O ba­rrio da Ca­cha­re­la agar­da 500 co­men­sais pa­ra o San Xoán

A aso­cia­ción ve­ci­ñal ul­ti­ma a ce­le­bra­ción dun día com­ple­to de ac­ti­vi­da­des pa­ra to­dos os pú­bli­cos

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - AGENDA - AME­LIA FERREIROA

O ba­rrio la­li­nen­se da Ca­cha­re­la vol­ta­rá a ce­le­brar o San Xoán, tal e co­mo o ven fa­cen­do nos úl­ti­mos de­zaoi­to anos. Or­ga­ni­za­do den­de a aso­cia­ción de ve­ci­ños o pro­gra­ma man­te­rá a es­truc­tu­ra de an­te­rio­res edi­cións, «xa que can­do ato­pas a fór­mu­la que fun­cio­na só hai que per­fi­lar de­ta­lles pe­ro man­ter o or­ga­ni­gra­ma ini­cial», apun­ta den­de o co­lec­ti­vo ve­ci­ñal Ti­to Gon­zá­lez. O fun­cio­na­men­to da vin­dei­ra ce­le­bra­ción man­te­rá pois o cro­no­gra­ma de ou­tras edi­cións coa re­ser­va de me­sas e ca­dei­ras pa­ra a noi­te do 23 de xu­ño. Os adul­tos des­em­bol­sa­rán 5 eu­ros e os ne­nos a par­ti­res dos 12 anos, 3 eu­ros.

«Co­mo ven sen­do ha­bi­tual a ac­ti­vi­da­de te­rá fins be­né­fi­cos e fa­ra­se un­ha apor­ta­cións ás aso­cia­cións que tra­ba­llan na zo­na», di­xo. Re­ser­va de asen­tos que xa se po­de le­var a ca­bo no Bar Po­lo, Pa­na­de­ría Ba­la­do, O Bra­sei­ro e Pa­pe­le­ría Dal­vi ata o vin­dei­ro 20 de xu­ño. «Co­ma sem­pre os que quei­ran asis­tir ta­mén se po­den po­ñer en con­tac­to con cal­quer mem­bro da aso­cia­ción pe­ro se­ría in­tere­san­te pe­char as re­ser­vas can­to an­tes pa­ra nós ter un­ha pre­vi­sión de asis­ten­tes o an­tes po­si­ble». Un ano máis a Aso­cia­ción de Ve­ci­ños da Ca­cha­re­la se­rá a en­car­ga­da de co­lo­car me­sas e ca­dei­ras pa­ra to­dos os co­men­sais que, se­gun­do Ti­to Gon­zá­lez, po­de­rían ron­dar o me­dio mi­llei­ro.

«O San Xoán cae a ven­res po­la noi­te e é un­ha das ci­tas con­so­li­da­das no po­bo po­lo que agar­da­mos un­ha ma­si­va afluen­cia de asis­ten­tes», apun­tou Gon­zá­lez. Un­ha fes­ta que, nes­ta edi­ción, pre­ten­de ce­le­bra­ra­se ao lon­go de to­da a xor­na­da cun­ha se­rie de ac­ti­vi­da­des en­fo­ca­das a ne­nos e adul­tos. O pri­mei­ro se­rá a mi­sa que se ce­le­bra­rá á un­ha do me­dio­día. Un­ha eu­ca­ris­tía que se ven le­van­do a ca­bo den­de anos atrás pe­ro á que non se lle deu moi­ta pu­bli­ci­da­de. En­ga­diu que «é un clá­si­co do San Xoán o ter a mi­sa no ga­ra­xe da pre­si­den­ta da aso­cia­ción, que ama­ble­men­te o ce­de pa­ra tal fi­na­li­da­de, pe­ro non dei­xa­ra­mos cons­tan­cia da mes­ma nos pro­gra­mas ma­lia que ven moi­ta xen­te á mi­sa tan­to do ba­rrio co­ma do po­bo». Po­la tar­de ha­be­rá ta­mén ac­ti­vi­da­des de di­na­mi­za­ción an­tes de dar pa­so a cea que es­ta­rá ame­ni­za­da por Pa­chi e Mon­tse, «que son dous mem­bros máis da or­ga­ni­za­ción xa que sem­pre co­la­bo­ran con nós».

Un­ha aso­cia­ción ve­ci­ñal da Ca­cha­re­la co­ñe­ci­da po­la ce­le­bra­ción do An­troi­do e do San Xoán, iden­ti­da­de do co­lec­ti­vo, pe­ro ta­mén po­la Fes­ta do So­cio. «Na­ceu co­mo un re­co­ñe­ce­men­to a to­dos os aso­cia­dos e é un­ha mag­ní­fi­ca opor­tu­ni­da­de que te­mos pa­ra bo­tar uns con­tos», co­men­tou Gon­zá­lez. A di­rec­ti­va da aso­cia­ción de­ci­diu por ou­tra ban­da en­ga­dir á pro­gra­ma­ción anual de ac­ti­vi­da­des un­ha ex­cur­sión rea­li­za­da re­cen­te­men­te e que, se­gun­do Ti­to Gon­zá­lez, foi un éxi­to. «Era a pri­mei­ra vez que se fa­cía e fo­ron prác­ti­ca­men­te 50 per­soas po­lo que nos dá fol­gos pa­ra se­guir».

M. SOU­TO

A ce­le­bra­ción do San Xoán na Ca­cha­re­la é un­ha ci­ta es­ta­ble­ci­da no ca­len­da­rio.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.