Isa­bel San­mar­tín re­cuer­da el paso de De­mis Rous­sos y Al Bano por su res­tau­ran­te

Abriu no 1970 co seu ho­me Os­val­do o res­tau­ran­te ao que lle en­ga­di­ron lo­go hos­pe­da­xe

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - PORTADA - AME­LIA FERREIROA

De ne­na, e mes­mo de mo­za, non pen­sa­ba adi­car­se á co­ci­ña e moi­tos me­nos a su­per­vi­sar o bo fun­cio­na­men­to dun res­tau­ran­te. Isa­bel San­mar­tín Quin­tá na­da en San Jor­ge de Cris­ti­mil (Lalín); máis con­cre­ta­men­te no lu­gar de Quin­tá -re­mar­ca- ía pa­ra cos­tu­rei­ra pe­ro fi­nal­men­te aca­ba­ría cen­tran­do a súa vida pro­fe­sio­nal na hos­ta­la­ría.

—Iba pa­ra cos­tu­rei­ra co­ma mi­ña nai e mi­ñas tías. Apren­dín cor­te en Pon­te­ve­dra e fun aos cur­sos da Sec­ción Fe­mi­ni­na de co­ci­ña, de bor­da­do e de cos­tu­ra. Sem­pre pen­sei que o meu fu­tu­ro pro­fe­sio­nal iría ne­sa di­rec­ción pe­ro ca­sei, vi­ñen pa­ra aquí con 23 anos e xun­to con Os­val­do -o seu ho­me- fun­da­mos o Res­tau­ran­te As Vi­las.

—¿En que ano pu­xe­ron a an­dar o es­ta­ble­ce­men­to?

—Abrí­mo­lo no ano 1970 can­do co­me­za­ba a agro­mar a Fei­ra do Co­ci­do, pe­ro na­da que ver co que é ago­ra cla­ro. Eran anos nos que se tra­ba­lla­ba moi ben no res­tau­ran­te. Pen­sa que es­ta­ba­mos nun­ha si­tua­ción moi boa, nun cru­ce im­por­tan­te de ca­mi­ños, e eran anos nos que abun­da­ban os via­xan­tes e os obrei­ros.

—¿Co­mo lem­bra aque­les anos?

—De moi­to tra­ba­llo. Fo­ron real­men­te os anos do es­per­tar de Lalín. An­tes só ha­bía un cru­ce de ca­mi­ños po­los que pa­sa­ban os co­ches atei­ga­dos cos bi­dóns de lei­te e da­ban uns fre­na­zos te­rri­bles, pe­ro lo­go co­me­zou a fa­cer­se a es­tra­da a Za­mo­ra o que con­le­vou mo­ve­men­to no po­bo e apa­re­ce­ron os pri­mei­ros pi­sos pa­ra alu­gar, al­go que non exis­tía. Era un po­bo no que a xen­te tra­ba­lla­ba pe­ro no que se que­da­ban ta­mén moi­tos tra­ba­lla­do­res e eso xe­ne­ra­ba ri­que­za e be­nes­tar pa­ra to­dos. Fo­ron anos de tra­ba­llar de ver­da­de!

—Co res­tau­ran­te en pleno fun­cio­na­men­to de­ci­den abrir hos­pe­da­xe, ¿moi­to des­pois?

—Non. Dous ou tres anos des­pois. O mo­ti­vo non era ou­tro que ca­na­li­zar ese flu­xo de tra­ba­lla­do­res de fó­ra que ha­bía no po­bo. Pen­sa que na­que­les anos es­ta­ba­mos tra­ba­llan­do so­la­men­te Mou­ri­ño, Abe­le­do, As Pal­me­ras e nós e ha­bía moi­ta de­man­da. Non con­ta­ba­mos con nin­gún ho­tel e aquí tan­to pa­ra­ba un equi­po de fút­bol ao com­ple­to co­mo can­do ha­bía un­ha xu­ra de ban­dei­ra en Pon­te­ve­dra nos vi­ña un mon­tón de xen­te de Lu­go. Es­ta­ba­mos tan ben po­si­cio­na­dos xeo­grá­fi­ca­men­te que aquí pa­ra­ron Lo­li­ta, Al Bano e Ro­mi­na Po­wer, Ma­no­lo Es­co­bar, De­mis Rous­sos...

—Te­rá un­ha vi­tri­na chea de fo­to­gra­fías.

—Pois non e ago­ra sin­to non ha­be­lo fei­to pe­ro da­que­las eran no­vos, non ti­ñan tan­ta fa­ma co­ma ago­ra e non se lles da­ba tan­ta im­por­tan­cia. Foi un­ha pe­na pe­ro xa es­tá. Era ha­bi­tual que pa­ra­sen aquí can­tan­tes a cear xa que vi­ñan ac­tuar á Cam­pos. Real­men­te es­ta­ba­mos nun cru­ce im­por­tan­te no que con­fluía moi­ta xen­te.

—¿Ca­les eran as súas es­pe­cia­li­da­des cu­li­na­rias?

—O co­ci­do non ti­ña a fa­ma que ten ago­ra pe­ro xa se fa­cía e lo­go es­ta­ban os pes­ca­dos, as car­nes asa­das que non po­dían fal­tar na car­ta da­que­las, arro­ces...

—¿Lém­bra­se can­to cos­ta­ba o co­ci­do da­que­las?

—An­tes de que en­tra­ra o eu­ro creo que es­ta­ba en 2.500 pe­se­tas e ago­ra xa le­va anos es­tan­ca­do en 25 eu­ros. An­tes o día da Fei­ra do Co­ci­do a xen­te en­tra­ba, co­mía e mar­cha­ba pe­ro ho­xe é un­ha fes­ta na que non po­den fal­tar os pos­tres de to­do ti­po, ca­fé, li­co­res e sen apu­ros. De fei­to nos úl­ti­mos anos na Fei­ra do Co­ci­do xa se tra­ba­lla por en­car­go pa­ra que os co­men­sais dis­fru­ten to­tal­men­te da fes­ta que é o que pi­den. Non que­ren sen­tar­se na me­sa e ter que le­van­tar­se axi­ña. A xen­te que ven ao co­ci­do que­re nor­mal­men­te dis­fru­tar do pla­to e da xor­na­da no po­bo sin que nin­guén a apu­re.

Isa­bel San­mar­tín Quin­tá na par­te da ca­fe­te­ría de As Vi­las, es­ta­ble­ce­men­to aber­to no 1970.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.