A Ar­tís­ti­ca de Mer­za es­trea a ban­da de músicos ve­te­ra­nos

O vin­dei­ro sá­ba­do pre­sen­ta­ra­se ao pú­bli­co cun con­cer­to que se ce­le­bra­rá no Pal­co da Moa

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - AGENDA - AMELIA FERREIROA

A Ban­da Ar­tís­ti­ca de Mer­za pre­sen­ta­rá o vin­dei­ro sá­ba­do, 17 de xu­ño, a súa agru­pa­ción de ve­te­ra­nos. Xun­tar­se pa­ra re­cu­pe­rar ve­llas sen­sa­cións foi o que guiou a pos­ta en mar­cha da ve­te­ra­na for­ma­ción, se­gun­do re­co­ñe­ceu o seu di­rec­tor Mi­guel Ro­drí­guez Ba­rrio. «Que­ria­mos sen­tir de no­vo o que era to­car por aí adian­te e así xur­diu a idea de cons­ti­tuir a Ban­da de Ve­te­ra­nos da Ar­tís­ti­ca de Mer­za». Des­pois de ti­rar de listas, con­tac­tos e te­lé­fo­nos a agru­pa­ción foi to­man­do cor­po ata che­gar ao que é ho­xen­día. «De­trás de to­do is­to hai fun­da­men­tal­men­te moi­ta ilu­sión de to­dos e de ca­da un de nós, on­de uns se acor­da­ron dou­tros e fo­mos ti­ran­do da cor­da ata che­gar aos ca­si trin­ta músicos que so­mos na ac­tua­li­da­de». Un­ha trin­te­na de músicos que co­me­za­ron a re­unir­se e a en­saiar no pa­sa­do Na­dal e que es­tán pre­pa­ra­dos pa­ra a gran pre­sen­ta­ción do vin­dei­ro sá­ba­do. Ilu­sión non lles fal­ta a nin­gún pe­ro máis se ca­be a un en es­pe­cial: «chá­ma­se Al­bino de Pa­ra­de­la, que po­de ter uns 70 anos, e se­rá o seu gran es­treo co­mo mú­si­co. De no­vo o era pe­ro lo­go ti­vo que mar­char­se pa­ra fó­ra a tra­ba­llar e nun­ca pui­do to­car. Ago­ra, o pró­xi­mo sá­ba­do, po­de­rá fa­ce­lo e es­tá moi moi ilu­sio­na­do», apun­tou Ro­drí­guez Ba­rrio.

A Ban­da de Ve­te­ra­nos da Ar­tís­ti­ca de Mer­za, que con­ta no seu plan­tel con músicos de en­tre 40 e 70 anos, ul­ti­ma os pre­pa­ra­ti­vos da súa pre­sen­ta­ción no que se­rá un con­cer­to con tin­tes de fes­ta. «O que mos­tra­re­mos ao pú­bli­co se­rá un­ha fes­ta co­ma as que se fa­cían an­tes, con to­dos os in­gre­dien­tes da­que­les fes­te­xos dos anos oi­ten­ta». Con esa idea das fes­tas á an­ti­ga usan­za pe­chou­se o pro­gra­ma do pró­xi­mo sá­ba­do que co­me­za­rá cun pa­sa­rúas ás do­ce do me­dio­día pa­ra dar pa­so un­ha ho­ra des­pois á mi­sa, e ás 14 ho­ras ini­ciar o con­cer­to que se ce­le­bra­rá no Pal­co da Moa. «Ten­do en con­ta que é un­ha fes­ta na pa­rro­quia, co­ma as de an­tes, apro­vei­ta­mos pa­ra re­cu­pe­rar ta­mén un­ha mi­sa a San Antonio on­de ha­be­rá ta­mén un­ha mar­cha de pro­ce­sión e lo­go vi­rá a se­sión ver­mú con bai­la­bles que é o que se fa­cía an­tes». Non fal­ta­rán pois os pa­so­do­bles, co­mo un do di­rec­tor Alejandro del Río ben co­ñe­ci­do po­los músicos da Ar­tís­ti­ca de Mer­za, un­ha obra ga­le­ga e un par de bai­la­bles co­mo «Ma­cum­ba» que tan­to so­na­ba po­los oi­ten­ta».

Nos ob­xec­ti­vos da Ban­da de Ve­te­ra­nos da Ar­tís­ti­ca de Mer­za es­tá to­car «can­do nos ape­te­za co­mo por exem­plo nas fes­tas de in­verno da pa­rro­quia pe­ro non se tra­ta de saír fó­ra se­nón de di­na­mi­zar as fes­tas de Mer­za e pa­sa­lo ben». Músicos que bus­can fun­da­men­tal­men­te man­ter­se en per­ma­nen­te con­tac­to «co que nos gus­ta que é to­car» e un­ha pa­rro­quia que agar­da an­sio­sa a pre­sen­ta­ción da for­ma­ción dos seus ve­te­ra­nos músicos. «A moi­tos ve­ci­ños se­me­lla que non lles che­ga a ho­ra. A sen­sa­ción é de ilu­sión».

MI­GUEL SOU­TO

A Ban­da Ar­tís­ti­ca de Mer­za am­plía sec­cións coa agru­pa­ción de ve­te­ra­nos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.