150 em­bar­ca­cións tra­di­cio­nais pa­ra co­ñe­cer a cul­tu­ra do mar

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - DEZA-TABEIRÓS DEPORTES -

En­tre o 29 de xu­ño e 2 de xu­llo te­rá lu­gar o XIII En­con­tro de Em­bar­ca­cións Tra­di­cio­nais de Ga­li­cia que or­ga­ni­zan a Fe­de­ra­ción po­la Cul­tu­ra Ma­rí­ti­ma e Flu­vial-Cul­tur­mar; o Club Ma­ri­ño A Rei­boa e o Concello de Poio. Un­ha xun­tan­za de pe­rio­di­ci­da­de bie­nal e ca­rác­ter iti­ne­ran­te por dis­tin­tos por­tos de

Ga­li­cia, que es­te ano se ce­le­bra­rá en Com­ba­rro

(Poio). O En­con­tro é, a día de ho­xe, un­ha das ma­ni­fes­ta­cións da cul­tu­ra ma­rí­ti­ma máis im­por­tan­tes da Pe­nín­su­la Ibé­ri­ca e, sen dú­bi­da, a máis ma­si­va, tan­to po­lo nú­me­ro de na­víos co­ma de tri­pu­lan­tes que par­ti­ci­pan. Ade­máis dun­ha flo­ta tra­di­cio­nal ga­le­ga de arre­dor de 150 na­ves, o en­con­tro con­ta cun­ha am­plí­si­ma re­pre­sen­ta­ción de em­bar­ca­cións che­ga­das de Por­tu­gal, Fran­cia, Eus­ka­di e di­fe­ren­tes zo­nas do Me­di­te­rrá­neo. Os que se ache­guen es­tes días ata Com­ba­rro po­de­rán go­zar dun­ha gran con­cen­tra­ción de dor­nas, ga­me­las, ra­cús, bu­ce­tas ou cha­la­nas. Pe­ro ta­mén da na­ve­ga­ción a bor­do de em­bar­ca­cións tra­di­cio­nais de maior en­ver­ga­du­ra, an­tano em­pre­ga­das pa­ra o trans­por­te de mer­ca­do­rías; co­ma ba­lan­dros, ta­rra­fas, go­le­tas e ga­leóns. Ao mes­mo tem­po, nos es­pa­zos por­tua­rios e nas pra­zas pú­bli­cas da vi­la desen­vol­ve­ran­se di­ver­sas ac­ti­vi­da­des cul­tu­rais e de ocio: ex­po­si­cións,

obra­doi­ros, mos­tras ar­tís­ti­cas e de ar­te­sa­nía, vi­si­tas guia­das, ac­ti­vi­da­des ma­ri­ñei­ras pa­ra ca­ti­vos, ac­tua­cións mu­si­cais de ar­tis­tas da ta­lla de Su­sa­na Sei­va­ne, etc. Cóm­pre des­ta­car o es­for­zo in­clu­si­vo rea­li­za­do pa­ra tra­tar de que a ex­pe­rien­cia da na­ve­ga­ción tra­di­cio­nal es­tea ta­mén o al­can­ce das per­soas con di­ver­si­da­de fun­cio­nal. O En­con­tro é o máis im­por­tan­te ele­men­to di­na­mi­za­dor da cul­tu­ra ma­rí­ti­ma e flu­vial ga­le­ga. Pe­ro, lon­xe de tra­tar­se dun me­ro in­ten­to de mu­sea­li­za­ción, o que se pro­mo­ve é o ache­ga­men­to a un pa­tri­mo­nio vi­vo, xa que to­das as em­bar­ca­cións con­cen­tra­das es­tán en fun­cio­na­men­to. Trá­ta­se, en de­fi­ni­ti­va, de dar a co­ñe­cer a cul­tu­ra tra­di­cio­nal li­ga­da ao mar e ache­ga­la a todos os pú­bli­cos dun xei­to ac­ti­vo e di­rec­to; dán­do­lle a opor­tu­ni­da­de á xen­te de en­trar en con­tac­to cun­ha am­plí­si­ma flo­ta tra­di­cio­nal, e de ex­pe­ri­men­tar a na­ve­ga­ción a bor­do da mes­ma.

Máis in­for­ma­ción: www.cul­tur­mar.org

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.