Un li­bro e un ca­ra­vel bran­co pa­ra 62 no­vos au­to­res

O Prin­ci­pal ce­le­brou a Fes­ta das Pa­la­bras e pre­miou ós ga­ña­do­res dos cer­ta­mes de mi­cro­poe­mas e re­la­tos

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - DEZA-TABEIRÓS -

O tea­tro Prin­ci­pal da Es­tra­da ves­tiu­se on­te de lon­go pa­ra aco­ller a ce­le­bra­ción da Fes­ta das Pa­la­bras, un even­to no que to­dos os cen­tros de en­sino do con­ce­llo co­la­bo­ran pa­ra po­ten­ciar o uso do ga­le­go e as vo­ca­cións li­te­ra­rias.

A ci­ta reuniu ós 63 ga­ña­do­res das dis­tin­tas ca­te­go­rías dos con­cur­sos de mi­cro­poe­mas e mi­cro­rre­la­tos que se es­tán a con­vo­car des­de hai ca­tro anos des­de os de­par­ta­men­tos de nor­ma­li­za­ción lin­güís­ti­ca de to­dos os co­le­xios e IES es­tra­den­ses.

Ca­da ano elí­xen­se dúas pa­la­bras en­tre os tí­tu­los das obras do au­tor ó que se lle dedican as Le­tras Ga­le­gas. Es­te ano fo­ron «ven­to» pa­ra os mi­cro­poe­mas e «ve­rán» pa­ra os mi­cro­rre­la­tos, as dúas es­co­lli­das en­tre os li­bros de Carlos Ca­sa­res.

En torno a elas xur­di­ron un uni­ver­so de crea­cións. As me­llo­res, es­tán re­co­lli­das nun vo­lu­me que on­te se lle en­tre­gou ós seus au­to­res co con­ven­ce­men­to de que o me­llor pre­mio non é un dis­po­si­ti­vo tec­no­ló­xi­co, se­nón un li­bro co no­me pro­pio im­pre­so. Ne­se li­bro in­clúen­se ade­máís as ilus­tra­cións te­má­ti­cas rea­li­za­das por alum­nos de Pri­ma­ria.

Un li­bro en un ca­ra­vel bran­co fo­ron os aga­sa­llos pa­ra os ga­ña­do­res. Iso e un ac­to co es­cri­tor infantil e xu­ve­nil An­to­nio Gar­cía Tei­jei­ro co­mo pa­dri­ño e coa mú­si­ca do co­ro do IES An­tón Lo­sa­da Diéguez.

O con­cur­so li­te­ra­rio e a Fes­ta das Pa­la­bras son a pri­mei­ra ini­cia­ti­va lo­cal na que par­ti­ci­pan de for­ma uná­ni­me to­dos os cen­tros pú­bli­cos e con­cer­ta­dos do con­ce­llo. Un pa­so adian­te.

RO­BER AMA­DO

O co­ro do IES An­tón Lo­sa­da pu­xo a mú­si­ca nun ac­to no que as pa­la­bras fo­ron pro­ta­go­nis­tas.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.