«Ca­bo Ver­de é un des­tino que gus­ta pe­ro Ca­na­rias e Ba­lea­res non de­caen»

O ve­rán se­gue sen­do a tem­pa­da pre­fe­ri­da po­los ve­ci­ños da zo­na pa­ra fu­xir de va­ca­cións

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - AGENDA - AME­LIA FERREIROA

Co mes de xu­ño a pi­ques de re­ma­tar moi­tos son os que xa es­tán pen­san­do en ra­char coa co­ti­dia­ni­da­de. Che­gan pa­ra moi­tos as desexa­das va­ca­cións pla­nea­das con mi­nu­cio­sa an­te­la­ción, en fa­mi­lia ou con ami­gos, ou lan­zán­do­se á aven­tu­ra. Mar, sol, praia, tu­ris­mo ru­ral ou ter­mal... as op­cións son in­fi­ni­tas pe­ro, ¿que bus­ca a am­pla maio­ría?

Ma­ría Jo­sé Co­rral Mar­tí­nez, xe­ren­te de Asi­mac Via­xes de A Estrada, di que a tem­pa­da pre­fe­ri­da pa­ra via­xar é ago­ra, nos me­ses de ve­rán e os des­ti­nos in­fi­ni­tos. —É cer­to ta­mén que hai moi­ta atrac­ción po­las fins de se­ma­na lon­gas, tan­to no in­verno co­mo na pri­ma­ve­ra, que se apro­vei­tan moi­to pa­ra des­pra­zar­se á ne­ve ou pa­ra mer­gu­llar­se nas op­cións que ofre­ce o tu­ris­mo ter­mal. Non po­de­mos es­quen­cer que Ga­li­cia po­súe moi boas zo­nas de es­par­ce­men­to tan­to na cos­ta co­mo en Ou­ren­se ou Lu­go, ru­tas de sen­dei­ris­mo que or­ga­ni­za­mos, via­xes pro­gra­ma­das pa­ra dis­fru­tar to­da a fa­mi­lia dun­ha xor­na­da ou de tres e que se fan moi a miú­do na pri­ma­ve­ra por exem­plo. —¿Cal es­tá a ser o des­tino es­tre­la des­te ve­rán?

—Ca­bo Ver­de é un des­tino que gus­ta moi­to pe­ro as via­xes a Ca­na­rias e Ba­lea­res non de­caen. Alo­me­nos é o que ve­mos na no­sa axen­cia.

—¿Os des­ti­nos va­rían en fun­ción das tem­pa­das?

—De­pen­de moi­to das ofer­tas que exis­tan ne­se mo­men­to e que pro­po­ña­mos. Ao clien­te gús­ta­lle co­ñe­cer si­tios no­vos, to­mar par­te en ac­ti­vi­da­des no­vi­do­sas e que lle pro­gra­mes un­ha se­ma­na con ini­cia­ti­vas di­ver­sas, de­pen­den­do de si a via­xe se pran­te­xa con ne- nos ou sin eles. Lo­go te­mos que se­gún o clien­te a ofer­ta é di­fe­ren­te, con ca­ti­vos se­rían si­tios de non moi­tas ho­ras de des­pra­za­men­to e con ho­teis que ofre­zan es­pa­zos pro­pios e adap­ta­dos ás fa­mi­lias, e se o clien­te non ten ne­nos en­tón xa nos imos a via­xes máis aven­tu­rei­ras con des­ti­nos co­mo Thai­lan­dia, In­dia ou al­gún ti­po de cru­cei­ro. —¿So­mos dos que nor­mal­men­te agar­da­mos a úl­ti­ma ho­ra na pro­cu­ra dal­gun­ha ofer­ta? —Cer­to é que sem­pre po­de apa­re­cer al­go de úl­ti­ma ho­ra, aín­da que o mer­ca­do mu­dou ne­se sen­so, e de­be­mos ase­gu­rar a via­xe sen es­pe­rar a ofer­tas. Alo­me­nos é a mi­ña opi­nión e re­co­men­da­ción! —¿Cal é a me­dia de días de va­ca­cións que se con­tra­tan nor­mal­men­te?

—Hai moi­tas va­ria­bles. Po­de­mos es­tar fa­lan­do dun­ha se­mán, quin­ce días, fins de se­ma­na co­mo co­men­ta­ba an­tes de tres ou ca­dro días...

—Após­ta­se en ter­mos xe­rais por un­ha via­xe con to­do com­ple­to, un­ha me­dia pen­sión... —Can­do se via­xa con ca­ti­vos nor­mal­men­te o que me­llor fun­cio­na, e le­van­ta máis de­man­da, é o de to­do in­clui­do ou com­ple­to. Por ou­tra par­te se o que se pre­ten­de é saír e vi­si­tar e co­ñe­cer o país ou a ci­da­de á que se vai nor­mal­men­te o clien­te apos­ta por un alo­xa­men­to con desaiuno ou ben un­ha me­dia pen­sión. Ob­via­men­te es­tou fa­cen­do men­ción á maio­ría do que se de­man­da pe­ro hai va­ria­cións pa­ra todos os gus­tos e ca­da clien­te pi­de o que me­llor se lle axus­ta ao que bus­ca. O abano de po­si­bi­li­da­des que se pran­te­xa den­de lo­go que é am­plí­si­mo.

—Cun ve­rán ini­cia­do e co pe­rio­do va­ca­cio­nal en mar­cha, ¿o clien­te ao che­gar á axen­cia sa­be o que bus­ca ou déi­xa­se acon­se­llar por un de­ter­mi­na­do des­tino? —O clien­te nor­mal­men­te sa­be per­fec­ta­men­te o des­tino que que­re. Can­do en­tra po­la por­ta o si­tio ao que que­re ir sá­beo. Lo­go no que se dei­xa acon­se­llar e no que se re­fi­re aos ho­teis. Aí é on­de nor­mal­men­te lles fa­ce­mos dis­tin­tas pro­pos­tas e lles acon­se­lla­mos o que nos pa­re­ce máis ven­ta­xo­so e de maior ca­li­da­de.

MI­GUEL SOU­TO

Ma­ría Jo­sé Co­rral, nas ins­ta­la­cións da súa axen­cia de via­xes en A Estrada. Co­rre­do­ría e axen­cia. Des­pois de tra­ba­llar co­mo axen­te ex­clu­si­va de Hel­ve­tia, Ma­ría abriu un­ha co­rre­do­ría de se­gu­ros e axen­cia de via­xes. Po­súe ofi­ci­nas en A Estrada e Pon­te­cal­de­las e con an­te­rio­ri­da­de a se­de da axen­cia de via­xes es­ti­vo en Si­lle­da, mu­ni­ci­pio do que gar­da moi­ta clien­te­la.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.