«Vi­ñan tra­ba­lla­do­res de Citroen a pa­sa­las va­ca­cións ao po­bo na pro­cu­ra de fres­cu­ra»

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - AGENDA -

O co­me­ti­do de Isa­bel no or­ga­ni­gra­ma de fun­cio­na­men­to de As Vi­las era «es­tar on­de fa­cía máis fal­ta».

—Es­ta­ba no co­me­dor, or­ga­ni­za­ba o día a día no res­tau­ran­te, na hos­pe­da­xe e mi­ra­ba po­los ca­tro ra­pa­ces... Ta­mén é cer­to que por eles mi­ra­ban os em­pre­ga­dos e a xen­te que vi­vía aquí que eran co­ma da ca­sa. Ti­ve­mos xen­te hos­pe­da­da que bo­tou 5 anos aquí e que era co­ma da fa­mi­lia. Era fun­da­men­tal­men­te xen­te dos ban­cos, obrei­ros que se que­da­ban de luns a ven­res e ían as ca­sas nas fins de se­ma­na, via­xan­tes...

—¿Eran obrei­ros que tra­ba­llan en es­tra­das?

—En es­tra­das, na cons­truc­ción do Ave, can­do se le­van­tou o Eros­ki... Fo­ron anos nos que Lalín ti­vo moi­ta vida. Ho­xe non que­dan obrei­ros e os es­ca­sos via­xan­tes que apa­re­cen cla­ro que non se que­dan hos­pe­da­dos! Mi­ra se ha­bía con­co­rren­cia que in­clu­so vi­ña xen­te a pa­sa­las va­ca­cións.

—¿Que­nes ve­ra­nea­ban en Lalín?

—Ti­ña­mos moi­ta xen­te de Vi­go, tra­ba­lla­do­res da Citroen, que se que­da­ban dúas se­ma­nas na pro­cu­ra de co­mer ben e re­fres­car­se.

—Che­ga­ron a ex­pan­dir o ne­go­cio a Si­lle­da.

—Si alá po­los 80 abri­mos o Con­de Don Gon­za­lo que man­ti­ve­mos aber­to uns 14 anos á par coas Vi­las. Fa­cía un ra­pe que ti­ña moi boa fa­ma en­tre os clien­tes ao igual que as em­pa­na­das.

—Es­coi­tei a máis dun di­cir que as súas em­pa­na­das son de dez...

—Bueno son ten­ras e te­ño clien­tes ás que lles gus­tan moi­to. Cer­to é que man­da­mos un­ha por ser­vi­zo de men­sa­xe­ría ur­xen­te 24 ho­ras a Madrid e te­ño uns clien­tes de Si­lle­da aos que lles fa­go o ra­pe por en­car­go, aín­da que ago­ra eu xa es­tou xu­bi­la­da, e quen se en­car­ga do es­ta­ble­ce­men­to é o no­so fi­llo Víc­tor xun­to coas co­ci­ñei­ras, al­gun­ha que le­va máis de 20 anos con nós.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.