreas co­mer­ciais xa que os no­sos pre­zos son bos e os pro­du­tos de gran­de ca­li­da­de, pe­ro aquí de noi­te me­te me­do xa que non ato­pas un­ha luz acen­di­da.

—¿A sua clien­te­la é emi­nen­te­men­te da pa­rro­quia?

—A xen­te que ven por aquí é da al­dea, de Brán­te­ga e de zo­nas co­lin­dan­tes. Ta­mén con­ta­mos con xen­te de pa­so que en­tra, que­da con­ten­ta co tra­to e co pro­du­to, e vol­ta. Eso é enor­me­men­te gra­ti­fi­can­te que ve­ñan un­ha vez e lo­go re­pi­tan ex­pe­rien­cia.

—Co­me­zou a pe­char un día a se­mán des­pois de 65 anos sin fa­ce­lo...

—Den­de o ano 1952 que se abriu a ta­ber­na nun­ca se pe­cha­ra por des­can­so ata o pa­sa­do mes de mar­zo que co­me­cei a fa­ce­lo os mar­tes. Te­ño que re­co­ñe­cer que o ma­lo foi non ha­be­lo fei­to an­tes!

—A ca­ra máis du­ra de ter un ne­go­cio des­tas ca­rac­te­rís­ti­cas se­rá o te­lo per­ma­nen­te­men­te aber­to.

—É un ne­go­cio ao que es­tás sem­pre ata­da. Non po­des pran­te­xar un­ha saí­da. Non tes vi­da e no meu ca­so sin­to o non ha­ber dis­fru­ta­do su­fi­cien­te­men­te dos meus fi­llos. Ago­ra que pe­cho os mar­tes un­ha ho­ra que po­do pa­sar con eles vá­le­me un mun­do!

—¿Ca­sa Fra­ga se­gui­rá coas por­tas aber­tas can­do se xu­bi­le?

—Pois non o sei... Igual me gus­ta­ría que hou­be­ra quen con­ti­nua­ra co ne­go­cio que eu her­dei de meus tíos... Non sei cal se­rá o seu fu­tu­ro...

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.